Colabora na autogestom!
Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023
Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]
Mostrando postagens com marcador Praceirxs Pontedeume. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Praceirxs Pontedeume. Mostrar todas as postagens
16 dezembro, 2013
A loita das praceiras e praceiros de Pontedeume, un exemplo de dignidade.
Durante estas últimas semanas en diversos programas de Rádio FilispiM, levouse a cabo un seguimento do que está a acontecer cos praceiros e praceiras de Pontedeume. Algunhas voces fixéronse habituais nesta sintonía, coma a de Carmen López Pedro, unha das voceiras do colectivo de praceirxs.
Foron días moi tensos. 42 días e 42 noites durou a batalla na rúa, mais o conflicto continúa. Manuel Torrente, alcalde do radical Partido Popular que, alleo aos intereses o pobo eumés, semella provir doutra galaxia, o impide...
No tempo de informativos de Rádio FilispiM, ouvimos de novo as voces dos e das protagonistas nun audio rexistrado polos compañeiros de Galiza Contrainfo, así como as reflexións destes últimos días de Carmen López, nunha loita que continúa.
Voces dxs praceirxs e son ambiente, tirado de: Galiza Contrainfo (http://galizacontrainfo.org/)
Segue a luita dos praceirxs en: https://www.facebook.com/groups/1388530921387094/?fref=ts
Informou o Pequeno Monstro para Rádio FilispiM.
13 dezembro, 2013
DIVERTIMENTO - Especial "Ley Seguridad Ciudadana", Xornada de Lactancia de BBTTA no ATeneo e contacto cos Praceirxs de Pontedeume.
DIVERTIMENTO para pequenos monstros, do venres 13 de decembro de 2013. Dúas horas de monstrosos contiudos...
Apresenta e conduce: Pequeno Monstro.
Emiten: Rádio FilispiM, 93.9 FM (Ferrol) Rádio Kalimera, 107.9 FM (Compostela) e Cuac FM, 103,4 (A Coruña), emisoras libres e comunitarias na Galiza.
- Especial "LEY DE SEGURIDADE CIUDADANA", a Lei da Mordaza. Todo o que tes que saber da Lei Mordaza, o non vai máis no recortes das liberdades do PP. Coa participación de Meli Criado, Paki López e Pedro Ferrández.
- Contacto con Ana Fernández da Asociación BBTTA de Narón, que realizará unhas xornadas de Lactación Materna o luns 16 de decembro a partir das 18:00 h. no Ateneo Ferrolán. + info: https://www.facebook.com/pages/BBTTA/226601587472437?fref=ts
- Conexión con Carmen, voceira dos PRACEIROS DE PONTEDEUME que hoxe venres 13 de decembro, tras 42 días (coas súas noites), levantan o campamento na rúa, mais seguen ninguneadxs polo Alcaide de Pontedeume, o "popular" Torrente, o brazo tonto do PP eumés. + info: htps://www.facebook.com/groups/1388530921387094/?ref=ts&fref=ts
Apresenta e conduce: Pequeno Monstro.
Emiten: Rádio FilispiM, 93.9 FM (Ferrol) Rádio Kalimera, 107.9 FM (Compostela) e Cuac FM, 103,4 (A Coruña), emisoras libres e comunitarias na Galiza.
Etiquetas:
Ateneo Ferrolán,
bbtta,
colectivos sociais,
Divertimento,
Fascismo,
Lei Mordaza,
Ley Seguridad Ciudadana,
Pequeno Monstro,
Praceirxs Pontedeume,
Represion
Assinar:
Postagens (Atom)