Informativo semanal Rádio FilispiM, 24/11/2025
Sumario:
“O negocio das innecesarias mascarillas”. Edu Comochoconto, opinión.
Novas da A.C. Memoria Histórica Democrática. Informa Fer Ocampo.
O Foro Cidadán Polo Ferrocarril. Ferroterra, Eume e Ortegal, convócanos a todas á manifestación do 30 de novembro, ás 12:00 h, na Estación de Tren de Ferrol.
Noticias Dialogadas. Vai de Libros! “A Guerra a Leste. Oito meses no Donbass” (Bruno Amaral de Carvalho). Por Lupe e Inacio.
O programa producido en Rádio FilispiM "Universo Nosso" do Colectivo Brincarmos, acada o primeiro premio ao "Mellor Podcast" na 1ª Edición do Festival de Podcast de EMUGA. Informa pequenomonstro.
25 de Novembro: Día Internacional Contra a Violencia Machista. Concentración na praza da Gándara de Narón, ás 19:00 h. Convoca a Marcha Mundial de Mulleres. Informa Chelo Carballal.
Estrea de "As invisibles", obra de teatro protagonizada dez mulleres e unha colaboración especial, producida na Casa da Muller de Ferrol. Informa Anita Kpasa.
O cine Dúplex de Ferrol, en colaboración co colectivo “Ferrol con Palestina”, organiza un pase especial da película “A Voz de Hind Rajab”. Domingo 30 de novembro, ás 19.30 h. Haberá presentación e coloquio co médico palestino Amir Ismail. Informa Ana Lucecú.
Apresentaçom da “Brevísima historia do conflito entre Israel e Palestina", de Ilan Pappé. Conversa con Carlos Aymerich. O 28 de novembro, ás 20:00 h, no CS Artábria. Informa Silvia Bogo
Chamada á participación na manifestación: “Por un trem para a nossa comarca do século XXI”. 30 nov. ás 12:00 h na estaçom de trem de Ferrol. Por Silvia Bogo.
Peza musical de CHEKAN. Banda de Latin Rock 70s que actuará o vindeiro 28 de novembro, ás 23.30h, na sala Urania de Ferrol. Entrada. 10€
Condución/edición: Ana Lucecú / Redación filispina de informativos.-
Participa! informativosfilispim@gmail.com (mensaxes de voz, convocatorias...) Comparte!
Nenhum comentário:
Postar um comentário