Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Mostrando postagens com marcador Premios Luceira de Comunicación Social. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Premios Luceira de Comunicación Social. Mostrar todas as postagens

30 abril, 2014

Rádio FilispiM nominada aos Premios Luceira de Comunicación Social de Galicia.


O Colectivo Opaii!-Rádio FilispiM vén de ser nominado aos Premios Luceira de Comunicación Social de Galicia.

Convocados por a Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento xunto coa Rede Galega contra a Pobreza (EAPN-Galicia), o Comité de Entidades Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (CERMi Galicia), a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO) e Asemblea de Cooperación pola Paz(ACPP), coma entidades do Terceiro Sector que apostan por iniciativas de comunicación con vocación social.

O obxectivo dos Premios Luceira é "visibilizar e poñer en valor propostas de comunicación en Galicia que están a dar cobertura ás temáticas do eido social baixo un enfoque de calidade, análise, reflexión e participación da sociedade. Ademais, con este premio pretendemos motivar aos distintos medios de comunicación galegos a reflexionar sobre o tratamento informativo que están a dar actualmente sobre as temáticas sociais, aquelas que afectan directamente ás vidas das persoas."

Como votar pola candidatura de Rádio FilispiM?. Até o 30 de abril, ao través deste enlace: https://docs.google.com/forms/d/1QuGvMx9tvQj78420_sUDCkekoWWQjZDOtcRpD-8gBTc/viewform

+ info: http://galiciasolidaria.org/contenido.php?idget=noticias&id=not20140404103010

Difunde esta nova!!

Obrigad@s!!

30 setembro, 2005

Festa e Programa Especial comezo de emisións Rádio FilispiM.

Rádio FilispiM, a emisora libre e comunitária da Terra de Trasancos argallada polo colectivo OPAII!! xa está a emitir en probas dende Ferrol ao través do 93.0 da FM, dende o pasado mes de agosto de 2005.

O martes 11 de outubro de 2005 desde as 17hs emitiremos ao través de dito punto do dial, un programa especial de presentación da nosa primeira grella [2005/2006].

Ademáis, desde as 22hs, festa celebración de inico das emisións de Rádio FilispiM no local da Fundaçom Artabria na Travessa de Batalhons nº7, Ferrol.

Lembra que se queres fazer un programa en Rádio FilispiM, debes enviarnos unha proposta ao través de: filispina[arroba]gmail.com

Related Posts with Thumbnails