Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

14 julho, 2014

Audio da 1ª Sesión Golfa da Rádio FilispiM, fin de grelha 2013/2014.

Un dos instantes do Programa Especial, 1ª Sesión Golfa da FilispiM (*)

O pasado venres 4 de xullo na traseira do Mercado de Caranza, de 20:00 a 23:00 h, aconteceu a 1ª "Sesión Golfa" do Colectivo Opaii!-Rádio FilispiM.

Durante tres horas houbo radio ao vivo e directo donde moitos dos programas de Rádio FilispiM, e persoas do Colectivo Opaii!, avaliaron o curso radiofónico que vén de findar.

Ademáis, aconteceu a 1ª Batalla de Dj,s Filispinianos. O rock, trash-rock,  punk, o pop, ska, folc, fusión, a música disco... protagonizaron este batalla de Dj,s, "comandada" polas persoas que dan voz a programación habitual da radio libre e comunitaria de Ferrol.

Durante a festa da radio libre de Ferrol e Terra de Trasancos no faltou a cervexa o calimotxo e todo tipo de refrescos... e, como non, os nosos xa famosos e saborosos petiscos!!.  Ademáis, durante o programa sorteáronse fesmosoas camisolas filispininas!!.

As "Sesións Golfas" pretenden ser ser un espazo de ousadía, rebeldía, contestación radiofónica, desenfado e bo humor, dende as ondas libres e comunitarias da Terra de Trasancos, Rádio FilispiM, 93.9 FM.

Disfruta agora en diferido do audio da 1ª Sesión Golfa da Rádio FilispiM...


* + imaxes da Sesión Golfa aquí:  https://www.facebook.com/radiofilispim...

Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails