Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Mostrando postagens com marcador Lingua Galega. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Lingua Galega. Mostrar todas as postagens

09 dezembro, 2017

UNHA TARDE NO MUÍÑO

Programa Nº 6. Luns 4 de decembro de 2017

Escoitando Barrio Alto, interpretado por Carlos do Carmo, comeza a emisión do programa, para dar paso a Roberto Taboada, presidente da Asociación Veciñal que informa sobre as novas que estes días están pasando en Canido. Salientar as referencias ao pasamento do antigo presidente da Asociación de Veciños, Sr. Prego e tamén o resumo do emotivo acto, homenaxe a Antón Varela con motivo da inauguración do monumento e nomeamento do parque que agora leva o seu nome. 

Libros, creadores e lectores foi o cerne do faladoiro da segunda parte do programa. Como invitados participaron Antón Cortizas, Henrique Dacosta e Rafa Aguirrebengoa.
Debate de Antón e Henrique arredor do proceso de creación dunha obra literaria. O autor diante da folla en branco , os motivos que levan á dedicación de escribir, os premios, o sentimento íntimo diante da obra rematada, os autores e as influencias externas… Voaron palabras de dous recoñecidos autores de Canido con obras universais.

E logo a recreación que da obra do creador fai o lector. Rafa achegounos ao amor que sempre sentiu polos libros e as súas lecturas, dende o Julio Verne da súa infancia ata os miles de libros que hoxe le e coida con agarimo. Tamén informa Rafa da biblioteca que  están formando en Muíño do Vento. Biblioteca feita con doazóns e coa especificidade de ter preto de dous mil libros en galego ou con temática relativa a Galicia. Esta Biblioteca pasará a formar parte, xunto cos fondos que aporte a Asociación Veciñal, dunha única  Biblioteca de Canido.
George Moustaqui despediu o programa nº 6.

UNHA TARDE NO MUÍÑO

Programa Nº 4. Luns 6 de novembro de 2017

Programa que tiña como finalidade escoitar novas ideas e novas propostas  aportadas por novos realizadores do audiovisual de Galicia e tamén escoitar novas ideas e novas propostas dende a mocidade que hoxe está nos nosos Institutos. 
A canción Carteiro em Bicicleta de Joao Afonso foi motivadora para a presentación dos participantes. 
Para falarnos do mundo do Audiovisual galego contamos con Brais Romero e Antón Rodríguez, realizadores e recoñecidos novos valores do mundo audiovisual galego. O mundo da mocidade estudantil estivo representado por Carla Mosquera, Cristina Vidal e Verónica Vázquez.

Expuxeron Brais e Antón as súas apreciacións  sobre a definición, situación, produción,… do audiovisual no noso País. Asemade propostas sobre encontros e festivais, a distribución, uso da Lingua e a implicación das Administracións …

Carla, Cristina e Verónica, alumnas do IES Canido, nunha linguaxe clara e directa aportáronnos a visión dunha xuventude vital e lonxe de estereotipos.

Das  Wander do compositor Schubert foi a música de despedida desta cuarta emisión

14 julho, 2015

DIVERTIMENTO - Conversa con Fernando Fdez. Rego, autor do libro: "ANDRÉS DO BARRO, SAUDADE. El músico que llevó el pop en gallego al número uno de ventas en España".

Fernando Fdez Rego e Andrea Lapique (foto: Pequeno Monstro)

Edición Especial (40 min. aprox.) do venres 10 de xullo de 2015 de "DIVERTIMENTO para pequenos monstros" en Rádio Filispim - Colectivo Opaii!,
  • Conversa con Fernando Fernández Rego, autor do libro "ANDRES DO BARRO, SAUDADE. El músico que llevó el pop en gallego al número uno de ventas en España" (La Fonoteca, 2015), pouco antes da presentación do libro no bar Manchita Cosa de Ferrol. 

Apresentan e conducen: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.

Emisión en: Rádio FilispiM, 93.9 FM (Ferrol/Trasancos), Rádio Kalimera, 107.9 FM (Compostela) & vía streaming en: http://opaii.blogspot.com
Tlfno directo: 981.37.10.40


Todos os programas en: http://pequenosmonstros.blogspot.com

28 janeiro, 2015

Queremos Galego, convoca a cidadanía a defender a lingua galega o 8 de febreiro en Compostela.



"Polas fillas dos nosos fillos. Queremos Galego!", este é o lema da manifestación en defensa da Lingua Galega, que a plataforma "Queremos Galego", integrada por máis de 700 entidades, convocada para o domingo 8 de febreiro de 2015 en  Compostela.
"Os datos da última enquisa do Instituto Galego de Estatística (IGE) sobre a situación do galego non nos sorprenden. Reflicten a realidade. A realidade é que cada vez hai menos xente que fala galego. A realidade é que a Xunta de Galiza demostra un total desleixo e desprezo pola lingua. A realidade é que é imposíbel vivirmos en galego con normalidade." Así comeza o comunicado de "Queremos Galego", cuxo texto completo podes atopar aquí.

No tempo de Informativos Locais da Rádio FilispiM, rescatamos parte da intervención de Carlos Outeiro, coordinador de "Queremos Galego" en Ferrolterra, a semana pasada no transcurso do programa Divertimento para pequenos monstros. A plataforma "Queremos Galego", oferece, a quen desexe acudir a Compostela dende Ferrolterra, o domingo 8 de febreiro, billetes de autobús a un prezo de tan só 3€, ida e volta (máis detalles no audio).

Informou o Pequeno Monstro para Rádio FilispiM.

26 janeiro, 2015

Ferrol, Eume e Ortegal, terceiras (comezando polo final) no uso monolingüe do galego.

No tempo de informativos locais da Rádio FilispiM, oferecemos uma breve extração dos dados estatísticos publicados em dezembro de 2014 pelo Instituto Galego de Estatística sobre o uso e competência em língua galega na nossa Comarca.


Informou Antía, para os informativos locais da libre de Ferrol.

25 janeiro, 2015

Divertimento - Queremos Galego_Semente Trasancos_Lingua galega, a debate 3/01/2015

Carlos Outeiro, Mané "Sacha na Horta",  Rosa Grillé e Ana Fernández.

Venres 23 de xaneiro de 2015, dúas horas de DIVERTIMENTO PARA PEQUENOS MONSTROS (Rádio FilispiM, 93.9 FM). Menú especial: "LINGUA GALEGA".
Contidos:
  • Proxecto escola ensino en galego, SEMENTE TRASANCOS. Festival "Músicas para a Semente". Domingo de 25 de xaneiro de 2015, Auditorio de Narón. No estudio, Rosa Grillé. Vía teléfono, Marcos Abalde. 
  • Manifestación QUEREMOS GALEGO. Na defensa da lingua propia do país, domingo 8 de febreiro de 2015, Compostela. No estudio, Carlos Outeiro. 
  • COLOQUIO-DEBATE sobre a situación da nosa lingua, coa presenza no estudio de: 
              - Carlos Outeiro (Queremos Galego e Mesa Pola Normalización Lingüística).
              - Rosa Grillé (Semente Trasancos e mestra do CPI de Pazos).
              - Mané (da banda galega Sacha na Horta).
              - Ana Fernández (integrante da Fundaçom Artábria).

No transcorrer do coloquio-debate ouviimos voces rexistradas nunha enquisa a persoas universitárias de Ferrol, sobre o uso do galego.




Conducen: Ana Lucecú e Pequeno Monstro.
Producción: Ana Lucecú, Pequeno Monstro, Ana Fernández.
Emisión en Ferrolterra: Rádio FilispiM, 93.9 FM, libre e comunitária da Terra de Trasancos (Ferrol).
En Compostela: Rádio Kalimera, 107.9 FM, libre.
+ info: http://pequenosmonstros.blogspot.com

24 novembro, 2014

FilispiM vai a Fundaçom Artábria, 21/11/2014 (audio)

 FilispiM vai a Fundaçom Artábria (21/11/2014)
O Colectivo Opaíí! apresentou unha nova edición do ciclo "Filispim vai...".
"Filispim vai... á Fundaçom Artábria", un programa especial adicado á mítica asociación cultural da lingua, realizado ao vivo dende o seu local social, na Travesía de Batallóns, 7 - Esteiro (Ferrol). Ademáis contamos coa música de Oscar Fojo e Fausto.
A gravación ao vivo do programa especial, tivo lugar o venres, sexta feira, 21 de novembro de 2014 entre as 20:00 e as 22:00 h. Agora, oférecémosvos o audio evento, dúas horas de radio ao vivo, coa intervención de moitas persoas relacionadas directa ou indirectamente coa Fundaçom Artábria.
O ciclo de programas "Filispim vai..." é unha outra aventura do Colectivo Opaíí!-Rádio FilispiM, para achegar o medio libre e comunitario aos colectivos e espazos sociais da nosa contorna.

Podes ver aquí algunhas imaxes do evento: https://www.facebook.com/radiofilispim.opaii/

03 novembro, 2014

15 anos da Fundaçom Artábria, documentário (cortes 4, 5 e 6)


Continúan os ecos da apresentación, o pasado 24 de outubro de 2014, do documentario "15 anos da Fundaçom Artábria". Neste boletín informativo da FilispiM oferecémosmos tres novos cortes de audios gravados durante o acto da apresentación nos cinemas Dúples de Esteiro-Ferrol.

Aproveitamos para confirmar a celebración do vindeiro programa especial "FilispiM vai..." no local da Fundaçom Artábria, o venres 21 de novembro de 2014, entre as 20:00 e 22:00 h. A gravación do programa será pública e a entrada de balde. Ampliaremos info neste mesmo blog, en breve.







Redacción Informativos da Rádio FilispiM.

26 outubro, 2014

Apressentouse o documentário "15 anos da Fundaçom Artábria".

Dentro das atividades do seu XVI aniversário a passada sexta-feira, 24 de outubro, às 20.00hs, os cinemas Duplex de Ferrol acolherom a estreia do documentário "15 anos da Fundaçom Artábria". A entrada foi livre até que se completou o aforo.
Este projeto audiovisual estivo financiado popularmente através de umha campanha de crowfunding, que permitiu recolher os fundos necessários para levar adiante este trabalho.
No documentário participam ativistas que realizarom trabalho na Fundaçom Artábria desde a decáda de 90 até o dia hoje, dando umha visom histórica dos 15 anos, que já som 16, da entidade. A obra que se apressentou vai ser editada em formato DVD com umha versom extendida que contará com subtítulos em diferentes línguas entre elas catalám, inglês ou castelám.
O documentário foi realizado por Xosé Antom Moure, ganhador do Mestre Mateu 2008, ao melhor programa de televisom galego.

Boa parte do tecido cultural e social da cidade acudiu à estreia. Foi o caso da AC Fuco Buxán, o Ateneu Ferrolano, Medúlio, Rádio Filispim, CNT, Associaçom de Vizinhança de Esteiro, Esquerda Unida, NÓS-Unidade Popular, AGAL ou BRIGA.
Nos informativos da Rádio FilispiM, livre de Ferrol, oferecémosvos umha serie de mini reportagems coas vozes que protagonizan o documentário, gravadas a passada sexta feira no descorrer da súa apressentaçom nos cinemas Duplex de Esteiro-Ferrol... 



Informou o Pequeno Monstro,
Informativos da Rádio FilispiM, livre de Ferrol.

06 junho, 2014

Comunicado do Colectivo Opaíí!-Rádio FilispiM ante a denuncia da organización "Galicia Bilingüe" ao noso compañeiro Carlos.


Dende o Colectivo Opaíí!–Rádio FiispiM manifestamos a nosa solidariedade co noso compañeiro Carlos e difundimos este comunicado.
 
Ante o expediente aberto pola Dirección do IES Breamo de Pontedeume,  a instancias da Inspección da Consellaría de Educación da Xunta de Galicia, previa denuncia do entorno da organización “Galicia Bilingüe”, manifestamos a nosa solidariedade con Carlos, alumno do centro e, ademáis, integrante do Colectivo Opaíi!–Rádio FilispiM de Ferrol.
Carlos é un rapaz esperto, implicado socialmente, coma corresponde a un mozo da súa idade e, ademáis, preparado para asumir responsabelmente a condución dun programa de radio, como ten amosado durante estes últimos tres anos, sorprendendo ao conxunto do Colectivo coa súa capacidade comunicadora e bon facer na radio comunitaria, pese a súa minoría de idade.

Coma compañeir@s e coñecedor@s de Carlos, non podemos calar ante a actitude ruín e delatoria da organización “Galicia Bilingüe”, que aínda que minoritaria e marxinal nos seus obxectivos, vén de amosar grande capacidade de influencia no colectivo e no público. Tanto, que sorpréndenos a resposta da Equipa directiva do centro público IES de Breamo de Pontedeume, mesmo da Inspección Educativa da Consellaría de Educación, ao secundar a actitude delatoria do entorno de "Galicia Bilingüe" logo dunha denuncia anónima, que non merece outra cualificación que de covarde e irresponsábel, xa que Carlos é menor de idade e ista esaxerada situación pódelle ocasionar un dano persoal e academico irreparábel. Lamentábel o papel da organización "Galicia Bilingue", pretendidamente constituida por persoas adultas e responsábeis, cuxos integrantes din, paradoxalmente, reclamar a liberdade.

Cremos que as instancias Educativas que decidiron entrar no xogo sucio desa organización, deberan estar por riba de actitudes delatorias propias do pasado máis aberrante e solventar con intelixencia, altura e sobre todo sentido común, calquer interferencia sobre normal convicencia académica, mais aínda tratándose  dun mozo menor de idade cuxo único “delicto” é ser novo, idealista e activo socialmente, características que, en todo caso, deberán ser postas en valor nesta coxuntura social na que constantemente nos alertamos canto ao desapego da mocidade das cuestións sociais e comunitarias.

A vida pública, a vida escolar, o día a día de mozos e mozas non pode verse alterado polas denuncias de grupos, lexítimos na súa constitución, mais minoritarios, residuais, que en modo algún representan o sentir maioritario da cidadanía. Grupúsculos que ademáis, semella, andan a utilizar técnicas propias de sociedades totalitarias e ailladas, donde “os bos cidadáns” deixan caer denuncias anónimas coa certeza de que pronto serán atendidas pola inquisición. 

Dende o Colectivo Opaii!–Rádio FilispiM, facemos un chamado urxente ao conxunto da Comunidade Educativa do IES de Breamo, a equipa Directiva do centro e a Inspección Educativa a non constituirse na nova "inquisición" e a ARQUIVAR DEFINITIVAMENTE o inxusto expediente aberto a Carlos. Convidámolos a analisar o papel de cada quen neste “rebumbio”. Convidámolos a reflexionar, dende unha posición de altura, coma profesionais do Ensino público que son, sobre o que está a acontecer. Estamos convencidas de que así o farán. Polo contra, estariamos ante a re-instalación do medo nos centros de ensino públicos que se presupoñen cheos de vida, de mozos e mozas en periodo de formación con inquedanzas e pensamentos diversos, como parte da sociedade democrática mesma.


Ferrol, 02 de xuño de 2014.
O Colectivo Opaíí!-Rádio FilispiM

28 setembro, 2013

Comezamos o curso co Ponte en Galego!

Primeiro progama do curso en Radio Filispim, no que entrevistamos o dúo de cómicos Mofa e Befa, presentamos a novidosa proposta musical de En Clave de Fado e contamos coa presenza no estudio de Katerina Hornikova, estudante checa e galegofalante. 

17 maio, 2013

A voz de Roberto Vidal Bolaño, no Ponte en Galego! nº 11



Edición número 11 do programa de Normalización Lingüística do IES Breamo, que recupera para a radio un monólogo de Roberto Vidal Bolaño, presentado na sala NASA en 1999. En Galego nun click visitamos ao rapeiro Gamy. En Dicionario vivo exploramos a palabra vesar. En Son de aquí falamos do novo disco da agrupación folclórica eumesa Orballo. Tamén presentamos o III Concurso de Videoclips do IES Breamo, e falamos con Carlos Callón, que recentemente estivo en Pontedeume para presentar o seu libro Como falar e escribir en galego con correción e fluidez.   

DIVERTIMENTO - Lazos precisa alimentos - Noelia Cotelo, privada de dignidade - IV Aniversario CSO Casa da Estación Pontedeume.

DIVERTIMENTO para pequenos monstros, edición do xoves 16/05/2013.

Dúas horas de raibosos contidos:
  • O Comité Antisida LAZOS de Ferrol precisa axuda para seguir mantendo o servizo de almorzos para quen o requira, pola súa situación de desamparo.
  • No estudio, integrantes da Casa da Estación de Pontedeume, comentan os actos do IV aniversario do CSO eumés. Ademáis falamos da coruñesa Noelia Cotelo, privada de liberdade e cuxa nai participará nun dos actos desta fin de semana.
  • A iniciativa popular "Valentín Paz-Andrade"; ollando cara a lusofonía. 
  • Axenda de concertos Divertimento.
Apresentan: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.
Emisión: Rádio FilispiM (Ferrol), Cuac FM (Coruña) e Rádio Kalimera (Compostela).

+ info http://pequenosmonstros.blogspot.com

05 abril, 2013

21 días co galego no IES da Pobra. Parabéns!


Unha nova edición do Ponte en Galego! do IES Breamo de Pontedeume. Na nosa sección Galego nun click parabenizamos ao IES da Pobra do Caramiñal pola extraordinaria experiencia de falar 21 días totalmente en galego. Agardamos que esta práctica de manteña 21 séculos máis!

En Dicionario vivo puxemos a proba o coñecemento da palabra retortoiro. Sabedes o que é cando chove a retortoiro? A historia do grupo folk eumés Iriadona volveu ser centro da nosa atención en Son de aquí, e rematamos o programa cunha fermosa lenda sobre a orixe de Pontedeume: a Ponte do Demo.   

11 fevereiro, 2013

NOVAS LOCAIS. 15 anos da Fundaçom Artábria: Proxecto documentario.


15 anos da Fundaçom Artábria: proxecto documentario.
"Son xa 15 os anos que vén de cumprir a Fundaçom Artábria na nosa comarca, polo que pensaron que ben merecen unha pequena retropectiva e a plasmaçom de todo ilo nun documentario que fique para a historia dos movimentos sociais galegos. Nese documentario haverá entrevistas, material de arquivo e inédito sobre a historia da Fundaçom Artábria.
O orzamento dese traballo documental é de 5000 euros e para ilo na Asociación puxeron en marcha unha campaña de financiamento do mesmo ao través da plataforma VERKAMI. Todas as persoas que contribúan recibirán un agasallo, mesmo un exemplar do DVD co documentario.
Na metade do tempo que se propuxeron para acadar o propósito acadaron o 50 % do presuposto, polo que te convidan a participar e contribuir a fazer realidade este documento audio-visual dos 15 anos de vida da Fundaçom Artábria. Podes participar dende unha aportación de tan só 5 euros.
Ficades coas verbas de Vitor, un dos integrantes da Fundaçom Artábria quen estes días pasou polo programa de Rádio FilispiM, Divetimento para pequenos monstros... "

Ir a descargar

+ info do proxecto en: artabria.net
Related Posts with Thumbnails