Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Mostrando postagens com marcador okupación. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador okupación. Mostrar todas as postagens

14 fevereiro, 2014

DIVERTIMENTO - Marchas da Dignidade - XII Xornadas Libertarias, Ferrol - Sala Yago, reokupada.

Edición do venres 14 de febreiro de 2014 de DIVERTIMENTO para pequenos monstros.
Contiudos:
  • MARCHAS DA DIGNIDADE. No estudio persoas veciñas de Caranza que convocan unha Asemblea aberta o vindeiro luns co obxecto de crear unha "columna" que acuda as Marchas da Dignidade do 22 de marzo en Madrid. 
  • XII XORNADAS LIBERTARIAS da Unión Libertaria de Ferrol. No estudio integrantes de U.L. que falarán destas xornadas que se celebran dende o martes 18 até o sábado 22 de febreiro no Espazo Libertario, na Avda. de Esteiro, 10 - baixo. 
  • A SALA YAGO DE COMPOSTELA RE-OKUPADA. Falamos cun integrante da Asemblea deste espazo que foi este xoves recuperado para o uso e disfrute cidadanía compostelá e que xa ten axenda de actividades para os vindeiros días.
  • Axenda Divertimento.
  
    Apresentan: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.
    Sintoniza o teu dial!!

    03 dezembro, 2010

    Divertimento - CSO Casa da Estación [Pontedeume]+CSO As Atochas [Corunha]

    Nesta edición de Divertimento para pequenos monstros [02/12/2010], achegáronse ao estudio de Rádio FilispiM, dous integrantes da asemblea do C.S.O. Casa das Estación [Pontedeume].
    Chini e máis Jesús, faláronos desta realidade de centro social, autoxestionado e okupado, tan cercano a nós.

    Ademáis tivemos unha conexión telefónica con Lucía, integrante da asemblea do CSO, Casa das Atochas en A Corunha.

    Este último centro social, con dous anos e medio de existenza, veu desenvolvendo unha chea de actividades alternativas ao "menú cultural patrocinado" por uns e por outros. Así, o CSO Casa das Atochas de A Corunha, e xa un referente canto a xestión dun centro social autoxestionado e okupado en pleno centro de A Corunha [bairro das Atochas Alta].

    Mais, alguén non o entende así [ou lle parece que há demasiada organización fóra da "organización"], pois unha xuiza ten dictado orde de desaloxo para o vindeiro xoves 9 de decembro de 2010. Dende Divertimento preguntámonos para cando o desaloxo dos especuladores, chourizos e demáis calaña das inmediacións.

    Así as cousas, unha vez máis, os Pequen@s monstros estivemos con elas e seguiremos estando.
    Podes saber máis do que están a argallar podes mirar neste enlace ou nestrouto.

    Divertimento
    , é un programa de radio que emite Rádio FilispiM, 93.9FM. Ademáis o penduramos como pod-cast en: http://pequenosmonstros.blogspot.com - http://podgalego.org e mesmo neste blogue.


    Ademáis, podes escoitar/descargar o extracto da entrevista con Lucía do CSO Casa das Atochas [Corunha], aquí:
    Related Posts with Thumbnails