Pesquisar neste blog

Mostrando postagens com marcador O Programa do Colectivo. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador O Programa do Colectivo. Mostrar todas as postagens

04 dezembro, 2025

Programa Especial "Festa XX Anos da Rádio FilispiM" (2005-2025)


BATALHA

ECO

Rádio FilispiM comezou emitir o 27 de agosto de 2005 desde o Ateneo Ferrolán. Neste 2025 vén de cumprir VINTE anos de emisións. O pasado sábado 15 de novembro de 2025 o Colectivo Opaii! celebrámolo cunha Festa en comunidade no CC de Canido, espazo que actualmente acolle a radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos.  A Festa, ademáis, servíu para presentar o novo punto do dial da Rádio FilispiM, 102.3 FM

No descorrer da xornada de houbo un xantar de confraternización das diversas xeracións "filispinianas". Xa na tarde, concerto das bandas locais BATALHA (indie) e ECO (rock), que presentaban, por vez primeira, cadansúas formacións. 

Ademáis, realizouse un programa de radio en directo de catro horas e 18 min. que agora vos oferecemos, con entrevistas a persoas que pasaron pola Festa e rexistro do son ambiente dos concertos de BATALHA e ECO e da pinchada do Dj. Pepe Cunha.

Opaii! Rádio FilispiM, 2005-2025

03 dezembro, 2025

O Faladoiro, 16 - Dereito A Comunicar / Liberdade de Expresión

Henrique Sanfiz (dereita) en O Faladoiro

Na edición nº 16 de "O Faladoiro da FilispiM" (2/12/2025) falamos do Dereito a Comunicar, da libre expresión e os seus limites, da situación de desamparo legal dos medios libres e comunitarios no Estado español, das loitas acadadas polos medios de comunicación local e os seus novos retos, do monopolio dos medios de comunicación de masas e do Capital, das condicións de traballo das profesionais da comunicación (nomeadamente da CRTVG), do estello informativo na era da internet e redes sociais, das fake news, bulos e dos novos apóstolos de difusión da desinformación.

Agardamos, cando menos, que os contidos que vos oferecemos posúan o rigor suficiente como para manter a vosa atención durante os vindeiros 90 minutos.

Convidadas:
- Henrique Sanfiz -director de Radio Fene (RadioFusión)
- Javier H. Rodríguez -xornalista de El Salto Diario

Persoal do faladoiro:
- André pequenomonstro / Joaquín Enríquez (condución)
- Vicente, Cesio, Inacio, Chelo
Técnico de son: Antonio

14 novembro, 2025

O Faladoiro nº15 - Mudanzas horarias

O Faladoiro, falando do tempo
 

Na edición nº 15 de O Faladoiro, conversamos sobre Cambio de horario. 

Para profundar nesta cuestión, que tanto nos afecta a todas e todos ano tras ano, convidamos a Paulino Gasalla Aller, mariño mercante e profesor de instituto e, até hai pouco, responsábel da sección de  astronomia da SGHN. Falamos dos fusos horarios e os efectos na saúde de vivir fóra do horario solar. Ademais, nos preguntamos sobre o sentido (ou sen sentido) de mudanza de hora duas veces ao ano...

Equipa Faladoiro: Cesio, Vicente, Chelo.

Convidado: Paulino Gasalla Aller.

30 outubro, 2025

O Faladoiro nº 14 - Intelixencia Artificial (I.A.)

Salvador Naya, no centro da imaxe


O Faladoiro, nº 14 - Intelixencia Artificial (I.A.)

Conscientes de que a Intelixencia Artificial (I.A.) caeu nas nosas vidas de forma definitiva e crecente, no Faladoiro sabiamos que debiamos dedicarlle un programa. Son moitas as expectativas positivas que a I.A. oferece, pero non son menos os riscos que entraña

Para dialogar sobre iso e conscientes, outra vez, das nosas limitacións, no noso Faladoiro decidimos convidar a dúas persoas expertas. Por unha banda Salvador Naya, catedrático da área de Estatística e Investigación Operativa do Departamento de Matemáticas da UdC, exvicerrector de política científica, investigación e transferencia e por outra Verónica Bolón, Enxeñeira e Doutora en Informática, profesora titular da UdC no departamento de ciencias da computación e tecnoloxías da UdC, e que dirixe nestes momentos a Cátedra UDC-Inditex de I.A. en Algoritmos Verdes.

Con axuda deles fomos debullando os diversos aspectos da I.A., desde os máis espectaculares i entendibles ata outros máis complexos que coas súas explicacións “casi” chegamos a entender. Sí quedou moi claro por parte de ámbolos dous, e dos participantes de Radio Filispim, da necesidade de que a ética e o respecto polos seres humanos, a biodiversidade e o medio ambiente en xeral debe presidir calquera avance e uso da I.A.

Equipa filispina nos micros: Vicente, Chelo, Joaquín, Cesio.
Convidadas: Salvador Naya, Verónica Bolón (vía tfno).
Produción e postprodución: Rádio FilispiM / Colectivo Opaii!

* Este programa foi realizado íntegramente por persoas humanas, na súa irreplicable imperfección.

01 outubro, 2025

O Faladoiro nº 13 - Memoria Histórica

Iñaki Bergaretxe e Eliseo Fernández, entre a equipa do Faladorio.
 

O Faladoiro Nº 13 (30/9/2025)

Un achegamento á Memoria Historica.-

Convidamos a dous recoñecidos historiadores Eliseo Fernández e Iñaki Bergaretxe, cos que procuramos entender os procesos sociais e politicos que marcaron o presente proporcionando unha ancoraxe que conecta o pasado e futuro.

Bótese en falta unha maior implicación nos plans de estudos da memoria historica coma unha ferramenta fundamental en procesos de xustiza transicional, xa que permite recoñecer e reparar os danos causados por conflitos e réximes ditatoriais.

Reclamase a celebración dun día o ano, na procura non so da lembranza de feitos, senón do seu significado social e subxectivo, creando unha ponte entre o pasado e o presente para forxar a identidade e orientar o futuro.

Cómpre continuar a debater e lembrar momentos de grande significado histórica en Ferrolterra.

Produción e postprodución: Rádio FilispiM.

Participan: Inacio, Vicente, Cesio, Chelo.

Convidados: Eliseo Fernández Fernández, Iñaki Bergaretxe Urdanpilleta.


28 agosto, 2025

Filispim vai... ao Museo Océano Surf de Valdoviño (24/07/2025)


O pasado 24 de xullo de 2025 Rádio FilispiM foi ao Museo Océano Surf de Valdoviño (A Coruña).
Participaron: Alberto González, Jesús Busto, Jacobo Suárez, Carola Casal e OSM Valdoviño.
Conduciron: Vicente e Chelo. Joaquín estivo na realización técnica. Produción: Rádio FilispiM.

Escoita aquí o programa completo:

17 julho, 2025

O Faladoiro, nº 11. Un achegamento á Mocidade.


O Faladoiro Nº 11 (15/7/2025)

Un achegamento á Mocidade.

Despois de abordar distintos temas no Faladoiro decidimos adicar un programa a debater sobre a mocidade, convidando a tres persoas que cremos responden a esta perfil. Ademaís, algunhas das persoas condutoras do espazo lembran as súas vivencias naquela etapa vital e circunstancias socioculturais naquela altura na Galiza e España, marcando diferenzas co momento actual.

Despois da súa presentación, a mocidade convidada (Celia, Laura e Xaquín) relatan cales son as súas circunstancias persoais e como non son alleos ao momento social que lles toca vivir. Fáise referencia aos datos que recolle o “Informe Mocidade en España 2024”, unha radiografía das persoas mozas que permite observar os cambios na mocidade nas ultímas catro decadas. Ademáis, falamos do estudio do historiador Steven Forti quen sostén que “Entre os venes a insatisfación leva a un rexeitamento da democracia” e como nalgunhas enquisas se cuestiona "democracia forte ou ecomomia forte", observando tendencias que comezaron mesmo antes da crise de 2008, nas que se valora a economía por riba da democracia.

Como acontece en moitos "Faladoiros" nalgúns momentos o debate foi acalorado o que fixo que as participantes deixaran constancia da súa opinion, mesmo promoveran debates a desenvolver en futuros programas.

Como proposta de futuro apóstase por un mundo no que se produza un maior coñecemento das loitas sociais acadadasunha sociedade máis empática, a necesidade da colectivización e un achegamento ao mundo rural.

Participan: Alexandre, Vicente, Cesio e Chelo.

Convidadas: Laura Couto, Celia Moreno e Xaquín Morillo.


07 maio, 2025

O Faladoiro Nº 7 - Participación cidadá

O Faladoiro da FilspiM


O Faladoiro Nº 7 (6/5/2025).-

Nesta ocasión falamos de participación cidadá. Como convidados acuden Maica Rodríguez Freire e Roberto Taboada, veciños de Canido, implicados en procesos de participación.

No programa, Maica, como licenciada en ciencias políticas e da administración, especializada en xestión integral de proxectos, reflexiona sobre o concepto de "participación cidadá" e convida a identificar este proceso de interacción no cotiá da nosa vida. Pola súa banda, Roberto, como presidente da Asociacion de Veciñanza de Canido, fálanos da dinámica creada neste centro Civico e das ventaxas de outorgar á veciñanza a responsabilidade da súa xestión.

Concluimos que a participación beneficia a toda a comunidade e crea persoas con capacidade de decisión e máis libres.

Participan: Vicente, Cesio, Ignacio, Chelo.

Convidadas: Maica Rodríguez Freire, Roberto Taboada.

04 abril, 2025

O Faladoiro de FilispiM, nº 5 - O Idadismo.

Integrantes de O Faladoiro de FilispiM

Nesta edición de O Faladoiro falamos de Idadismo, da soidade non desexada, de cooperativas de vivendas...  Ademáis, contamos con voces expertas, María Fernández Lemos (arquitecta) e Manolo Castro (sicólogo). O Faladoiro é un programa en colectivo de Rádio FilispiM.

19 março, 2025

O Faladoiro, nº4 - A Ría de Ferrol

Ría de Ferrol

 O FALADOIRO DE FILISPIM -programa 4-

Neste espazo do Colectivo Opaii! falamos do estado da Ría de Ferrol, analisando as súas condicións xeolóxicas, físico-químicas e biolóxicas... da pegada da industria, da construción de infraestuturas como o Porto exterior.  

As persoas participantes lembran o disfrute integral da nosa Ría na súa mocidade. Cesio, biólogo, acredita o cambio da vida mariña. Ademáis, relaciónase a degradación Ría, con aspectos globais. En definitiva, un problema complexo que precisa concienciación social e unha abordaxe política e administrativa en profundidade e non de parches.

Participan: César, Inácio, Césio, Vicente e Chelo
Convidado: Guillermo Díaz Agrás, Xefe da Estación Biolóxica Mariña de A Graña (Ferrol).


05 março, 2025

O Faladoiro de FilispiM, nº 3 - Como vai Ferrolterra?

 

O Faladoiro de Rádio Filispim, emisión do martes 4 de marzo de 2025.

Como está, como vemos a Ferrol e a sua bisbarra hoxendía. No económico, no social, no político. Estamos ante unha recuperación ou é unha ilusión creada por certos intereses, de acordo a emocions, sensacions, desexos? En calquera caso, de ser certa ista evolución, imos polo camiño correcto ou estamos a repetir erros históricos coa montaña rusa da exclusividade do sector naval? Todas estas cuestións, e outras máis, foron plantexadas polas persoas participantes desta nova edición de O Faladoiro, un programa produción propia do Colectivo Opaii-Rádio FilispiM.

Participaron no programa: Inacio, Cesio, Vicente, César e Chelo.

21 outubro, 2018

Programa do Colectivo do 14 de Outubro de 2018

Este é o Programa do Colectivo do 14 de Outubro de 2018, neste programa entrevistamos á Plataforma pola remunicipalización e defensa dos servizos públicos do Concello de Ferrol, tamén falamos das diferentes convocatorias para esta semana e do que acordamos na assembleia deste domingo.


07 outubro, 2018

Programa do Colectivo OPAII do 30 de setembro de 2018


O Programa do Colectivo OPAII, volta  ás ondas filispinianas pero muda as súas emisións aos domingos entre as 19 e 20 horas, despois da celebración das nosas asambleas filispinianas. A repetición do mesmo será os mércores ás 12 do mediodía.

Neste primeiro programa do curso radiofónico 2018/2019, Chelo, Pedro, Vicente Cholo e Fran, fan un repaso do obxectivo principal deste programa, da súa finalidade e sobre todo, da necesidade da volta deste programa de produción propia.


06 fevereiro, 2014

FilispiM Vai... ao Cantón Vello

O venres 31 de Xaneiro a partir das 20h. no Cantón Vello, o novo programa de Rádio FilsipiM (FilispiM vai...) foi ao Cantón Vello com rádio e música ao vivo, entrevistas e mais sorpresas.
Acompanharon nos com a música Octavio García (Baixo) e Tony Torres (Guitarra).
Falamos com Narsés (sócio e trabalhador do Cantón Vello) sobre a história do Cantón Vello, con Maximino Rivas (responsable Programación do "Pinsapo"), Pedro Fernández (ex-filispino e colaborador do Diario de Ferrol), Andrés Rodríguez (traballador de Navantia e membro da USTG), Eduardo Mera (da revista "Pajaritas de papel"), Nicolás Vidal (xornalista do Diario de Ferrol e co-autor do libro "Ferroláns de Seu") e Manel (sócio e trabalhador do Cantón Vello).
  • Apresentarom o programa: Fran e Ana "LuceCu"
  • Técnicos: Miguel C. e Cholo
  • Regidor: Miguel R.

03 dezembro, 2013

FilispiM Vai... ao Manchita Cosa

O Venres 29 de Novembro de 2013, o Colectivo OPAII - Rádio FilispiM, foi com o novo programa FilispiM Vai... ao curioso local ferrolám Manchita Cosa, onde entrevistamos a diversa "fauna" e nos acomp anhou o músico argentino Gabriel Guerramayor, duas horas de rádio desde o Manchita, nom o perdades.


18 novembro, 2013

Programa do Colectivo OPAII do 15 de Novembro de 2013

Neste Programa do Colectivo OPAII do 15 de Novembro de 2013, falamos da actualidade do Colectivo e as novidades desta semana, das concentraçons de Nunca Mais e a sentencia do caso Prestige, da iniciativa sindical "Ferrolterra Esixe Solucións", Navantia, Pemex , das mortes por accidente laboral de 2 pessoas nesta semana na nossa comarca, da sandalia das CUP's, da folga de fame de Vel-a Luz, da misteriosa desapariçom de Diego, ... música e umha chamada inexperada desde o Ateneo Ferrolán.


19 outubro, 2013

FilispiM vai... ao Ateneo Ferrolán [T1 P1]

Já podes escoitar FilispiM Vai... ao Ateneo Ferrolán o pasado Venres 18 de Outubro de 2013, iniciamos esta nova andaina filispiniana, de programas colectivos ao vivo e fora do estudo filispiniano, no Ateneo Ferrolán, co músico e autor Rubén Artabe ponhendo a música ao vivo e con diferentes entrevistas que nos ajudaron a fazer umha perfeita radiografia do Ateneo Ferrolán.




18 outubro, 2013

FilispiM vai... ao Ateneo Ferrolán

O venres 18 de Outubro a partir das 20h. no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán na rúa Magdalena 202-204 (Ferrol), o novo programa de Rádio FilsipiM (FilispiM vai...) estará no Ateneo com rádio ao vivo e música a cargo de Rubén Artabe, falaremos do Ateneo Ferrolán com entrevistas e mais sorpresas.
O evento no Facebook
Que se coce no Ateneo?

03 outubro, 2013

Programa do Colectivo OPAII do 29 de Setembro de 2013


Neste Programa do Colectivo OPAII do 29 de Setembro de 2013, falamos com Jaime e Moisés, dou novos filispinianos que comezan esta semana a súa proposta de programa, "Cala e Escoita", um programa dumha hora que se dividirá en duas partes de 30min, na primeira falarase da actualidade política e na segunda pincharase umha sessiom de "House", e disso falamos, de música e política ;)





07 setembro, 2013

Programa do Colectivo OPAII do 6 de Setembro de 2013

Neste Programa do Colectivo OPAII do 6 de Setembro de 2013, falamos da próxima Sessiom Vermú, o Sábado 14 de Setembro, e também falamos dos medios de comunicaçom, o seu futuro e funçom, no mundo e mais concretamente na comarca, estiberom no estudo filispiniano Miguel Castro, Marta Corral, Iago Montes, Rubén, Xosé María e Cholo.

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]