Pesquisar neste blog

10 novembro, 2025

Infos semanais da FilispiM, 10/11/2025


Informativo semanal Rádio FilispiM, 10
/11/2025

Sumario:

  •  Noticias dialogadas. Lupe e Inacio, falan do paradoxo ferrolá: milleiros de vivendas baleiras, centos delas públicas, mais o acceso a umha vivenda digna e asequível continúa a ser un problema.
  •  III Foro Alvixe. "A Violencia de xenero dixital: A violencia invisible". 13 de Novembro, dende as 16h ata as 20h no salón de actos do Vicerectorado do Campus de Ferrol. Informa Chelo Carballal.
  •  Manifestación pola defensa do tren de Ferrolterra, Eume e Ortegal: Domingo 30 novembro, ás 12h, dende a Estación de Tren de Ferrol. Informa Ana Lucecú.
  •  Actos e actividades da A.C. Memoria Histórica Democrática para as vindeiras semanas. Informa Fer Ocampo.
  • Non esquecemos ao pobo palestino. Intervención na Cazolada contra a Fame e o Xenocidio que inflixe o estado sionista de Israel ao pobo palestino en Gaza, organizada polo colectivo Ferrol con Palestina o pasado 3 de novembro de 2025. Toma de son: Inacio Edición: pequenomonstro
  • Mortes laborais ou assassinatos da patronal. Edu Comochocnto, sobre um texto de Javier Ballesteros.
  • Estrea da promo da Festa do XX Aniversario FilispiM. Non a perdas! O sábado 15 de novembro no CC de Canido entre ás 17:00 e 21:00 h. Ana Lucecú / Oscar
  • Os catro integrates da banda de indie BATALHA (Oscar Quant, Melo, Manel e Dimitri) que estarán xunto a ECO na Festa do XX Aniversario da FilispiM, deixaron unhas verbas convidándovos a participar da festa da radio libre da nosa comarca. Pepe Cunha, condutor de Ábrete de Orellas, quen animará a festa como Dj, fai o propio. Informa pequeno monstro
  • Finalizaremos cunha Axenda de actos que pode ser do teu interés. pequenomonstro
Condución/edición: pequenomonstro.
Redación filispiniana.

Participa! informativosfilispim@gmail.com (mensaxes de voz, convocatorias...) Comparte!


Nenhum comentário:

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Related Posts with Thumbnails