Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Mostrando postagens com marcador Programas. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Programas. Mostrar todas as postagens

31 outubro, 2019

Fundido a Negro, falamos de cine á nosa maneira

Hai unhas semanas comezou na nosa emisora Fundido a Negro, un espazo adicado ao séptimo arte dende unha perspectiva moi persoal. Aos micrófonos atópanse María Aneiros e Daniel Sanmartín, dous amantes do cine coa vontade de dar voz ao lado menos comercial da industria cinematográfica. Estreas, pequenas proxeccións, debates, entrevistas a profesionais do sector e todo tipo de proxectos audiovisuais, dende os máis amateur aos máis profesionalizados, danse cita cada xoves ás 20.15 en Rádio FilispiM. Tamén podedes escoitalos na súa canle de Ioovx e seguilos nos seus perfís de Facebook e Instagram.

Para os máis despistados aquí vos deixamos o episodio da semana pasada, no que os nosos novos compañeiros falaron coa actriz e presentadora Isabel Blanco e fixeron un repaso das películas que, para ben ou para mal, fixeron historia por ter batido algún que outro récord.

Recordade, tedes unha cita cos proxectores e claquetas cada xoves ás 20.15 no 93.9 da FM.


10 fevereiro, 2019

FilispiM Vai ao CEIP Cruceiro de Canido 29-01-2019


O pasado martes 29 de xaneiro, Radio Filipim achegou o seu estudio, nun novo programa do FilispiM Vai, ao centro educativo CEIP Cruceiro de Canido para falar con toda a comunidade educativa que traballan dende este colexio por e para os/as nenos/as. Durante dúas horas falamos co profesorado dos proxectos nos que anda involucrado, das súas actividades, das necesidades e de todo aquelo que acontece dentro das paredes deste coelxio.

07 outubro, 2018

Programa do Colectivo OPAII do 30 de setembro de 2018


O Programa do Colectivo OPAII, volta  ás ondas filispinianas pero muda as súas emisións aos domingos entre as 19 e 20 horas, despois da celebración das nosas asambleas filispinianas. A repetición do mesmo será os mércores ás 12 do mediodía.

Neste primeiro programa do curso radiofónico 2018/2019, Chelo, Pedro, Vicente Cholo e Fran, fan un repaso do obxectivo principal deste programa, da súa finalidade e sobre todo, da necesidade da volta deste programa de produción propia.


31 maio, 2018

FilispiM Vai ao IES Montojo 25 maio 2018


O Venres 25 de Maio de 2018 ás 11:00h da manhá , Rádio FilispiM foi à Biblioteca do IES Montojo de Ferrol para realizar um novo programa de rádio ao vivo no que falamos com a comunidade educativa do centro que nos mostrarom o funcionamento e projectos nos que trabalham, escoitamos música en directo interpretada polas alumnas e muitas mais coisas.

09 dezembro, 2017

UNHA TARDE NO MUÍÑO

Programa Nº 6. Luns 4 de decembro de 2017

Escoitando Barrio Alto, interpretado por Carlos do Carmo, comeza a emisión do programa, para dar paso a Roberto Taboada, presidente da Asociación Veciñal que informa sobre as novas que estes días están pasando en Canido. Salientar as referencias ao pasamento do antigo presidente da Asociación de Veciños, Sr. Prego e tamén o resumo do emotivo acto, homenaxe a Antón Varela con motivo da inauguración do monumento e nomeamento do parque que agora leva o seu nome. 

Libros, creadores e lectores foi o cerne do faladoiro da segunda parte do programa. Como invitados participaron Antón Cortizas, Henrique Dacosta e Rafa Aguirrebengoa.
Debate de Antón e Henrique arredor do proceso de creación dunha obra literaria. O autor diante da folla en branco , os motivos que levan á dedicación de escribir, os premios, o sentimento íntimo diante da obra rematada, os autores e as influencias externas… Voaron palabras de dous recoñecidos autores de Canido con obras universais.

E logo a recreación que da obra do creador fai o lector. Rafa achegounos ao amor que sempre sentiu polos libros e as súas lecturas, dende o Julio Verne da súa infancia ata os miles de libros que hoxe le e coida con agarimo. Tamén informa Rafa da biblioteca que  están formando en Muíño do Vento. Biblioteca feita con doazóns e coa especificidade de ter preto de dous mil libros en galego ou con temática relativa a Galicia. Esta Biblioteca pasará a formar parte, xunto cos fondos que aporte a Asociación Veciñal, dunha única  Biblioteca de Canido.
George Moustaqui despediu o programa nº 6.

UNHA TARDE NO MUÍÑO

Programa Nº 5. Luns 20 de novembro de 2017

Programa monográfico co título Violencia de xénero nunca máis .
Asisten ao programa Chus Prieto, traballadora social e docente de teatro, Ana Cobo, Psicóloga experta en igualdade, Inés Bouza, Presidenta de Alvixe (Asociación para a loita contra a violencia de xénero), Noelia Darriba, educadora social e terapeuta, socia fundadora de Atalaia, Verónica Cinza, socia e usuaria de Alvixe.

Tamén tivemos en directo a Maite Dacosta, cantante, actriz docente de teatro. Maite comezou o programa coa interpretación da canción Certo pan de cada día.

Debate sobre a denominación correcta concluíndo todas as presentes en que a denominación máis correcta é Violencia machista.

Xustificación da data, actos a celebrar na comarca, implicación das administracións, fiabilidade de campañas e números, proceso  da violencia…e unha hora de debate que quedou curta.

Debate dende a razón e dende o corazón. Maite pechou a emisión deste emotivo programa coa canción Minoría Mulher.

UNHA TARDE NO MUÍÑO

Programa Nº 4. Luns 6 de novembro de 2017

Programa que tiña como finalidade escoitar novas ideas e novas propostas  aportadas por novos realizadores do audiovisual de Galicia e tamén escoitar novas ideas e novas propostas dende a mocidade que hoxe está nos nosos Institutos. 
A canción Carteiro em Bicicleta de Joao Afonso foi motivadora para a presentación dos participantes. 
Para falarnos do mundo do Audiovisual galego contamos con Brais Romero e Antón Rodríguez, realizadores e recoñecidos novos valores do mundo audiovisual galego. O mundo da mocidade estudantil estivo representado por Carla Mosquera, Cristina Vidal e Verónica Vázquez.

Expuxeron Brais e Antón as súas apreciacións  sobre a definición, situación, produción,… do audiovisual no noso País. Asemade propostas sobre encontros e festivais, a distribución, uso da Lingua e a implicación das Administracións …

Carla, Cristina e Verónica, alumnas do IES Canido, nunha linguaxe clara e directa aportáronnos a visión dunha xuventude vital e lonxe de estereotipos.

Das  Wander do compositor Schubert foi a música de despedida desta cuarta emisión

UNHA TARDE NO MUÍÑO

Programa Nº 3. luns 23 de outubro de 2017

Abriuse esta emisión escoitando o 1º movemento da Sinfonía nº 2  Nas montañas de Galicia  do compositor Andrés Gaos. 

Música que, unha vez presentados os convidados Roberto Taboada, Camilo Casal e Paulino Gasalla, serviu para abrir os novos obradoiros de medio ambiente e historia. 

Roberto Taboada falou das novas da Asociación Veciñal de Canido, 
Pasouse logo a debater entre os presentes a situación pasada a semana anterior, cando o lume arrasou 35.000 hectáreas dos montes galegos.

Camilo Casal continúa o obradoiro medioambiental. Respostas a moitas preguntas sobre un tema tan actual como é o cambio climático, causas e consecuencias.

Paulino Gasalla dende o Obradoiro de historia, achegounos a figura de Alejandro Porto Leis e todo o laborioso proceso de investigación arredor do que foi último Alcalde Democrático do Concello de Serantes. Traballo de investigación que deu como resultado un documental, O segredo da Frouxeira, e un libro Alejandro Porto Leis. Un Alcalde para o pobo en tempos escuros, editado pola ASC Muíño do Vento.

Remate da emisión escoitando o poema Ergueremos a Espranza de Celso E. Ferreiro  na voz de Suso Vaamonde.

 

UNHA TARDE NO MUÍÑO

Programa Nº 2. Luns 9 de outubro de 2017

Programación arredor do Urbanismo que contou coa presencia de Roberto Taboada, presidente da Asociación Veciñal de Canido, María Fernández Lemos, Concelleira de Urbanismo en Ferrol, Juan Ares Gondell, enxeñeiro Industrial de Urbanismo no Concello de Ferrol e Andrés Santalla, profesor do IES Canido e coñecedor e divulgador da figura de Tonucci. Presenta Roberto Taboada as novas actividades que se están a realizar na Asociación Veciñal e pásase ao debate sobre Urbanismo.

Dende unha visión das novas tendencias no urbanismo universal, pasando polo urbanismo en Galicia e Ferrol, ata chegarmos ao debate arredor do urbanismo no barrio de Canido. Da necesidade de achegar o urbanismo as novas tendencias internacionais, de aplicar en Galicia as medidas necesarias para a corrección de desfeitas urbanísticas, das apostas sobre un urbanismo ferrolán que sen esmorecer no pasado teime por un urbanismo do noso século, ata as propostas para o barrio de Canido (comunicación que permita mobilidade e encontro do barrio co Centro, posibles aparcadoiros, Casa Chalé, Antiga Residencia, Centro Cívico, Rúa Celso Emilio, Novo Parque Antón Varela…). Necesidades dun Barrio que necesita dun novo Plan Urbanístico continuador do Urban.

Presentación do Camiños Escolares e a necesidade de incluír esta proposta nunha nova visión urbanística centrada nunha Cidade para os Nenos.

Na Rúa do Silenzo, Alalá das Mariñas, Os meninos de Huambo (con recitado de Magdalena, alumna do IES Canido) formaron o acompañamento musical deste programa.



08 dezembro, 2017

UNHA TARDE NO MUÍÑO

Programa nº 1. luns 25 de setembro de 2017


Primeiro programa que tiña como obxectivo fundamental a presentación da ASC. MUÍÑO DO VENTO e explicar as razóns desta nosa presencia en Radio Filispím.

Contamos para elo coa asistencia no estudio da presidenta, Carmen Cuesta e dos vogais Rafael Rodríguez e Roberto Taboada. Presentou César Pita e na parte técnica estiveron Pepa Evia, María Xosé Ballesteros, e supervisión e apadriñamento de Fran.

Pequena introdución musical, O barco vai de saída, e pasouse ao debate entre os asistentes sobre a necesidade de lograr outra información que vaia máis aló da que acotío nos dan os medios convencionais. Chégase a conclusión da necesidade de estar sempre naqueles medios informativos libres, colaborando e prestando canta axuda sexa necesaria. Outra información é posible e agora mesmo imprescindible.

Preséntanse as programacións de Muíño do Vento e coas raíces na Terra, inxírense estas programacións no barrio de Canido.

ASC MUÍÑO DO VENTO agradece a Radio Filispín esta posibilidade de espallar as súas programacións  dende o seu dial (93.9)  e expresa os seus desexos de longa vida á Radio Libre e Comunitaria da Terra de Trasancos.

Pechamos debate, pechamos portas e xanelas do Muíño e despedímonos con Fausto e a súa proposta de.... Navegar, navegar

24 maio, 2017

64º Programa Entrelazados [14º - 3T] [Fin de Tempada]

Música Galega: Temas do concerto acústico de Sés celebrado no local da Fundaçom Artábria a primeiros deste mes de maio. Temas: [Dous mil anos máis][Tempestades de Sal][Dúas Lúas][Semente de Vencer]. O Cantor de Jazz: Sección de música e cine con Carmen Sixto: O tema de hoxe [O cine de animación galego]. Músicas de Brasil e Outras Terras: Sección de Eugenia Sanmartín. O tema de hoxe [Elis Regina].
    
Programa divulgativo en Lingua Galega, coordinado e conducido por Xurxo Gago. Email: entrelazadosnasondas@gmail.com Twitter: @EntrelazadosRF Blog: http://entrelazadosnasondas.blogspot.com Subscripción ao Podcast:http://www.ivoox.com/s_p2_134729_1.html Emisións: Ao vivo, mércores de 21:00 a 22:00 h. Reposicións: Madrugada do xoves ao venres de 02:30 a 03:30 h., domingos de 09:00 a 10:00 h. da mañá. Podedes visitar a web http://agora.gal/podgalego/ onde poderedes escoitar todos programas emitidos e moitos máis podcast en lingua galega.

10 maio, 2017

63º Programa Entrelazados [13º - 3T]

Reminiscencias do noso pasado: Escoitamos [II Parte] da conferencia do historiador Eliseo Fernández que trata sobre o movemento obreiro e o limiar das Irmandades da Fala, unha conferencia organizada pola Fundaçom Artabria co gallo do centenario das Irmandades da Fala de Ferrol. O Cantor de Jazz: Sección de música e cine con Carmen Sixto: O tema de hoxe [O Jazz no Cine]. Músicas de Brasil e Outras Terras: Sección de Eugenia Sanmartín. O tema de hoxe [Espazo de Reflexión].
    
Programa divulgativo en Lingua Galega, coordinado e conducido por Xurxo Gago. Email: entrelazadosnasondas@gmail.com Twitter: @EntrelazadosRF Blog: http://entrelazadosnasondas.blogspot.com Subscripción ao Podcast:http://www.ivoox.com/s_p2_134729_1.html Emisións: Ao vivo, mércores de 21:00 a 22:00 h. Reposicións: Madrugada do xoves ao venres de 02:30 a 03:30 h., domingos de 09:00 a 10:00 h. da mañá. Podedes visitar a web http://agora.gal/podgalego/ onde poderedes escoitar todos programas emitidos e moitos máis podcast en lingua galega.

03 maio, 2017

62º Programa Entrelazados [12º - 3T]

Reminiscencias do noso pasado: Escoitamos ao historiador Eliseo Fernández [I Parte] que tratará sobre o movemento obreiro e o limiar das Irmandades da Fala, unha conferencia organizada pola Fundaçom Artábria co gallo do centenario das Irmandades da Fala de Ferrol. O Cantor de Jazz: Sección de música e cine con Carmen Sixto: O tema de hoxe [Cabaret e Cotton Club]. Músicas de Brasil e Outras Terras: Sección de Eugenia Sanmartín. O tema de hoxe [DJavan].

Programa divulgativo en Lingua Galega, coordinado e conducido por Xurxo Gago. Email: entrelazadosnasondas@gmail.com Twitter: @EntrelazadosRF Blog: http://entrelazadosnasondas.blogspot.com Subscripción ao Podcast:http://www.ivoox.com/s_p2_134729_1.html Emisións: Ao vivo, mércores de 21:00 a 22:00 h. Reposicións: Madrugada do xoves ao venres de 02:30 a 03:30 h., domingos de 09:00 a 10:00 h. da mañá. Podedes visitar a web http://agora.gal/podgalego/ onde poderedes escoitar todos programas emitidos e moitos máis podcast en lingua galega.

02 maio, 2017

FilispiM Vai a Canido o Venres 5 de Maios


Escoita e mira a gravación dun programa de radio ao vivo no que contaremos con asociacións e persoas que viven e teñen o seu centro de actividades neste barrio mítico da cidade de Ferrol. O Venres 5 de Maio ás 18:00h no vestíbulo do Centro Cívico de Canido, Ferrol. 

O programa emitirase no 93.9 da FM e por internet, o Sábado 7 de Maio ás 19:00h.


Axúdanos a compartir este evento nas redes sociais!!

05 abril, 2017

61º Programa Entrelazados [11º - 3T]

O Monográfico: Monográfico sobre os Mártires de Carral. Música Galega: A Quenlla [Abril de lume e ferro]. O Cantor de Jazz: Sección de música e cine con Carmen Sixto: O tema de hoxe [Os Irmáns Marx]. Músicas de Brasil e Outras Terras: Sección de Eugenia Sanmartín. O tema de hoxe [Calinhos Braun (Reposición)]. Música Galega: Os Ulträqäns - Fia na Roca [O Quer que lle quer].

Programa divulgativo en Lingua Galega, coordinado e conducido por Xurxo Gago. Email: entrelazadosnasondas@gmail.com Twitter: @EntrelazadosRF Blog: http://entrelazadosnasondas.blogspot.com Subscripción ao Podcast:http://www.ivoox.com/s_p2_134729_1.html Emisións: Ao vivo, mércores de 21:00 a 22:00 h. Reposicións: Madrugada do xoves ao venres de 02:30 a 03:30 h., domingos de 09:00 a 10:00 h. da mañá. Podedes visitar a web http://agora.gal/podgalego/ onde poderedes escoitar todos programas emitidos e moitos máis podcast en lingua galega.

29 março, 2017

60º Programa Entrelazados [10º - 3T]

Apuntamentos de Lingua Galega: Campaña [En galego sen límites. Non aos recortes ao galego], unha campaña da Mesa Pola Normalización Lingüística. Música Galega: Saraibas [Os Aproveitoados da Fala]. O Cantor de Jazz: Sección de música e cine con Carmen Sixto: O tema de hoxe [Mulleres de Cine]. Músicas de Brasil e Outras Terras: O tema de hoxe [Noel Rosa]. Música Galega: Arredemo [Longa Noite de Pedra]. 
Programa divulgativo en Lingua Galega, coordinado e conducido por Xurxo Gago. Email: entrelazadosnasondas@gmail.com. Twitter: @EntrelazadosRF Blog: http://entrelazadosnasondas.blogspot.com Subscripción ao Podcast:http://www.ivoox.com/s_p2_134729_1.html Emisións: Ao vivo, mércores de 21:00 a 22:00 h. Reposicións: Madrugada do xoves ao venres de 02:30 a 03:30 h., domingos de 09:00 a 10:00 h. da mañá. Podedes visitar a web http://agora.gal/podgalego/ onde poderedes escoitar todos programas emitidos e moitos máis podcast en lingua galega.

FilispiM Vai ao CPI Atios de Valdovinho 24-03-2017


Rádio FilispiM foi ao CPI Atios de Valdovinho o passado Venres 24 de Março de 2017, falamos do passado, presente e futuro da escola com o equipo humano da escola, bedeis, cocinheiras, direcçom, mestres e mestras, alumnos e alumnas, ate com um grupo de música que se formou no proprio colegio.

22 março, 2017

59º Programa Entrelazados [9º - 3T]


As Minientrevistas: Entrevista a Antón Rodríguez e Xosé María Dobarro sobre a vida do ilustre profesor Don Ricardo Carvalho Calero e o documental dirixido por Antón sobre a vida do literato ferrolán co título "Vieiros de Esperanza". O Cantor de Jazz: Sección de música e cine con Carmen Sixto: O tema de hoxe [katharine hepburn]. Músicas de Brasil e Outras Terras: O tema de hoxe [X Semana da Poesía Salvaxe].
Programa divulgativo en Lingua Galega, coordinado e conducido por Xurxo Gago. Email: entrelazadosnasondas@gmail.com. Twitter: @EntrelazadosRF Blog: http://entrelazadosnasondas.blogspot.com Subscripción ao Podcast:http://www.ivoox.com/s_p2_134729_1.html Emisións: Ao vivo, mércores de 21:00 a 22:00 h. Reposicións: Madrugada do xoves ao venres de 02:30 a 03:30 h., domingos de 09:00 a 10:00 h. da mañá. Podedes visitar a web http://agora.gal/podgalego/ onde poderedes escoitar todos programas emitidos e moitos máis podcast en lingua galega.

15 março, 2017

58º Programa Entrelazados [8º - 3T]


Música Galega: Lidia Botana e Xurxo Souto [Nunca choveu]. As Minientrevistas: Entrevista a Gabriela Sánchez Cortizas, profesora de inglés do instituto de Mugardos, para falarnos do programa Piale de estadía no estranxeiro. O Cantor de Jazz: Sección de música e cine con Carmen Sixto: O tema de hoxe [Queen no Cine] Temas: [Flash Gordon], [Princes Of The Universe], [Moulin Rouge]. Música Galega: MJ Pérez [Morder a Lingua].
Programa divulgativo en Lingua Galega, coordinado e conducido por Xurxo Gago. Email: entrelazadosnasondas@gmail.com. Twitter: @EntrelazadosRF Blog: http://entrelazadosnasondas.blogspot.com Subscripción ao Podcast:http://www.ivoox.com/s_p2_134729_1.html Emisións: Ao vivo, mércores de 21:00 a 22:00 h. Reposicións: Madrugada do xoves ao venres de 02:30 a 03:30 h., domingos de 09:00 a 10:00 h. da mañá. Podedes visitar a web http://agora.gal/podgalego/ onde poderedes escoitar todos programas emitidos e moitos máis podcast en lingua galega.

10 março, 2017

FilispiM Vai... á Libraría Rosetta 17-02-2017



O pasado venres 17 de febreiro de 2017 ás 18:00 h. tivo lugar unha nova edición do "FilispiM Vai", unha iniciativa do colectivo Opaii-Rádio FilispiM para achegar esta emisora libre e comunitaria da comarca de Trasancos a distintos centros educativos, entidades sociais e puntos culturais da súa contorna.
Desta vez gravouse o programa ao vivo na Librería Rosetta, sita no número 69 da Rúa Magdalena, coa participación de xente de editoras, librarías, historiadoras, coleccionistas ... e a música ao vivo dos Weather Undergrund.


Related Posts with Thumbnails