Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Mostrando postagens com marcador informativos. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador informativos. Mostrar todas as postagens

28 março, 2025

Informativo Rádio FilispiM, 26/03/2025

 

Informativo semanal de Rádio FilispiM (26/03/2025)

Sumario:

  • Manifestación en contra da Mina de Touro - O Pino e Altri-Greenalia.
  • Dialogo de Novas. O Consello da Xunta reuniuse en Ferrol. Lupe e Inácio.
  • Medo, medo, vendennos medo. EduComochoconto.
  • Presentacion Foro Cidadan polo tren. Ana Lucecú.
  • Axenda Associaçom Cultural Artábria. Silvia Bogo.
  • Manifestación SOS Sanidade Pública.
  • Co gallo do 20 aniversario das emisións de Rádio FilispiM, a máquina do tempo filispiniana recupera un audio da manifestación-roteiro contra Reganosa (5/6/2009). André pequenomonstro.
  • Canción de peche: Se te volvo a ver. Grande Amore e David Ruiz.


13 março, 2025

Informativo semanal da FilispiM, 13/03/2025

Informativo semanal da Rádio FilispiM, 13/03/2025

SUMARIO:

  • A editorial ferrolá (sen ánimo de lucro) ‘Libros del Océano’ ven de publicar o libro “Al borde de tu orilla” do fotógrafo Pablo Fernández. Informa Vicente Irisarri.

  • A asociación para o apoio á lactancia BBTTA organiza actividades para este fin de marzo de 2025 no centro comunitario Manuela Pérez Sequeiros de Narón. O venres 21, entre as 5 e 7 do serán terá lugar un obradoiro titulado: "Ferramentas para unha experiencia positiva no parto". Ao día seguinte, sábado 22, entre as 11 e 01 do mediodía, terá lugar outro obradoiro: "Medicina Tradicional Chinesa no embarazo, parto e puerperio".Ambas actividades estarán conducidas pola Matrona Susana Iglesias, non teñen coste algún, mais precisan inscrición previa no email: bbttarrss@gmail.com ou no teléfono: 680.11.38.45. Informa André PequenoMonstro.

  • NOTICIAS DIALOGADAS, con Lupe e Inacio: A contaminaçom por ferro em dous colegios públicos de Esteiro e a necessidade da gestiom pública do serviço de águas e que este sexa um serviço mancomunado dos concelhos de Ferrolterra, para garantir a calidade do o mesmo, assim como a sua sustentabilidade, fuxindo assim do negócio e o ánimo de lucro que implica a sua privatizaçom.

  • "Eu aponto-me a guerra sob uma só condiçom..." Comochoconto (Radio Raposeira).

    AXENDA:

  • Mesa redonda “Ferrol e os seus lugares, o Monumento ó 10 de Marzo”, que terá lugar o xoves 13 de marzo, ás 19h, no Ateneo Ferrolán coa intervención de: Enrique Barrera, Maricarmen Tapia e Begoña Hermida. Organizada por Fuco Buxán e Memoria Histórica Democrática. Informa Fernando Ocampo.

  • CONCENTRACIÓN ANTIOTAN. Que non nos arrastren á guerra. Movilización galega contra a lóxica belicista e o xenocidio en Palestina. Terá lugar o domingo 16 de marzo, ás 13h, na Praza Vella (diante do arsenal) en Ferrol. Informa Fernando Ramos.

  • Jorge Mirancos, dende a Fundaçom Artábria, fai un repaso das atividades que se levarán a cabo nos vindeiros días no centro social: Apresentaçom do livro “Galizan Nation” (Uma distopia Kpop) de Isabel Rei Samartim, o vindeiro 14 de marzo ás 19.30h e apresentaçom do livro “Mulleres na Construción da Nación Galega” con Lucía Veciño e Margarida Corral, o 18 de marzo, ás 20h.

  • Despedida co tema musical “Urrun” de Fermin Muguruza e recordatorio do seu concerto o día 15 de marzo, no Multiusos do Sar de Compostela. Con saúdo incluido do artista para Rádio FilispiM.

Condución/edición: Ana Lucecú.

Participa! informativosfilispim@gmail.com (mensaxes de voz, convocatorias...) Comparte!

Related Posts with Thumbnails
Envia umha mensagem de voz!