Pesquisar neste blog
04 dezembro, 2025
Programa Especial "Festa XX Anos da Rádio FilispiM" (2005-2025)
06 fevereiro, 2025
Informativo, 6/2/2025
Boletín informativo da FilispiM, 6/2/2025
SUMARIO:
- Noticias Dialogadas. Lupe e Inacio fálannos da nova axuda fake da Xunta de Galiza, un capítulo máis do servizo de propaganda do Partido Popular.
- Comunicado Galiza Anti-OTAN. O noso compañeiro Comochoconto, da Radio Raposeira, fáise eco dunha convocatoria co gallo do famoso referendum da OTAN en 1996. Unha Xornada Galega contra a OTAN e pola paz mundial prevista para o 12 de marzo en toda Galiza.
- Nace "O Faladoiro", un novo programa realizado polas persoas integrantes e colaboradoras do Colectivo Opaíí-Rádio FilispiM. O noso compañeiro Vicente cóntanos os detalles desta iniciativa, informativa, comunitaria e participativa.
- Presentación do xogo "Feminismos no Tempo". Sexta feira 7 de febreiro as 7:30 pm no local da Asociación Artábria en Esteiro, nolo conta Xorxe Mirancos.
- Ciclo de Cultura Democrática, "Cóntamo ti", organizado pola Asociación de Veciñanza de Canido e Colectivo Muiño do Vento. Venres 21 de febreiro ás 7:30 pm no CC de Canido. Abrirán esta nova edición xornalistas da CRTVG que sofren a intromisión política do seu traballo informativo. Nolo conta Celia Fernández.
- A Escola Universitaria de Enxeñaría de Ferrol xunta o venres 7 de febreiro a máis de 20 firmas no seu I Encontro con Empresas. A xornada inclúe dúas mesas redondas: "Retos para as Enxeñarías 2030" e "Hai vida máis aló das grandes empresas".
- O autor ferrolán Marcos Mella convídanos a acudir á presentación da reedición de 300 Meses. Hotel La Torre do Lago (Valdoviño), venres 7 de febreiro ás 7:00 pm. Haberá música e sinatura de exemplares do CD.
- Despedimos con tralla. Ghorxa, unha banda ferrolá, entre a sicodélia, o grunge e outras herbas, que acaba de lanzar un novo traballo resultado dunha sesión de directos. Ferror Records, que vén de cumprir 10 anos, publica o artefacto.
Condución/edición: equipa informativos
30 janeiro, 2025
Informativo, 30/01/25

Informativos de Rádio FilispiM, 30/01/2025
- Decreto Ómnibus AntiOkupa, por Edu Comochoconto.
Celia Fernández infórmanos sobre a nova edición do ciclo de cultura democrática Contamo Ti!, no CC de Canido.
- Ana Lucecú lémbranos a charla coloquio O Colapso 50 anos dos limites do decrecemento no Ateneo Ferrolán.
Lupe e Inacio dialogan ao respecto da saída recente dos buques da armada dende Ferrol.
Políticas de Paz ou Guerra?
- Concentración, salarios e pensións dignas este sábado 1 ás 12 no Cantón, convoca Traballadorxs Pensionistas.
Queremos Galego lanza unha nova manifestación para o día 23 de Febreiro baixo o lema Lingua Vital Xa!
- Gala youtubeiras+ no Pazo da Cultura de Narón o Sabado 1.
- Sr Salvaje na Sala Room o venres 7 de Febreiro.
24 junho, 2013
A XIII Sesión Vermú do Colectivo Opaíí-Rádio FilispiM en imaxes e audio.
21 junho, 2013
DIVERTIMENTO - CUO, Comités pola Unidade Obreira (Galiza) - CARRERO BIANCO, "Horror, horror!", Synth pop (Ferrol).
DIVERTIMENTO para pequenos monstros, edición do xoves 20/06/2013.
Contidos:
- Conversa con Josechu integrante de C.U.O. Galiza (Comités pola Unidade Obreira), que nos explica quen son e o porque da súa organización.
- Entrevista especial con tres dos catro integrantes de CARRERO BIANCO (Toni, Quincho e Carlota), apresentando a súa nova demo, adianto do seu novo álbum: "Horror, horror!". Electro pop alienígena dende Ferrol.
- Axenda Divertimento.
Todos os programas en: http://pequenosmonstros.blogspot.com



