Pesquisar neste blog

Mostrando postagens com marcador Programas Especiais. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Programas Especiais. Mostrar todas as postagens

28 agosto, 2025

Filispim vai... ao Museo Océano Surf de Valdoviño (24/07/2025)


O pasado 24 de xullo de 2025 Rádio FilispiM foi ao Museo Océano Surf de Valdoviño (A Coruña).
Participaron: Alberto González, Jesús Busto, Jacobo Suárez, Carola Casal e OSM Valdoviño.
Conduciron: Vicente e Chelo. Joaquín estivo na realización técnica. Produción: Rádio FilispiM.

Escoita aquí o programa completo:

18 julho, 2021

Sábados no Cruceiro - Programa 19 - Especial "Canido en Nomes"


Presentación do Videoclip e da canción de Canido xunto co proxecto “Canido en Nomes.”

Programa especial de emisión do acto conducido por Joaquín Enríquez e Rocío Rodríguez co motivo da estrea no centro cívico de Canido da canción e vídeoclip adicado ao barrio xunto co proxecto “Canido en Nomes”.

Coa Participación de: Antón Cortizas, autor da letra, Joaquín Enríquez, acordeonista e autor da música, e Rocío Rodríguez, presentadora do programa Luar e encargada de poñerlle voz á Canción, tamén contará coa presenza dos historiadores da Asociación Ferrolterra Antiga. Deste xeito presentarase o proxecto “Canido en Nomes”,roteiro co que as entidades pretenden reivindicar os espacios con nome propio, invitando a descubrir as biografías e historia que hai tras os nomes das rúas do barrio. Neste proxecto  atópase enmarcada a canción de Canido gravada por Andrés Bereijo e producida por Pedro González (Vanenfurgo) xunto co videoclip levado a cabo por Javier González de Explorer 66 Air.



Podcast: Videoclip de Canido:

13 julho, 2021

Xoves 15 ás 19:00 - Programa Especial "Canido en Nomes"

 

Presentación do Videoclip e da canción de Canido xunto co proxecto “Canido en Nomes.”

O vindeiro xoves día 15 as 19:00 retransmitiremos en directo o acto de estrea no centro cívico de Canido da canción e vídeoclip adicado ao barrio xunto co proxecto “Canido en Nomes”.

O acto no que participarán Antón Cortizas, autor da letra, Joaquín Enríquez, acordeonista e autor da música, e Rocío Rodríguez, presentadora do programa Luar e encargada de poñerlle voz á Canción, tamén contará coa presenza dos historiadores da Asociación Ferrolterra Antiga. Deste xeito presentarase o proxecto “Canido en Nomes”,roteiro co que as entidades pretenden reivindicar os espacios con nome propio, invitando a descubrir as biografías e historia que hai tras os nomes das rúas do barrio. Neste proxecto  atópase enmarcada a canción de Canido gravada por Andrés Bereijo e producida por Pedro González (Vanenfurgo) xunto co videoclip levado a cabo por Javier González de Explorer 66 Air.


01 maio, 2021

Sábados no Cruceiro - Programa 14 - Especial en directo dende o local do Canido

Hoxe por primeira o Programa Sábados no Cruceiro saíu do estudo para emitir ademáis en directo dende o local do Canido Sryd.

Un traballo que foi posible gracias á colaboración dos compañeiros e compañeiras do colectivo.


Podedes escoitar o programa en Ivoox:


Tratouse dun programa especial sobre as Festas dos Maios que comezarán o próximo día 3 de Maio que estivo presentado por Joaquín Enríquez que nesta ocación contou coa colaboración de César Pita, e cos seguintes convidados:

- Antón Cortizas, escritor do barrio de Canido
- Falamos con Rafa Rodríguez da directiva da SCRD Canido
- Rafa Aguirrebengoa, presidente da A.C Muíño do Vento
- Roberto taboada, presidente da AV Canido

No control de son dende o estudio de FilispiM: Antonio Orizales
Colaboración e fotografías de Chelo, compañeira do programa a Xanela das Fucas.
















17 agosto, 2019

Filispim Vai....á praia (O Alpendre, Doniños)


O pasado martes 13 de agosto, Rádio Filispim mudou o seu estudio á praia de Doniños para un novo programa especial. Nesta ocasión charlamos sobre a contorna da zona con moitos convidados e convidadas. Tamén contamos coa actuación de Andrés Rodríguez de Far Away Place e ó remate, disfrutamos  dunha jam sessión  con Óscar Quant.
Preme no enlace para disfrutar deste Filispim Vai... á praia.

Repeticións os sábados de 19 a 21 horas no 93.9 FM.

07 abril, 2019

Programa especial - Pecha Kucha Electoral en Canido, Ferrol 2019

O 6 de abril de 2019, no Centro Cívico de Canido, celebrouse o primeiro Pecha Kucha de Canido, un evento que congregou a moitas persoas e no que interviron oito dos candidatos e candidatas alcaldables á cidade de Ferrol neste ano electoral.

Tamén podes escoitalo e descargar o audio en Archive.org

09 abril, 2018

Escoita o programa especial do X Conspirando por umha Rádio Livre


O pasado xoves 29 de marzo, o Colectivo Opaii! – Rádio FilispiM celebrou a X edición do “Conspirando por unha radio libre” coa actuación de Oscar Fojo, compositor e letrista de “El Viejo Caracol” , “Blah!” e integrante das míticas bandas locais: Zinza, Morecegos, Retobato e Os Derradeiros. Actualmente, ultima a gravación do seu primeiro disco en solitario, “De ventos e lúas”.

Dende as 12:00 do mediodía, a radio libre e comunitaria de Trasancos  apresentou a toda a comunidade o seu novo estudio no Centro Cívico do bairro alto de Ferrol, Canido. Ademáis, no transcurso do festival houbo radio ao vivo con entrevistas, photocol, sorteo de camisolas de Rádio
FilispiM e riquísimos petiscos...


10 março, 2017

FilispiM Vai... á Libraría Rosetta 17-02-2017



O pasado venres 17 de febreiro de 2017 ás 18:00 h. tivo lugar unha nova edición do "FilispiM Vai", unha iniciativa do colectivo Opaii-Rádio FilispiM para achegar esta emisora libre e comunitaria da comarca de Trasancos a distintos centros educativos, entidades sociais e puntos culturais da súa contorna.
Desta vez gravouse o programa ao vivo na Librería Rosetta, sita no número 69 da Rúa Magdalena, coa participación de xente de editoras, librarías, historiadoras, coleccionistas ... e a música ao vivo dos Weather Undergrund.


23 dezembro, 2016

Nom perdas o Programa-Assembleia Fim de Ano!

Hoje 23 de Dezembro, a partir das 19h. 
em Rádio FilispiM 93.9FM da Terra de Trasancos ou no nosso Blog por Streaming.
Assembleia-Festa-Radiada 
AO VIVO
Especial Fin de Ano!! Nom a perdas!!

14 junho, 2016

Este sábado ás 7 da tarde, Rádio FilispiM emite o "FilispiM vai ao centro Nosa Sra. de Chamorro"


Este sábado a partir das 7 da tarde, Rádio Filispim 93.9 FM emite a gravación do programa especial ao vivo dende o Centro de educación especial Nosa Señora de Chamorro, en O Val (Narón). Non o perdas. Escoita a promo...


Rádio FilispiM, nacida libre.

10 junho, 2016

Acto em reconhecemento da luita do movemento opositor a REGANOSA

Atendendo a chamada do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ria de Ferrol, Rádio FilispiM acudiu a gravar o ato realizado este joves 2 de junho, que teve lugar em Ferrol, no Centro Cívico Carvalho Calero.

Ao ato acudiu todo o movimento opositor a Reganosa, e sucedéronse multitude de intervençons do mundo da cultura, políticas e artísticas que nom queriam deixar de dar ou seu apoio e reconhecemento á constância, força e valor das gentes da comarca nesta luita.

Também lembrarom @s que já nom estam com nós e que levam moi presentes em todo quanto fam.


30 janeiro, 2016

FilispiM vai... ao CEIP Isaac Peral; este venres 29 de xaneiro ás 18:00h, entrada libre.


Neste primeiro "FilispiM Vai..." do ano 2016, trasladamos a radio libre e comunitaria ao CEIP Isaac Peral de Ferrol; será este venres 29 de xaneiro ás 18:00 h. Para coñecer de primeira man que acontece neste centro público de ensino do bairro de Esteiro de Ferrol, podes acudir coma público, ou mesmo escoitar a gravación en diferido do programa especial o sábado entre as 19:00 e 21:00 horas, en Rádio FilispiM, 93.9 FM. 

23 junho, 2015

DIVERTIMENTO (extra) - A nosa contribución á maratón "A Filispina Tolea" (13/06/2015)

Algunhas das persoas participantes no extra-Divertimento 

O pasado sábado 13 de xuño de 2015, Ana Lucecú e o Pequeno Monstro, a equipa habitual de Divertimento para pequenos monstros, participamos na maratón "A Filispina Tolea!", xunto a outros espazos, dentro do programa de actos do 10º aniversario das emisións de Rádio FilispiM.

Durante algo máis de hora e media, falamos con algunhas das persoas que foron testemuñas dos alicerces "filispinianos", aquelos primeiros tempos (setembro de 2003) onde, entre moita xente diversa, se lle deu forma a idea da primeira radio libre e comunitaria que emitiría dende Ferrol e Trasancos. Radio pertencente ao terceiro sector da comunicación, xestionada pola comunidade.

No estudio da Rádio FilispiM, estiveron, contando cada quen as súas lembranzas e valorando o estado actual do proxecto: Cholo Martínez, Paula Meizoso, Nes, Xabi, Iván, Suso Manchita, Narsés Mira, Ana Lucecú e o André "Pequeno Monstro". Coma convidado especial estivo Serxio dos Carrero Bianco, que tocaron aquela mesma noita no Pinsapo.

Longa vida a Rádio FilispiM!!

19 junho, 2015

Programa tolo e inclasificable


O pasado sábado 13, e dentro dos actos do X Aniversario de Rádio Filispim Colectivo Opaii, tiven a oportunidade de participar na Maratón Radiofónica que este colectivo organizou. Desa colaboración xorde esta idea tola de programa na que fago o meu particular repaso a cómo funciona este colectivo.
Longa vida á Radio Filispim!


10 junho, 2015

A Filispina Tolea!, maratón radiofónico, este sábado de 11:00 a 21:00 h. (10 anos radio, 10 horas de radio).

Continúan os actos en conmemoración do 10º aniversario das emisións da Rádio FilispiM, 93.9 FMcoa maratón radiofónica "A Filispina Tolea!!!"

O sábado 13 de xuño, dende as 11 da mañá até as 9 da noite, emitiranse 10 horas ao vivo para celebrar os 10 anos de emisións da radio libre e comunitaria de Trasancos que emite dende Ferrol. 

Nesta festa da radio libre haberá músicas en directo, humor, lembranzas, mestura de programas actuais e regreso de voces que foron parte destes 10 anos de radio libre e comunitaria. Serán 10 horas continuadas coas voces do presente, do pasado e do futuro… as voces da túa comunidade!

O Colectivo Opaíí! invita a sintonizar o 93.9 da FM, ou vía streaming neste blog, e a participar a traves do teléfono directo 981.371040. Porque a xente conta!

Lembra: este sábado 13 de xuño entre as 11 da mañá e as 9 da noite… “A Filispina Tolea!!!”. 10 horas de radio ao vivo, 10 anos de vida.

Rádio FilispiM; 10 anos compartindo!


09 abril, 2015

Programa especial polo 8 de abril, día internacinal do Pobo Xitano

Programa especial do Colectivo OPAII - Rádio FilispiM, motivado polo día internacional do Pobo Xitano [8 de Abril]
Entrevistas, música en directo, conexións telefónicas... conmemorando e profundizando na cultura cigana. Conducido e apresentado por Miguel Castro Serantes.

14 julho, 2014

Audio da 1ª Sesión Golfa da Rádio FilispiM, fin de grelha 2013/2014.

Un dos instantes do Programa Especial, 1ª Sesión Golfa da FilispiM (*)

O pasado venres 4 de xullo na traseira do Mercado de Caranza, de 20:00 a 23:00 h, aconteceu a 1ª "Sesión Golfa" do Colectivo Opaii!-Rádio FilispiM.

Durante tres horas houbo radio ao vivo e directo donde moitos dos programas de Rádio FilispiM, e persoas do Colectivo Opaii!, avaliaron o curso radiofónico que vén de findar.

Ademáis, aconteceu a 1ª Batalla de Dj,s Filispinianos. O rock, trash-rock,  punk, o pop, ska, folc, fusión, a música disco... protagonizaron este batalla de Dj,s, "comandada" polas persoas que dan voz a programación habitual da radio libre e comunitaria de Ferrol.

Durante a festa da radio libre de Ferrol e Terra de Trasancos no faltou a cervexa o calimotxo e todo tipo de refrescos... e, como non, os nosos xa famosos e saborosos petiscos!!.  Ademáis, durante o programa sorteáronse fesmosoas camisolas filispininas!!.

As "Sesións Golfas" pretenden ser ser un espazo de ousadía, rebeldía, contestación radiofónica, desenfado e bo humor, dende as ondas libres e comunitarias da Terra de Trasancos, Rádio FilispiM, 93.9 FM.

Disfruta agora en diferido do audio da 1ª Sesión Golfa da Rádio FilispiM...


* + imaxes da Sesión Golfa aquí:  https://www.facebook.com/radiofilispim...

30 março, 2014

Rádio FilispiM vai... ao CEIP Xan Xoán de Filgueira.




Nova edición de FilispiM Vai... está vez ao CEIP San Xoán de Filgueira. Programa especial  adicado a este estupendo centro educativo público da nosa comarca, dendo o propio centro e coa participación de toda a comunidade educativa.

Escoita a gravación do programa especial este sábado a partir das 19:00 h. en Rádio FilispiM, 93.9 FM, ou para todo o mundo vía streaming en: http://opaii.blogspot.com

O ciclo de programas FilispiM vai... é unha outra aventura comunitaria do Colectivo Opaíí!-Rádio FilispiM, para achegar o medio libre e comunitario aos colectivos e espazos do noso entorno.

FilispiM vai; vén ti!



23 março, 2014

As rádios libres teñen principios e dignidade. Programación Especial 22M en Rádio FilispiM, 93.9 FM

En Rádio FilispiM, 93.9 FM, o antes, durante e o despois das MARCHAS DA DIGNIDADE en Madrid. Programación especial.


Venres 21M 

Entre as 22:30 até as 24:30 h: programación especial da Red Más Voces.
As horas previas ao 22-M contadas en "La Noche de La Dignidad".


Ségueo en:

Rádio FilispiM, 93.9 FM (Ferrolterra).

Sábado 22M

Entre as 12:30 e até as 14:00 h: especial Informativos Locais de Rádio FilispiM.
Dende o estudio, en Caranza-Ferrol, conexións coas columnas de Ferrolterra que participan en Madrid nas Marchas da Dignidade. O que acontece en Madrid contado polas voces de Ferrolterra.

Entre as 15:00 até as 23:00 h: especial de Ágora Sol Radio. 
A radio guerrilla dende as rúas de Madrid, contando o que pasa con dignidade.

Ségueo en:

Rádio FilispiM, 93.9 FM (Ferrolterra).
http://archive.org/download/agorasolradio.m3u/agorasolradio.m3u

As radios libres teñen principios e dignidade!!!. SINTONIZA!!! e PARTICIPA!!. DIFUNDE!!.
+ info en: 
http://www.masvoces.org/Dias-21-y-22-de-Marzo-cobertura-de
http://agorasolradio.blogspot.com.es/

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Related Posts with Thumbnails