Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Mostrando postagens com marcador ensino público. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador ensino público. Mostrar todas as postagens

28 setembro, 2015

Divertimento - Especial "A Radio na Escola" (25/09/2015)

Gloria, Antía, Miguel e Sabela, docentes radio-activ@s.

Edición do 25 de setembro de 2015 de "Divertimento para pequenos monstros", na Rádio FilispiM (Ferrol).

Especial "a Radio na Escola", coa participación de persoas impulsoras de diversas iniciativas en Ferrol e comarca:
  • Radio E.O.I. de Ferrol (Dpto. Portugués). Antia Cortiças. 
  • Radio C.E.I.P. Isaac Peral. (Ferrol) Gloria Martínez Quintián
  • Radio I.E.S. Breamo (Pontedeume). Miguel R Carnota
  • Radio Escola Rural de Lago (Valdoviño). Sabela Díaz Regueiro. 
Apresentan: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro

25 janeiro, 2015

Divertimento - Queremos Galego_Semente Trasancos_Lingua galega, a debate 3/01/2015

Carlos Outeiro, Mané "Sacha na Horta",  Rosa Grillé e Ana Fernández.

Venres 23 de xaneiro de 2015, dúas horas de DIVERTIMENTO PARA PEQUENOS MONSTROS (Rádio FilispiM, 93.9 FM). Menú especial: "LINGUA GALEGA".
Contidos:
  • Proxecto escola ensino en galego, SEMENTE TRASANCOS. Festival "Músicas para a Semente". Domingo de 25 de xaneiro de 2015, Auditorio de Narón. No estudio, Rosa Grillé. Vía teléfono, Marcos Abalde. 
  • Manifestación QUEREMOS GALEGO. Na defensa da lingua propia do país, domingo 8 de febreiro de 2015, Compostela. No estudio, Carlos Outeiro. 
  • COLOQUIO-DEBATE sobre a situación da nosa lingua, coa presenza no estudio de: 
              - Carlos Outeiro (Queremos Galego e Mesa Pola Normalización Lingüística).
              - Rosa Grillé (Semente Trasancos e mestra do CPI de Pazos).
              - Mané (da banda galega Sacha na Horta).
              - Ana Fernández (integrante da Fundaçom Artábria).

No transcorrer do coloquio-debate ouviimos voces rexistradas nunha enquisa a persoas universitárias de Ferrol, sobre o uso do galego.




Conducen: Ana Lucecú e Pequeno Monstro.
Producción: Ana Lucecú, Pequeno Monstro, Ana Fernández.
Emisión en Ferrolterra: Rádio FilispiM, 93.9 FM, libre e comunitária da Terra de Trasancos (Ferrol).
En Compostela: Rádio Kalimera, 107.9 FM, libre.
+ info: http://pequenosmonstros.blogspot.com

01 novembro, 2014

DIVERTIMENTO - Pablo Portero, mostra audiovisual - Especial "Crianza Natural" (alternativas ao sistema educativo oficial)

Parte das persoas participantes no especial "Crianza Natural."

Edición do venres 31/10/2014 de Divertimento para pequenos Monstros (Rádio FilispiM, 93.9 FM). Dúas horas de contiudos certamente monstrosos...

Neste programa:
  • Conversamos con PABLO PORTERO, quen proxectou unha mostra dos seus TRABALLOS AUDIOVISUAIS na noite de defuntos de 2014, en "El Cafeito de Gloria", R/Sol, 199 e nos falou dos seus proxectos máis inmediatos...
  • ESPECIAL "CRIANZA NATURAL" (alternativas ao sistema educativo ofical das crianzas). Cris, Marta e Ana Rosa (nais de nen@s non escolarizdxs) e Ana (nai dun neno escolarizado a distancia), contáronnos as súas experiencias canto esta forma de xestión da educación d@s seus fill@s fóra das áulas, do Sistema. Pola súa banda, Carlos de Franciso (sicólogo) e Gloria (mestre de primaria nun centro público) analisaron a cuestión desde un ponto de vista profesional entrando en conversa coas nais.


Apresenta: o Pequeno Monstro. Este programa non tiver sido posíbel sen a colaboración e o traballo de produzón previo de Ana Fernández.
Difunden: Rádio Radio Filispim 93.9FM e A Kalimera Rádio Livre
+ info: http://pequenosmonstros.blogspot.com

13 novembro, 2013

O Recuncho nº 163


Mércores, 13 de Novembro de 2013, de 19,00 a 20,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12 hs e Xoves de 2 a 3 madrugada.
“O Recuncho” nº163 , programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos:
Invitados: Marichy Cuadrado e Celso Posada, que falarán da nosa compañeira Victoria e da Folga do Ensino.
A Exposición “Man, o alemán de Camelle” que se inaugura o vindeiro venres, dia 15.
O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: ”Victoria, Victoria ”
Na “Sección Poética” de Lorena Calaza: Maite Dacosta
Os libros recomendados, espazo de Víctor G. Novás
Novas e comunicados, por Fernando Ocampo.
Música: Lou Reed.
Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com
e-mail: fucobuxan@gmail.com – telefº directo: 981371040

20 fevereiro, 2013

NOVAS LOCAIS. Ensino Público: xornadas de folga e loita na súa defensa.



Ensino Público: xornadas de folga e loita na súa defensa. 

Estes días centos de milleiros de estudiantes se manifestaron en contra da paradóxicamente coñecida coma "Ley Orgánica para la Mejora de la Calidad Educativa (LOMCE)", máis coñecida coma a "Lei Wert". 

Estes son algúns dos recortes que até agora afectaron ao Ensino Público, refrendados polas políticas conservardoras e dereitistas do Goberno do PP, en datos do pasado ano 2012:
  • Recorte de 13.000 docentes nos centros de Ensino Público, para unha poboación estudiantil que medrou, no conxunto do Estado, en máis de 800.000 alumnos.
  • Reducción media do salario dun 25% aos profesionais do Ensino Público.
  • Recorte dun 50% da cantidade destinada a bolsas de estudios (becas).
  • Incremento do prezo dos artigos escolares do 4 ao 21%
  • Incremento das taxas que, nalgunha comunidade aumentaron un 66%  (...)
Ir a descargar

Redacción de informativos de RFM.
Related Posts with Thumbnails