Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Mostrando postagens com marcador Centros Sociais. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Centros Sociais. Mostrar todas as postagens

04 outubro, 2014

Divertimento para pequenos monstros - 03/10/2014

Este programa, basicamente, é un aparato de gostosa tortura...

Venres 3 de outubro de 2014, na Rádio Filispim Colectivo Opaii, 93.9 FM, dúas horas de radio, dúas horas de DIVERTIMENTO para pequenos monstros.
Contidos:
  • Presentación e Axenda Divertimento. 
  • Especial "Radio-psicografía d@s ferrolás". *
(*) No estudio:
- Ana Fernández. Vasca, residente en Ferrol. No pasado residíu en Lugo, Coruña e Vigo.
- Miguel Castro. Ferrolán, vive en Ferrol. No pasado viviu en Lugo e A Coruña.
- Carmen Loureiro. Ferrolá, vive en Ferrol. No pasado residiu nas Illes Balears, Muxia e Irixoa.
- Macarena Soto. Chilena, residente en Ferrol, no pasado viviu en Compostela.
- Tania Vila. Luguesa, reside en Ferrol.
- Ánxela Martínez. Mugardesa, vive en Ferrol. No pasado residiu en Pontevedra, Compostela, Lugo, Arzúa, Miño, Baiona, Mondoñedo...
- Antía Cortíças. Ferrolá, de procedencia extraterrestre. Reside en Ferrol.
- Carlos de Francisco, psicólogo.

Conducen: Pequeno Monstro e Ana Lucecú.
Todos os programas en: http://pequenosmonstros.blogspot.com
                              Nota: este especial foi producido coa colaboración de tod@s as persoas interviñentes.

14 fevereiro, 2014

DIVERTIMENTO - Marchas da Dignidade - XII Xornadas Libertarias, Ferrol - Sala Yago, reokupada.

Edición do venres 14 de febreiro de 2014 de DIVERTIMENTO para pequenos monstros.
Contiudos:
  • MARCHAS DA DIGNIDADE. No estudio persoas veciñas de Caranza que convocan unha Asemblea aberta o vindeiro luns co obxecto de crear unha "columna" que acuda as Marchas da Dignidade do 22 de marzo en Madrid. 
  • XII XORNADAS LIBERTARIAS da Unión Libertaria de Ferrol. No estudio integrantes de U.L. que falarán destas xornadas que se celebran dende o martes 18 até o sábado 22 de febreiro no Espazo Libertario, na Avda. de Esteiro, 10 - baixo. 
  • A SALA YAGO DE COMPOSTELA RE-OKUPADA. Falamos cun integrante da Asemblea deste espazo que foi este xoves recuperado para o uso e disfrute cidadanía compostelá e que xa ten axenda de actividades para os vindeiros días.
  • Axenda Divertimento.
  
    Apresentan: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.
    Sintoniza o teu dial!!

    17 maio, 2013

    DIVERTIMENTO - Lazos precisa alimentos - Noelia Cotelo, privada de dignidade - IV Aniversario CSO Casa da Estación Pontedeume.

    DIVERTIMENTO para pequenos monstros, edición do xoves 16/05/2013.

    Dúas horas de raibosos contidos:
    • O Comité Antisida LAZOS de Ferrol precisa axuda para seguir mantendo o servizo de almorzos para quen o requira, pola súa situación de desamparo.
    • No estudio, integrantes da Casa da Estación de Pontedeume, comentan os actos do IV aniversario do CSO eumés. Ademáis falamos da coruñesa Noelia Cotelo, privada de liberdade e cuxa nai participará nun dos actos desta fin de semana.
    • A iniciativa popular "Valentín Paz-Andrade"; ollando cara a lusofonía. 
    • Axenda de concertos Divertimento.
    Apresentan: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.
    Emisión: Rádio FilispiM (Ferrol), Cuac FM (Coruña) e Rádio Kalimera (Compostela).

    + info http://pequenosmonstros.blogspot.com

    09 maio, 2013

    DIVERTIMENTO - Autoorganización social e anarquismo. XI Xornadas Libertarias. Ferrol.

    Programa especial de DIVERTIMENTO para pequenos monstros, no que reproducimos en diferirdo a charla titulada AUTO-ORGANIZACIÓN SOCIAL E ANARQUISMO, impartida por integrantes de UNIÓN LIBERTARIA de Ferrol o pasado xoves 2 de maio de 2013 no Espazo Libertario da Avda. de Esteiro (Ferrol), dentro das XI XORNADAS LIBERTARIAS.

    Toma de son: Ana Lucecú & Pequeno Monstro.

    Emisión: Rádio Kalimera (Compostela), Cuac FM (Coruña) e Rádio FilispiM (Ferrol), rádios libres e comunitarias de GZ.

    Todos os programas en: http://pequenosmonstros.blogspot.com

    03 dezembro, 2010

    Divertimento - CSO Casa da Estación [Pontedeume]+CSO As Atochas [Corunha]

    Nesta edición de Divertimento para pequenos monstros [02/12/2010], achegáronse ao estudio de Rádio FilispiM, dous integrantes da asemblea do C.S.O. Casa das Estación [Pontedeume].
    Chini e máis Jesús, faláronos desta realidade de centro social, autoxestionado e okupado, tan cercano a nós.

    Ademáis tivemos unha conexión telefónica con Lucía, integrante da asemblea do CSO, Casa das Atochas en A Corunha.

    Este último centro social, con dous anos e medio de existenza, veu desenvolvendo unha chea de actividades alternativas ao "menú cultural patrocinado" por uns e por outros. Así, o CSO Casa das Atochas de A Corunha, e xa un referente canto a xestión dun centro social autoxestionado e okupado en pleno centro de A Corunha [bairro das Atochas Alta].

    Mais, alguén non o entende así [ou lle parece que há demasiada organización fóra da "organización"], pois unha xuiza ten dictado orde de desaloxo para o vindeiro xoves 9 de decembro de 2010. Dende Divertimento preguntámonos para cando o desaloxo dos especuladores, chourizos e demáis calaña das inmediacións.

    Así as cousas, unha vez máis, os Pequen@s monstros estivemos con elas e seguiremos estando.
    Podes saber máis do que están a argallar podes mirar neste enlace ou nestrouto.

    Divertimento
    , é un programa de radio que emite Rádio FilispiM, 93.9FM. Ademáis o penduramos como pod-cast en: http://pequenosmonstros.blogspot.com - http://podgalego.org e mesmo neste blogue.


    Ademáis, podes escoitar/descargar o extracto da entrevista con Lucía do CSO Casa das Atochas [Corunha], aquí:
    Related Posts with Thumbnails