SUMARIO, 1/12/2025
- Milleiros de persoas de as Comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal marcharon unidas "Polo Dereito ao Tren" o pasado domingo 30 de novembro. Informa pequenomonstro.
- Cadrando co Día Internacional en Solidariedade con Palestina, do pasado 29 de novembro, o Colectivo Sanidade Galega con Palestina vén de asinar un manifesto. Información de Edu Comochoconto.
- Noticias Dialogadas. Lupe e Inacio contan como determinados programas de radio comezan normalizar nas súas tertulias, o militarismo, o armamentismo, as políticas de guerra, mesmo a volta do servizo militar obrigatorio no Estado español.
- Minarias que assasinan. Unha realidade do noso tempo. Edu Comochoconto.
- Na máquina do tempo filispiniana, viaxaremos ao 1 de decembro de 2008, Día Mundial contra a SIDA de hai 17 anos, cando nas ondas da FilispiM, que vén de cumprir 20 anos, conversábamos con Carlos Varela, activista a da comarca a prol dos dereitos das persoas con VIH e, na altura, compañeiro da FilispiM co seu espazo DIAGNOSTICO POSITIVO. Carlos deixounos en outubro de 2017 aos 44 anos de idade. Hoxe lembraremos del. Documenta: André pequenomonstro
AXENDA.
"As Invisibles", obrea de teatro protagonizada por 10 mulleres e producida na Casa da Muller de Ferrol, presentase o 21 de decembro no Centro Cívico de Caranza. Nolo conta Anita Kpasa.
Falaremos do Ciclo de Cinema, non deixemos de Mirar a Palestina no Ateneo Ferrolán.
Tamén das 36 Xornadas de Teatro Afeccionado, organizadas pola Sociedade Amigas da Paisaxe de O Seixo en Mugardos.
Despediremos cunha peza. Familia Caamagno presenta "De paseo en Portugal", primeiro single do Lp que abrirá o ano 2026 da banda que fai 15 anos sobre os cenarios.
Condución /edición: André pequenomonstro.-
Equipa redación filispiniana.
Nenhum comentário:
Postar um comentário