Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Mostrando postagens com marcador 1º Maio. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador 1º Maio. Mostrar todas as postagens

09 maio, 2015

DIVERTIMENTO - Especial "Ferrol Mola en Eleccións" _ 08/05/2015

Instantanea do especial "Ferrol Mola en Eleccións".

Edición de DIVERTIMENTO para pequenos monstros do venres 8 de maio de 2015, na Rádio Filispim, 93.9 FM, libre e comunitaria dende Ferrol.

Especial, "FERROL MOLA EN ELECCIÓNS".

Coa presenza de:
  • MELI CRIADO. Comandanta en Xefa do blog: http://labocadelaria.blogspot.com
  • XABI PORTO. Comandante en Xefe de ningúen. Espazo Libertario (CNT-Unión Libertaria).
  • PEDRO FERRÁNDEZ. Comandante en Xefe do seu pensamento. Ideologo e pensador no Diario de Ferrol, no seu tempo en Rádio FilispiM, con "Aquiloquevibra".
  • ELENA. Comandante en Xefa da súa natureza. Integrante da Sociedade Galega de Historia Natural, cantante de samba, boas vibracións.
Neste program xuntamos a persoas para falar de política con maiúsculas, que é como fala a xente do pobo. Así, Meli contounos máis da Ria de Ferrol, do Porto e do seu blog (La Boca de La Ría) onde a Ría, coma ser vivo de natureza rebelde que é, toma a palabra. Elena, lembrou a Manolo de Vite, ser humano que soubo pasar polas persoas e terras que camiñou, integrante da Sociedade Galega de Historia Natural. Xabi, falou do 1º de Maio e Pedro pensou en Ferrol. Despois, entre tod@s falamos do inicio da campaña eleitoral en Ferrol... e así pasaron case dúas horas con xente que fala de corazón.

Apresentan e conducen: Ana Lucecú e Pequeno Monstro.

03 maio, 2015

As Marchas da Dignidade de Ferrolterra e a CNT repensaron o 1º de Maio en Ferrol.


Coa perspectiva do vindeiro 22 de outubro, data na que as Marchas de Dignidade convocan unha Folga Xeral en todo o Estado español, o pasado 1º de maio de 2015 tivo lugar en Ferrol unha manifestación convocada polas propias Marchas da Dignidade de Ferroterra e o Sindicato de Oficios varios da CNT na cidade, ao igual que aconteceu en outros puntos do Estado donde as Marchas uniron forzas con este e outros sindicatos alternativos, para por o contraponto a esta data e tentar recuperar a súa esencia, repensando o 1º de Maio.
No caso de Ferrol a manifestación partiu ás 6 da tarde do Cantón e rematou, logo dun longo percorrido por diversos bairros da cidade, na Praza 10 de Marzal, ao pé da estatua en homenaxe aos obreiros abatidos por disparos da policia, de Amador e Daniel, un 10 de marzo de 1972.
Os informativos da Rádio FilispiM seguimos o descorrer da manifestación dende o Cantón até o Praza 10 de Marzo, e realizamos unha pequeña reportaxe sonora coas voces das pesoas participantes, dos colectivos organizadores e finalmente, ao pé ao monumento a Amador e Daniel, recollimos o son do comunicado final confeccionado e lido en conxunto por integrantes das Marchas de Dignidade e dos sindicatos alternativos convocantes a nível de Galiza.
Posteriormente houbo un espazo de micros abertos para quen quixer participar donde ouvíronse diversas voces, coma a dun traballador das contratas de Telefónica que denunciou a ocultación por parte dos medios de comunicación de masas, da folga indefinida que están a levar adiante, pola readmisión dos despedidos e demandando un emprego con dereitos e non esclavo.  Para finalizar outras persoas dos colectivos convocantes en Ferrol, Marchas da Dignidade e CNT, tomaron a palabra e fixeron pequeñas alocucións.        
O Pequeno Monstro para os informativos da libre e comunitaria de Ferrol.
Related Posts with Thumbnails