Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Mostrando postagens com marcador Sábados no cruceiro. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Sábados no cruceiro. Mostrar todas as postagens

21 julho, 2024

Sábados no Cruceiro - Programa 30 - Marketing Territorial: Ferrol a Análise a través de proxectos ApS

 


Da man de dous estudantes da Facultade de Economía e Empresa que realizaron os seus TFGs sobre Marketing territorial enfocado na Cidade de Ferrol facemos servizo á sociedade difundindo o coñecemento que adquiriron coas súas investigacións.


Participan os estudantes Lucía París e Miguel Fernández, os profesores da UDC Joaquín Enríquez e Javier Orosa, Vicente Irisarri (Ex-Alcalde de Ferrol) e Chelo Carballal (Profesional Sanitaria da Área de Ferrol)









20 julho, 2024

Sábados no Cruceiro - Programa 29 - Educación Financeira (ApS da UDC) e o Proxecto Impact Finance

 No programa de hoxe falamos de Economía Financeira coa participación de:

Profesores da UDC: Begoña Álvarez, Joaquín Enríquez e Laura Varela Candamio

E compañeiros da Radio Filispim: Chelo Carballal e Vicente Irisarri

1.- ApS das Estudantes Xhania Aneiros e Marta Barral sobre divulgación e concienciación da importancia da educación financeira e a exclusión financeira.
2.- Falamos tamén do proxecto europeo Impact Finance no cal participan investigadores de Chipre, Grecia, Lituania e España (concretamente da Universidade da Coruña)

Podedes escoitar a continuación o podcast completo:





15 janeiro, 2024

SÁBADOS NO CRUCEIRO - PROGRAMA 25 - A CRISE DOS PELLETS A DEBATE


Hoxe no Programa sábados no Cruceiro contamos con Vicente Irisarri, Miguel Anxo, Chelo e Celia para analizar en profundidade a crise dos pellets que están aparecendo nas costas galegas. Causas e consecuencias son analizadas con detalle.

Podes escoitar a continuación na plataforma Ivoox o programa:

    

20 junho, 2022

Sábados no Cruceiro - Tempada 2


Comezamos a segunda tempada de sábados no cruceiro.

Lucía Pérez e Eva Faraldo no concerto
de maios de Canido onde xurdiu a colaboración

Hoxe nos acompañan Lucía Pérez (cantante eurovisiva) Eva Faraldo (bailarina ferrolá) que acompañará a cantante galega durante a súa xira de verán.

Conversamos tamén con Lucía Pérez sobre Eurovisión, o Benidorm Fest e estreamos o seu novo tema Sementeira gravado en colaboración con Eva Iglesias.

Nas novidades do barrio falamos dos vindeiros actos culturais e festivos que terán lugar no barrio ferrolán de Canido

Despedimos coa música de Caamaño Ameixeiras que veñen de gañar o premio opinión ao mellor traballo discográfico en Galego

#sementeira #luciaperez #benidormfest #canido #eurovision #ferrol


08 agosto, 2021

Sábados no Cruceiro - Programa 20

PROGRAMA 20 - Repasamos os 20 programas desta tempada

 



Joaquín Enríquez repasou no programa de hoxe (último da tempada) algunhas das entrevistas que fixemos ao longo destes 20 programas:

Lucía Pérez, Vizcaíno, Esther Estévez (presentadora do programa Dígocho Eu!), Rocío Rodríguez Padín e Patricia Fernandez Santana (presentadoras do LUAR (Páxina oficial)) e contaremos coa música de Sara Formoso Fábregas (acordeonista no Circo do Sol) e co Violín e Acordeón de Caamaño&Ameixeiras

Voltamos en Setembro!


PODES ESCOITAR XA O PODCAST:

 

18 julho, 2021

Sábados no Cruceiro - Programa 19 - Especial "Canido en Nomes"


Presentación do Videoclip e da canción de Canido xunto co proxecto “Canido en Nomes.”

Programa especial de emisión do acto conducido por Joaquín Enríquez e Rocío Rodríguez co motivo da estrea no centro cívico de Canido da canción e vídeoclip adicado ao barrio xunto co proxecto “Canido en Nomes”.

Coa Participación de: Antón Cortizas, autor da letra, Joaquín Enríquez, acordeonista e autor da música, e Rocío Rodríguez, presentadora do programa Luar e encargada de poñerlle voz á Canción, tamén contará coa presenza dos historiadores da Asociación Ferrolterra Antiga. Deste xeito presentarase o proxecto “Canido en Nomes”,roteiro co que as entidades pretenden reivindicar os espacios con nome propio, invitando a descubrir as biografías e historia que hai tras os nomes das rúas do barrio. Neste proxecto  atópase enmarcada a canción de Canido gravada por Andrés Bereijo e producida por Pedro González (Vanenfurgo) xunto co videoclip levado a cabo por Javier González de Explorer 66 Air.



Podcast: Videoclip de Canido:

03 julho, 2021

SÁBADOS NO CRUCEIRO - PROGRAMA 18


 No programa de hoxe emitimos a presentación do último traballo "Neno de Monte" de Xabier Vizcaíno que tivo lugar hai unhas semanas no Centro Cívico de Canido en Ferrol.

Na presentación participaron ademáis do propio autor Xabier Vizcaíno, Joaquín Enríquez e Isidoro Valerio




19 junho, 2021

Sábados no Cruceiro - Programa 17 - Especial: "A Canción de Canido"


 Joaquín Enríquez Díaz e Rocío Rodríguez Padín conversan con Antón Cortizas autor da letra da Canción de Canido, a cal escoitamos o previo sen mezclar aínda no estudo por primeira vez completa.

Preestreamos un previo da Canción todavía sen misturar e sen axustar en estudo.

Falamos con Roberto Taboada, presidente da entidade veciñal do barrio de Canido sobre a canción "Canido" e outros proxectos do barrio.

Rematamos coa música de Xabier Vizcaíno que o Domingo estará presentando Neno de Monte no Centro Cívico de Canido.



29 maio, 2021

SÁBADOS NO CRUCEIRO - PROGRAMA 16

 

Falamos con Rocío Rodríguez Padín presentadora do programa Luar da Televisión de Galicia

Conversamos con Félix Puime. economista, sobre os fondos de recuperación da UE

Celia Fernández achéganos as novidades de cine. Neste caso falamos de cine clásico.

Os estudantes da Facultade de Economía da Universiade da Coruña achégannos conceptos económicos no Pregúntanos a Nós.

Rematamos coa música de Vizcaíno que o dia 20 de Xuño estará en Ferrol






15 maio, 2021

Sábados no Cruceiro - Programa 15

 

- Joaquín Enríquez, entrevista ao dúo Caamaño Ameixeiras que nos presentan o seu novo traballo Aire!, no que colabora Silvia Perez Cruz.

- Recomendacións de Cine *por *Celia Fernandez Alvariño: “La excavación”

- Semana das letras galegas en Canido. Presentación do libro “A terra Infinita” de Manuel Cendan.

- Pregúntanos a Nos Os estudantes da Facultade de Economía e Empresa achégannos conceptos económicos. Andrea Teira falanos do comercio electrónico.

- Rematamos con música: Caamaño Ameixeiras e Silvia Pérez Cruz - “Maneo de Cambre”

 


 Video clip de Caamaño Ameixeiras - Maneo de Cambre (en colaboración con Silvia Pérez Cruz):


01 maio, 2021

Sábados no Cruceiro - Programa 14 - Especial en directo dende o local do Canido

Hoxe por primeira o Programa Sábados no Cruceiro saíu do estudo para emitir ademáis en directo dende o local do Canido Sryd.

Un traballo que foi posible gracias á colaboración dos compañeiros e compañeiras do colectivo.


Podedes escoitar o programa en Ivoox:


Tratouse dun programa especial sobre as Festas dos Maios que comezarán o próximo día 3 de Maio que estivo presentado por Joaquín Enríquez que nesta ocación contou coa colaboración de César Pita, e cos seguintes convidados:

- Antón Cortizas, escritor do barrio de Canido
- Falamos con Rafa Rodríguez da directiva da SCRD Canido
- Rafa Aguirrebengoa, presidente da A.C Muíño do Vento
- Roberto taboada, presidente da AV Canido

No control de son dende o estudio de FilispiM: Antonio Orizales
Colaboración e fotografías de Chelo, compañeira do programa a Xanela das Fucas.
















18 abril, 2021

Sábados no Cruceiro - Programa Especial - Os Servizos Sociais en Ferrol a Análise

 

PROGRAMA ESPECIAL DE SÁBADOS NO CRUCEIRO ADICADO AÓS SERVIZOS SOCIAIS EN FERROL

🟢 Entrevistamos a Eva Martínez Montero, concelleira delegada de Servizos sociais e Patrimonio Histórico do Concello de Ferrol.

- 🟢 Falamos con Ángela Sixto, coordinadora de Adra Ferrol.

- 🟢 Conversamos con estudantes do grao en Relacións Laborais da Universidade da Coruña, que participaron nun proxecto de Aprendizaxe Servizo (ApS).

Música do Acordeonista Andrés Penabad


Podcast dispoñíble en Ivoox


Así mesmo, continuamos coa sección en colaboración coa Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña de divulgación de térmos económicos na radio:


08 abril, 2021

Programa 12 de Sábados no Cruceiro

 


- 🎤Joaquín Enríquez entrevista a Ricardo González Sedes da coordinadora de rondallas de Ferrol. Falamos da Festa das Pepitas que este ano tivo que adiarse.

- 💸Falamos de Economía con Félix Puime. O sector automovilístico en España. Falamos do coche eléctrico.

- 📽️Celia Fernández achéganos as recomendacións de cine.
Falamos de Tavernier.

- 💹 Estreamos sección #PregúntanosaNós cos estudantes da Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña. “A elsaticidade da demanda” por Javier Oya estudante do Mestrado en Banca e Finanzas.

- 🎵Rematamos con música. Xavier Vizcaíno "Serendipia"


Escoita xa o programa en Ivoox:


20 março, 2021

Sábados no Cruceiro - Programa 11

 
— Joaquín Enríquez entrevista a Germán Costoya, concelleiro no Concello de Ferrol, que respostará ás preguntas que enviaron os oíntes

💴 — Falamos de Economía con Félix Puime. “Industria Farmacéutica ¿Saúde ou negocio?”

🎥 —Celia Fernández achéganos as recomendacións audiovisuais. Falamos da serie documental “Nevenka”
— 🎶Rematamos con música. A noite das Pepitas. Rondador, Rondalla Sonidos del Alba

Escoita xa o programa en Ivoox:

06 março, 2021

Sábados no Cruceiro - Programa 10

 

PROGRAMA 10:                                                                     

— Entrevista a Ángel Mato, Alcalde de Ferrol. O Alcalde de Ferrol resposta ás preguntas da veciñanza.


— Falamos con Roberto Taboada sobre as novidades postas en marcha pola AVV do barrio.

— Celia Fernández. Cine en Feminino. Documentáis protagonizados por mulleres.

— Rematamos con música Mercedes Sosa “Todo Cambia”


Escoita o podcast:


20 fevereiro, 2021

Sábados no Cruceiro - Programa especial: Homenaxe a Fernando Miramontes

 

Escoita o programa en Ivoox:


Related Posts with Thumbnails