Un dos instantes do Programa Especial, 1ª Sesión Golfa da FilispiM (*) |
O pasado venres 4 de xullo na traseira do Mercado de Caranza, de 20:00 a 23:00 h, aconteceu a 1ª "Sesión Golfa" do Colectivo Opaii!-Rádio FilispiM.
Durante tres horas houbo radio ao vivo e directo donde moitos dos programas de Rádio FilispiM, e persoas do Colectivo Opaii!, avaliaron o curso radiofónico que vén de findar.
Ademáis, aconteceu a 1ª Batalla de Dj,s Filispinianos. O rock, trash-rock, punk, o pop, ska, folc, fusión, a música disco... protagonizaron este batalla de Dj,s, "comandada" polas persoas que dan voz a programación habitual da radio libre e comunitaria de Ferrol.
Durante a festa da radio libre de Ferrol e Terra de Trasancos no faltou a cervexa o calimotxo e todo tipo de refrescos... e, como non, os nosos xa famosos e saborosos petiscos!!. Ademáis, durante o programa sorteáronse fesmosoas camisolas filispininas!!.
As "Sesións Golfas" pretenden ser ser un espazo de ousadía, rebeldía, contestación radiofónica, desenfado e bo humor, dende as ondas libres e comunitarias da Terra de Trasancos, Rádio FilispiM, 93.9 FM.
Disfruta agora en diferido do audio da 1ª Sesión Golfa da Rádio FilispiM...
* + imaxes da Sesión Golfa aquí: https://www.facebook.com/radiofilispim...
Nenhum comentário:
Postar um comentário