Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

13 julho, 2021

Xoves 15 ás 19:00 - Programa Especial "Canido en Nomes"

 

Presentación do Videoclip e da canción de Canido xunto co proxecto “Canido en Nomes.”

O vindeiro xoves día 15 as 19:00 retransmitiremos en directo o acto de estrea no centro cívico de Canido da canción e vídeoclip adicado ao barrio xunto co proxecto “Canido en Nomes”.

O acto no que participarán Antón Cortizas, autor da letra, Joaquín Enríquez, acordeonista e autor da música, e Rocío Rodríguez, presentadora do programa Luar e encargada de poñerlle voz á Canción, tamén contará coa presenza dos historiadores da Asociación Ferrolterra Antiga. Deste xeito presentarase o proxecto “Canido en Nomes”,roteiro co que as entidades pretenden reivindicar os espacios con nome propio, invitando a descubrir as biografías e historia que hai tras os nomes das rúas do barrio. Neste proxecto  atópase enmarcada a canción de Canido gravada por Andrés Bereijo e producida por Pedro González (Vanenfurgo) xunto co videoclip levado a cabo por Javier González de Explorer 66 Air.


Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails