Informativo semanal Rádio FilispiM, 15/12/2025
Sumario:
Crónica da manifestación deste pasado domingo 14 de decembro, en Compostela, contra o macro proxecto de ALTRI. Lupe Ces.
“Vítimas da transiciom. Un relatorio dos assassinatos…” Sección de opinión, por Edu Comochoconto.
En “Noticias Dialogadas”: Lupe e Inacio abordan o problema da soidade nom desexada, a pobreza e a falta de vivenda; a partires dun caso de incendio que lhe costou a vida a um ancián de 83 anos sumido na pobreza e dependente.
Convocatoria de manifestación Comarcal, domingo 21 de decembro, baixo o lema: "Ferrolterra contra o Xenocidio. Cos ollos postos en Gaza”.
A figura propia do Natal galego, O Apalpador, vetado no programación natalicia do “popular” Concello de Ferrol.
As Trasnas e Trasnos elegantes do Exército Rimbombante do Apalpador anuncian, unha vez máis, a chegada do Vello Carboeiro a Trasancos!
Da man de Silvia Bogo, coñecemos as vindeiras actividades que terán lugar no local social da Fundaçom Artabria.
Peche musical: SÉS “Sigo escollendo a Utopía”
Condución/edición: Ana Lucecú / Redación filispiniana.-
Participa! informativosfilispim@gmail.com (mensaxes de voz, convocatorias...) Comparte!










