Sumario.
Rádio Filispim incorpora dous novos programas a súa grella. "Rúas Sonoras", adicado ao rap, desde Trasancos e "Tradición Sonora", adicado a música de raíz, desde Mérida (Estremadura). Informa: Vicente Irisarri.
Lupe e Inacio traen unha nova sección de Noticias dialogadas: "A Foga de Transportes de viaxeiras por estrada continúa...".
A equipa do certame O Talentiño está de norabóa. Son candidatas aos galardóns premio Mestre Mateo 2026 polo videoclip presentación da pasada edición. Informa: pequenomonstro.
"Ferrolterra contra o Xenocidio", reportaxe de Inacio Martínez sobre a manifestación do pasado domingo 21 de decembro en Ferrol. (Toma de son: Inacio / Edición: pequenomonstro)
A figura propia do Natal galego, O Apalpador, vetado na programación natalicia do “popular” e "cuadriculado" Concello de Ferrol.
As Trasnas e Trasnos elegantes do Exército Rimbombante do Apalpador anuncian, unha vez máis, a chegada do Vello Carboeiro a Trasancos! (pequenomonstro).
Julio Castrillón, un avó veciño de Xubia de 82 anos, conta ao seu neto Gabriel como era o Natal na aldea de Recemel en As Somoza, hai máis de 70 anos (pequenomonstro / Gabriel)
A equipa do Colectivo Opaii - Radio FilispiM envían os seus mellores desexos nestas datas. No informativo de hoxe ouviremos unha mensaxe de Pepe Cunha, do programa Abrete de Orellas.
Axenda.
Martes 23 de nadal. Ruada do Apalpador. Pese aos obstáculos do Concello de Ferrol, o Vello Carboeiro visitará Ferrol, partindo ás 5 do serán do Centro Social Artabria, na rúa Batalhóns de Esteiro.
Mercores 24 de Nadal. Foliada no Cuerda Floja, ao carón do Parque de Ferrol, de 5 a 9 da noite.
Venres 26 de decembro. Asinatura do novo livro-disco de Ses, "Nadando na Incerteza". Seguerá un faladoiro. Será no Centro Social Artábria de Ferrol.
Venres 26 de decembro. Festa pre fin de ano en O Son da Cociña (Fene). Música en vivo e até campanadas anticipadas. Entrada de balde.
Sábado 27de decembro. Relatos na Tasta. "Todas las playas de mi vida" de Maryi Calca. Un libro para ser lido en voz alta, acompañado por música. Coa colaboración de Nelu Vermouth. Na Tasca da Praza Vella, no Porto, Ferrol.
Conduce: Andre pequenomonstro
Redación informativos FilispiM.
Boas Festas a todas!!!
Nenhum comentário:
Postar um comentário