Presentación do Videoclip e da canción de Canido xunto co proxecto “Canido en Nomes.”
Programa especial de emisión do acto conducido por Joaquín Enríquez e Rocío Rodríguez co motivo da estrea no centro cívico de Canido da canción e vídeoclip adicado ao barrio xunto co proxecto “Canido en Nomes”.
Coa Participación de: Antón Cortizas, autor da letra, Joaquín Enríquez, acordeonista e autor da música, e Rocío Rodríguez, presentadora do programa Luar e encargada de poñerlle voz á Canción, tamén contará coa presenza dos historiadores da Asociación Ferrolterra Antiga. Deste xeito presentarase o proxecto “Canido en Nomes”,roteiro co que as entidades pretenden reivindicar os espacios con nome propio, invitando a descubrir as biografías e historia que hai tras os nomes das rúas do barrio. Neste proxecto atópase enmarcada a canción de Canido gravada por Andrés Bereijo e producida por Pedro González (Vanenfurgo) xunto co videoclip levado a cabo por Javier González de Explorer 66 Air.
Nenhum comentário:
Postar um comentário