Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Mostrando postagens com marcador Quen somos?. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Quen somos?. Mostrar todas as postagens

23 março, 2016

A historia do Conspirando por unha radio libre, da I á VI edición - Divertimento (26/03/2009, Rádio FilispiM)

Imaxe do VI Conspirando, 9/4/2009. Praza Inferniño, Ferrol
(26/03/09 - resubida) A piques de celebrar a VIII edición do Conspirando (xoves 24/03/2016), recuperamos esta gravación de Divertimento para pequenos monstros dende o estudo "metro cadrado" do Ateneo Ferrolán, na que faciamos un repaso das edicións do festival Conspirando por unha radio libre que se realizaran dende o ano 2004 até o 2009, ou o que é o mesmo: dende a primeira até a sexta edición.

A historia do Conspirando por unha Radio Libre.

Na última edición de Divertimento, co gallo da inminencia da particular penitencia ferrolá, fazemos un resumo a vista de paxaro de todas e cada unha das edicións do Conspirando por unha radio libre, lembrando os grupos que participaron, o lugar onde se celebraron e as datas.

O vindeiro xoves (insano) 9 de abril de 2009 volvemos conspirar, nun festival que cada ano medra en interés e alternativa na semana onde puidera parecer que tod@s os ferrolás comungan con rodas de múiño. Mais non. Este ano, ademáis da II edición da Feira de Colectivos, haberá chourizada e remataremos de conspirar coas actuacións de tres grupazos: Sacha na Horta (Compostela), Roger de Flor (Fene) e Retobato (Ferrol).

A idea do Conspirando nace da necesidade de darlle publicidade á creación dunha radio libre e comunitaria en Ferrol (Trasancos) e conquerir cartos para a merca dos equipamentos técnicos, sen axudas externas que condicionaran a nosa independencia coma medio (nen cartos das institucións, nen cartos de empresas). Coa entrada ao Conspirando de 3€ púñase a venda diverso material editado polo colectivo: camisolas, chapas, autocolantes, cedés compilatorios de grupos locais... Xa no 2008 o festival crece en organización e infraestrutura é pasa a ser de balde e ao ar libre, baixo unha inmensa carpa na Praza do Inferniño de Ferrol  (o Inferno).

Unha anédota do festival é que entre as propostas para darlle nome estivo "Contaminando por unha radio libre", mais a asemblea decidiuse pola variante "Conspirando", xa que cadraba mellor canto as nosas intencións, "conspirar". Outra das anédotas, a segunda edición estivo a piques de celebrarse fóra de xoves "insano". Así, prevista para o 25 de xuño de 2004 (logo do éxito da primeira edición) dias antes do festival cando xa estaba todo preparado, @s integrantes do Colectivo Opaii! se atopan cunha chea de cartazes de cor fosforita pegados por todo Ferrol que anuncian unha "festa universitaria" o mesmo día, hora e no mesmo sitio que tiñan previsto para o II Conspirando, a West Saloon. Logo dun mosqueo monumental cos (i)rresponsábeis da sá da Estación de Ferrocarril de Ferrol, tiveron que pospoñer o evento. Aquela noite ficou alcumada para a historia filispiniana como "A noite dos cartazes fosforitos". Finalmente, a segunda edición se celebraría na Fundaçom Artábria.

Esta é a cronoloxía do Conspirando, dende a súa creación no 2004, cando a Rádio FilispiM tan só emitía nos nosos maxíns, até o ano no que se realiza este especial Divertimento, 2009:


Cronoloxía do Conspirando por unha radio libre do Colectivo Opaíí! - Rádio FilispiM

8 de abril de 2004: I Conspirando por unha radio libre – Estación Ferrocarril (Ferrol). Músicos: Miguel Alonso, Window Pane, Funky Brewster, Loom, Oscar Fernandez Sanjurjo, IV Guerra Mundial.

26 de marzo de 2005: II Conspirando por unha radio libre – Fundaçom Artábria (Esteiro-Ferrol). Músicos: Vladi, Misquious, Kobe.

13 de abril de 2006: III Conspirando por unha radio libre – Local Social de San Carlos (Esteiro-Ferrol), Músicos: Strutter, IV Guerra Mundial, Sociedade Protectora del Hombre Mono (Cristobal Veiga + Rogelio Arias) coa colaboración de Boy Elliot, Os tres Trebóns e o Vendaval do Roxal (A Corunha).

5 de abril de 2007: IV Conspirando por unha radio libre – DZINE (San Sadurniño). Músicos: La Sentina, Os Chiquilicuatres (Ribeira), ex Lamatumbás (hoxe O Sonoro Maxín, Ourense).

20 de marzo de 2008: V Conspirando por unha radio libre (Praza do Inferniño-Ferrol, baixo carpa). Müsicos: Dakidarría (Nigrán), The Sweat, Ta´Crack, 1º Feira de Colectivos.

9 de abril de 2009: VI Conspirando por unha radio libre (Praza do Inferniño-Ferrol, baixo carpa). Músicos: Retobato (Trasancos), Roge de Flor (Trasancos), Sacha na Horta (Compostela), 2º Feira de Colectivos.

---
Nun futuro Divertimento faremos un repaso polas seguintes edicións do Conspirando retomadas no ano 2015 (tras un parón de cinco anos), cadrando co 10 aniversario das emisións de Rádio FilispiM, cando unha nova xeración de filispinia@s, e outros que retornan, collen o testigo e volven activalo pasando a ser o espazo elixido para a súa celebración (nas súa VII e VIII edición), unha sá comercial de concertos cos seus propios medios técnicos, característica que simplifica a súa realización sen perder o seu obxectivo orixinal: acadar autofinanciamento con achegas da comunidade e colectivos afíns.

Documentación e condución: Pequeno Monstro.
Sintonizamos... (26/03/2009)

13 dezembro, 2015

Exposición "10 anos de historia filispiniana". Xoves 10 de decembro, ás 20h. no Ateneo Ferrolán

O Colectivo OPAÍÍ-Rádio FilispiM continúa cos actos de celebración do 10º aniversario das emisións de Rádio FilispiM, libre e comunitaria que emite dende Ferrol.



Este xoves 10 de decembro e 2015, na sá de exposicións do Ateneo Ferrolán (R/Madalena, 202-204), ás 20:00 h., inauguramos a Exposición "10 anos de historia filispiniana".

Estades convidad@s.
 --
A prehistoria do Colectivo OPAÍÍ-Rádio FilispiM remóntase á desaparecida emisora universitaria Radio Kaos. Tras o verán de 2003, algunhas voces que xa participaran da mencionada experiencia sentían a necesidade de volver ás ondas e outras persoas interesáronse na idea. Após varias asembleas en locais de ocio, o 28 de novembro de 2003 fixeron un primeiro chamamento aberto á cidadanía para presentar esta iniciativa de crear unha nova emisora. Desta vez sería un medio libre, independente das institucións oficiais, e ao servizo da comunidade. A denominación debía ser claramente ferrolá, tanto para o colectivo como para a emisora.

Tras esa data no Ateneo Ferrolán, o proxecto de Rádio FilispiM participou en decembro no Foro Negro nunha mesa de traballo xunto a Piratona, Kalimera e outros medios de contrainformación. Nun período de gran actividade contra-informativa en Galiza e o Estado, o colectivo realizaba unha asamblea tras outra. Debatía ideas, obxectivos e estatutos, organizou a asamblea de constitución dos principios de ReGARLIC (rede galega de radios libres e comunitarias) e plantexaba iniciativas de recadación para adquirir o equipamento técnico. Entre as realizadas, a edición dun fancine, ciclos de cinema, festas varias, a confección e venda dun par de CDs compilatorios de grupos e solistas da comarca e, sobor de todo, un exitoso I Festival Conspirando por umha Rádio Livre na semana santa de 2004. Conseguidos os cartos, a emisora comeza emitir en probas desde o Ateneo Ferrolán, nun “metro cuadrado” rehabilitado no verán de 2005. "A nossa história facémola nós” da Matraca Perversa é a primeira canción que soa no 93.0 da FM (agora estamos no 93.9FM) o 27 de agosto de 2005.

Coa intención de ter presenza alén das ondas, comezan unhas sesión vermú que se manteñen na actualidade con periodicidade, teñen lugar varias edicións do festival Conspirando e últimamente a radio desprázase no Filispim Vai... a diversos locais da comarca. E se falamos de desprazamentos, Rádio FilispiM viviu dúas mudanzas. No dial, móvese ao actual 93.9 da FM o 15 de decembro de 2006 pola “concesión legal” do 93.0 a unha radio privada. Na ubicación física, o inicio das obras de rehabilitación do Ateneo Ferrolán en xuño de 2005 fan necesario o cambio de local e, pasado o verán, as ondas filispinianas volven ao ar desde a súa actual ubicación na traseira do Mercado de Caranza.

Nestes 10 anos de existencia, moitas voces e propostas chegaron, participaron, resistiron, saíron e regresaron, sempre achegando novos folgos e pluralidade a esta experiencia. Rádio FilispiM segue aí, libre e comunitaria, chamando ao teu interese, á túa participación, á túa achega.

02 abril, 2015

Regresa o CONSPIRANDO por unha Rádio Libre, na súa VII edición; xoves "santo" 2 de abril de 2015 en Ferrol.

Audio promo do VII Conspirando
O Colectivo Opaii! celebra os 10 anos das emisións da Rádio FilispiM, 93.9 FM, con diversos actos, dentre deles a reactivación dun clásico dos xoves "santos" ferrolterráqueos, o Conspirando por unha Rádio Libre, na súa VII edición.

Apresentado e animado pola actriz Cristina Moreira, contará coas actuacións dos grupos da comarca: SARAVÁ CRIÔLO (Música brasileira),  SkyHookS (Basket-Roll Band) e CARRERO BIANCO (Synth pop).

Durante os concertos haberá petiscos, sorteo de estupendas camisolas filispinianas e até un photocall...

Entrada: 5€ (para a autoxestión da radio). Apertura portas: 22:00 hrs. Sala Super 8 (R/ Real). Ferrol. 
Non o podes perder...  

Rádio FilispiM, 10 anos compartindo.

Evento no facebook: https://www.facebook.com/events/1559033914362272/

30 março, 2015

DIVERTIMENTO - Especial 10 anos de emisións da Rádio FilispiM, libre de Ferrol, e 12 do Colectivo Opaíí!! (27/03/2015)

Imaxe do "metro cadrado", primeiro estudo da Rádio FilispiM, no Ateneo Ferrolán.

Edición de DIVERTIMENTO para pequenos monstros do venres 27 de marzo de 2015, na Rádio Filispim, 93.9 FM, libre e comunitaria de Ferrol.

ESPECIAL 10 ANOS DA RÁDIO FILISPIM e 12 DO COLECTIVO OPAíí!!

Durante dúas horas lembramos os momentos máis sinalados do Colectivo Opaii!, dende os seus alicerces, en outuno de 2003, pasando polas primeiras festas e actividades para recadar fondos, o momento da activación da primeira radio libre da comarca en agosto de 2005, as seis anteriores edicións do festival "Conspirando por unha radio libre", até chegar ao ano 2015, no que Rádio FilispiM cumpre 10 anos de emisións e celebra a VII edición do CONSPIRANDO.

Durante o programa contamos coa colaboaración especial de Juanillo (Trash Rock) e na segunda hora cos testemuños do noso compañeiro Cholo. Comentamos anédotas e ouvimos documentos sonoros da radio...

Na última hora tivemos comunicación telefónica con algunhas das persoas, animais e cousas que darán vida VII CONSPIRANDO POR UNHA RADIO LIBRE.
  • Pepe Cunha, do Colectivo Opaíí! 
  • Quincho e Carlota, de Carrero Bianco. 
  • Oscar Quant, integrante dos SkyHooks. 
  • Cris Moreira, actriz presentadora do VII Conspirando. 
... a nosa compañeira Espe (Sons Revela2) tamén nos deu a última hora dende o estudio.

O VII Conspirando, fáise en celebración 10º aniversario da FilispiM, mais tamén para o autofinanciamento da radio, que como sabedes non pide subvencións nen emite publicidade na procura da máxima independencia. A festa celebrarase o xoves “santo” 2 de abril, a partir das 22:00 h. na sá Super 8 de Ferrol, coas actuacións de: Saravá Criolo (música brasileira), Carrero Bianco (synth pop) e Skyhooks (bastket roll). O festival será animado pola actriz, Cris MoreiraTodas as persoas, artistas e grupos participantes no VII Conspirando colaboran desinteresadamente co Colectivo Opaii!-Rádio FilispiM.

Apresentan: Ana Lucecú e Pequeño Monstro. Convidado especial: Juanilo “Trashrock”. Difunden: Rádio FilispiM, 93.9 FM (Trasancos) e Rádio Kalimera, 107.9 FM (Compostela).

Todos os Divertimentos en: http://pequenosmonstros.blogspot.com

18 março, 2015

Descarrega a APP Filispiniana para dispositivos ANDROID

Agora no teu dispositivo

Ja podes escoitar no teu dispositivo ANDROID a Rádio Livre e Comunitária da Terra de Trasanos que emite no 93.9 da FM.

Descarrega a APP Filispiniana escaneando este código QR ou directamente con o enlace desde o teu móbil.

Na APP poderás ver as novas do nosso blog, o telefone de directo, escoitar a radio online, consultar a grelha com a programaçom diária, consultar o nosso Facebook, Twitter, ... e como nom, ler o nosso Quem Somos?

16 fevereiro, 2015

Rádio FilispiM anda a cumprir 10 anos (experiencias, 1º parte)



O pasado sábado 7 de febreiro de 2015, celebrouse unha nova edición do ciclo "FilispiM vai...". Nesta ocasión, co gallo do décimo aniversario do inicio das emisións de Rádio FilispiM, volveuse ao Ateneo Ferrolan, a nosa sede fundacional, e titulouse estoutra edición coma "FilispiM vai... cumprir 10 anos". No transcorrer do programa contouse coas actuacións musicais de Weather Underground (Oscar Quant e Oscar Kay) e Indio & Lidia e ouvironse a voces que fomaron parte dos alicerces, do presente e, incluso, do futuro filispiniano...

Ao longo deste ano, 2015, Rádio Filispim Colectivo Opaii!, continuará co seu programa de actos do 10 aniversario. Unha nova edición do festival "Conspirando por unha Radio Libre", un ciclo de cinema, unhas xornadas de medios libre e comunitarios, unha exposición sobre os 10 anos da radio ou, mesmo, un pequeno documentario sobre a nosa historia nos agardan.

No tempo de Informativos Locais da FilisipM, oferecemos un extracto das intervencións de o Pequeno Monstro e Cholo, integrantes do Colectivo Opaii!-Rádio FilispiM, que falaron dos alicerces e do porqué da iniciativa colectiva, sendo entrevistados por Ana Lucecú e Xurxo Gago, do Colectivo Opaii!-Rádio FilispiM. Ademáis, escoitaremos a opinión de Pedro Ferrández, ex integrante do Colectivo. As intervencións completas poden atoparse no podcast do programa especial ou mesmo ouvirse en diferido os sábados entre as 7 e 9 da noite, no 93.9 da FM.

Informou o Pequeno Monstro para a libre e comunitaria de Ferrol.

Rádio FilispiM anda a cumprir 10 anos (experiencias, 2º parte)



O pasado sábado 7 de febreiro de 2015, celebrouse unha nova edición do ciclo "FilispiM vai...". Nesta ocasión, co gallo do décimo aniversario do inicio das emisións de Rádio FilispiM, volveuse ao Ateneo Ferrolan, a nosa sede fundacional, e titulouse estoutra edición coma "FilispiM vai... cumprir 10 anos". No transcorrer do programa contouse coas actuacións musicais de Weather Underground (Oscar Quant e Oscar Kay) e Indio & Lidia e ouvironse a voces que fomaron parte dos alicerces, do presente e, incluso, do futuro filispiniano...

Ao longo deste ano, 2015, Rádio Filispim Colectivo Opaii!, continuará co seu programa de actos do 10 aniversario. Unha nova edición do festival "Conspirando por unha Radio Libre", un ciclo de cinema, unhas xornadas de medios libre e comunitarios, unha exposición sobre os 10 anos da radio ou, mesmo, un pequeno documentario sobre a nosa historia nos agardan.

No tempo de Informativos Locais da FilisipM, oferecemos un extracto das intervencións de Paula e Cris Meizoso (integrantes do Ateneo Ferrolán e do Colectivo Opaii!-Rádio FilispiM)que foron entrevistadas por Ana Lucecú e Xurxo Gago, do Colectivo Opaii!-Rádio FilispiM, no descorrer do programa especial. As intervencións completas poden atoparse no podcast do programa especial ou mesmo ouvirse en diferido os sábados entre as 7 e 9 da noite, no 93.9 da FM.

Informou o Pequeno Monstro para a libre e comunitaria de Ferrol.

Rádio FilsipiM anda a cumprir 10 anos (experiencias, 3º parte)



O pasado sábado 7 de febreiro de 2015, celebrouse unha nova edición do ciclo "FilispiM vai...". Nesta ocasión, co gallo do décimo aniversario do inicio das emisións de Rádio FilispiM, volveuse ao Ateneo Ferrolan, a nosa sede fundacional, e titulouse estoutra edición coma "FilispiM vai... cumprir 10 anos". No transcorrer do programa contouse coas actuacións musicais de Weather Underground (Oscar Quant e Oscar Kay) e Indio & Lidia e ouvironse a voces que fomaron parte dos alicerces, do presente e, incluso, do futuro filispiniano...

Ao longo deste ano, 2015, Rádio Filispim Colectivo Opaii!, continuará co seu programa de actos do 10 aniversario. Unha nova edición do festival "Conspirando por unha Radio Libre", un ciclo de cinema, unhas xornadas de medios libre e comunitarios, unha exposición sobre os 10 anos da radio ou, mesmo, un pequeno documentario sobre a nosa historia nos agardan.

No tempo de Informativos Locais da FilisipM, oferecemos un extracto das intervencións de Xabi Porto e Iván (ex integrantes do Colectivo Opaii!-Rádio FilispiM) que foron entrevistados por Antía Cortíças e Miguel Reimundez, do Colectivo Opaii!-Rádio FilispiM, no transcorrer do programa especial. Elena, ouvinte da emisora, tamén dá a súa opinión. As intervencións completas poden atoparse no podcast do programa especial ou mesmo ouvirse en diferido os sábados entre as 7 e 9 da noite, no 93.9 da FM.

Informou o Pequeno Monstro para a libre e comunitaria de Ferrol.

Rádio FilispiM anda a cumprir 10 anos (experiencias, 4º parte)



O pasado sábado 7 de febreiro de 2015, celebrouse unha nova edición do ciclo "FilispiM vai...". Nesta ocasión, co gallo do décimo aniversario do inicio das emisións de Rádio FilispiM, volveuse ao Ateneo Ferrolan, a nosa sede fundacional, e titulouse estoutra edición coma "FilispiM vai... cumprir 10 anos". No transcorrer do programa contouse coas actuacións musicais de Weather Underground (Oscar Quant e Oscar Kay) e Indio & Lidia e ouvironse a voces que fomaron parte dos alicerces, do presente e, incluso, do futuro filispiniano...

Ao longo deste ano, 2015, Rádio Filispim Colectivo Opaii!, continuará co seu programa de actos do 10 aniversario. Unha nova edición do festival "Conspirando por unha Radio Libre", un ciclo de cinema, unhas xornadas de medios libre e comunitarios, unha exposición sobre os 10 anos da radio ou, mesmo, un pequeno documentario sobre a nosa historia nos agardan.

No tempo de Informativos Locais da FilisipM, oferecemos un extracto das intervencións de Miguel Castro e Fer Ocampo que foron entrevistados por Antía Cortíças e Miguel Reimundez, tod@s el@s integrantes do Colectivo Opaii!-Rádio FilispiM, no transcorrer do programa especial. As intervencións completas poden atoparse no podcast do programa especial ou mesmo ouvirse en diferido os sábados entre as 7 e 9 da noite, no 93.9 da FM.

Informou o Pequeno Monstro para a libre e comunitaria de Ferrol.

11 fevereiro, 2015

Audio do "FilispiM vai cumprir 10 anos" (Ateneo, 07/02/2015)


O pasado sábado 7 de febreiro de 2015, celebramos unha nova edición do ciclo "FilispiM vai..."; nesta ocasión, co gallo do décimo aniversario do inicio das emisións de Rádio FilispiM, volvimos ao Ateneo Ferrolan, a nosa sede fundacional, e titulamos estoutra edición coma "FilispiM vai... cumprir 10 anos". No transcorrer do programa contamos coas aportacións musicais de Weather Underground (Oscar Quant e Oscar Kay) e Indio & Lidia e ouvimos voces dos alicerces, do presente e do futuro filispinian@...

Agora, xa en diferido poderás disfrutar deste audio ao través deste podcast, e ao través das ondas filispinianas (93.9 FM), os vindeiros sábados entre as 7 e 9 da noite.

Lembra que ao longo deste ano, 2015, Rádio Filispim Colectivo Opaii!, continuará co seu programa de actos do 10 aniversario. Unha nova edición do festival "Conspirando por unha Radio Libre", un ciclo de cinema, unhas xornadas de medios libre e comunitarios, unha exposición sobre os 10 anos da radio ou, mesmo, un pequeno documentario sobre a nosa historia nos agardan... Seguiremos a informar.


Todas as imaxes en: https://www.facebook.com/radiofilispim.opaii/

Créditos:
Presentación e guión parte 1: Ana Lucecú e Xurxo Gago.
Presentación e guión parte 2: Antía e Miguel R.
Control técnico de son: Pequeno Monstro e Cholo.

08 fevereiro, 2015

Este sábado 7 de febreiro ás 7 do serán, "FilispiM vai cumprir 10 anos".


Este sábado 7 de febreiro de 2015 a partir das 7 do serán, o Colectivo Opaii! volve ao Ateneo Ferrolán, cunha nova edición do ciclo "FilispiM vai ...", nesta ocasión adicada ao aniversario da principal actividade do Colectivo Opaii!, a Rádio FilispiM.

"FilispiM vai... cumprir 10 anos".
Durante a gravación do programa de radio lembraranse os alicerces do proxecto, falarase do presente e do futuro. Ademaís, haberá música ao vivo da man da banda ferrolá Weather Underground (pop/rock) e o dúo Indio & Lidia Pinheiro (sons brasileiros).
No transcorrer da festa de aniversario, apresentaranse as novas camisolas e chapas, conmemorativas do 10 aniversario, realizadas para a ocasión en unidades limitadas. A entrada é de balde.

Programa de actos conmemorativo do 10º aniversario das emisión da Rádio FilispiM, 93.9 FM.
Durante este 2015, levaranse a cabo outros actos conmemorativos, coma un Ciclo de Cinema adicado as radios libres e comunitarias; retomarase o festival Conspirando por Unha Radio Libre (en xoves "santo"), unha Exposición dos 10 anos da FilispiM  e, mesmo, unhas Xornadas de Medios Libres. A práctica totalidade deste actos celebraranse no Ateneo Ferrolán, pola súa complicidade e vinculación fundacional co proxecto da activación da primeira radio libre e comunitaria (terceiro sector) da Terra de Trasancos.
Seguiremos informando... Ficades tod@s convidad@s.

Cunha promo:

05 janeiro, 2015

Datas e fitos importantes na constitución do Colectivo Opaii! - Rádio FilispiM

Recortes da prensa local do periodo constituinte do Colectivo Opaii! - Rádio FilispiM

Datas e fitos importantes na historia fundacional do Coletivo Opaii!-Rádio FilispiM.

Setembro de 2003. Persoas da comarca de Trasancos, diversas, que até daquela non tiñan tido contacto persoal (outras sí,  pois procedían da recén "desaparecida" Radio Kaos de Ferrol) comezan a "conspirar" en foros de internet a activación dunha radio libre e comunitaria en Ferrol.

Setembro/outubro/novembro de 2003. O grupo promotor convoca diversas asembleas preparatorias e definitorias das liñas do xerais do proxecto de creación dunha radio libre e comunitaria en Trasancos. Así,  o 20 de novembro de 2003 celebrouse a primeira desta asembleas no bar Manchita Cosa (R/Madalena, Ferrol), que daquela levaban Suso e Narsés. A elección da data non foi casual, sería o 20-N "filispiniano". Naqueles meses "o Manchita" tamén acollería algunhas das primeiras e memorábeis actividades para recadar os primeiros fondos filispinianos: unha estupenda cea vegana e, posteriormente, algunha sesión de música e pinchas, coma aquela mítica festa de defuntos onde nos propuxemos "resucitar a Comarca de Ferrol" nunha noite.

De volta a aquelas primeiras asembleas "clandestinas", tiveron un carácter rotativo entre diversos locais, cun obxectivo: non identificar o proxecto con ningún deles en concreto, tan só termos un espazo donde "conspirar" por unha radio libre na comarca de Trasancos. Tratábase de locais de ocio dos que gostabamos, coma a Fundaçom Artábria (que daquela tiña un estupendo local na R/Magdalena), o Clube de Montaña en Canido e, claro, o Ateneo Ferrolán. Eran locais onde podiamos xuntarnos para preparar os alicerces de algo colectivo cando aínda non tiñamos un lugar propio. Daquela, pensando nun lugar axeitado para apresentar pública e abertamente o que pretendiamos fazer, concordamos que ese espazo era o Ateneo Ferrolán, e así foi, pois non só remataría sendo a nosa sede fundacional, senón, ademáis, onde se ubicaría o primeiro estudio da Rádio FilispiM, o mítico "metro cadrado".


28 de novembro de 2003. Dentre todas estas asembleas celebradas no 2003, ten especial significación a celebrada no Ateneo Ferrolán o 28 de novembro de 2003. A importancia desta asemblea é indiscutíbel para o que é a historia do colectivo Opaíí!-Rádio FilispiM, xa que foi a primeira convocatoria publica (e publicada) aberta a cidadanía, para trasladar a idea e construir un proxecto colectivo de radio libre e comunitaria entre quen estiver interesad@. Tratábase de abrir o circulo, non era unha cuestión de catro amigos, pretendiamos darlle ao proxecto un sentido comunitario real.

O texto que segue é a convocatoria aberta, pública (e publicada na prensa) co fin de trasladar as nosas intencións ao conxunto da comunidade, co obxecto abrir a iniciativa a tod@ quen estiver interesad@ no proxecto. O lugar elixido foi o salón de actos do Ateneo Ferrolán; a data, 28 de novembro de 2003:

--
Sent: Tuesday, November 11, 2003 11:02 AM
Subject: PRIMEIRA ASEMBLEA ABERTA PARA A CONSTITUCIÓN DUNHA RADIO LIBRE EN FERROL 


Pola presente queremos anunciar a primeira convocatoria aberta para a constitución dunha asociación cultural que ampare o proxecto dunha RADIO LIBRE E COMUNITARIA no ámbito de Ferrol. Dita asemblea aberta, informativa e participativa, terá lugar o vindeiro venres 28 de novembro (2003) ás 20:00 horas no salón de actos do Ateneo Ferrolán. Nela trataránse, entre outras, as seguintes cuestións:
- Presentación do proxecto.
- Os fundamentos das rádio libres e comunitarias hoxendía. Exposición e debate deses principios no noso contexto.
- Constitución de comisións de traballo para unha primeira etapa (estatutos, divulgativa da idea, financiamento, técnica...)
- Participación activa e debate.

--

Sábado 13 de decembro de 2003. O aínda proxecto apresentouse públicamente no Foro Negro e participou nunha mesa de traballo xunto a Piratona, Kalimera e outros medios de contrainformazón do país galego. Todo esto levouse a cabo no Instituto Galego de Información en Compostela, como resposta de mobilización e artellamento de redes sociais, ante o panorama desolador (papel dos medios de des-información de masas e das institucións), por mor do desastre medio ambiental do verquido de fuel do buque Prestige as costas galegas. Naquel tempo, tamén acontecía a Guerra de Irak, na que nos meteu o goberno dereitista de Aznar. Anos despois demostrariase que o pobo que saíu en masa as ruas en todo o Estado, tiña razón.

Por outra banda, naquel ano de 2003, a nivel local, a radio universitaria de Ferrol Radio Kaos, que fora espazo de encontro de persoas radioapaixoados da Comarca, fora fechada ao conxunto da cidadanía. O "flamante" estudio de dita emisora universitaria no campus de Serantes, aínda hoxe continua a ser pasto das telarañas, do silencio máis vergoñento... o "universitario".

8 de abril do ano 2004 (xoves "santo"). Primeira edición do festival "Conspirando por unha radio libre", nunha sá da estación de Ferrocarril de Ferrol, na que actuaron Miguel Alonso, Loom, Window Pane, Funky Brewter and the Karma Bussines Band e a IV Guerra Mundial (todos eles grupos locais), que supuso un importante espaldarazo económico para adquisición dos equipos técnicos que posibilitarían futuras emisións da primeira radio libre e comunitaria da nosa comarca.

25 de xuño de 2004. Dado o éxito do primerio Conspirando decídese activar unha segunda edición para poder dar unha volta de torca a activación do proxecto. Os grupos dispostos a colaborarar de novo desinteresadamente no concerto serían: Boy Elliot, Mondopétriz, Kobe e Bang 74 e o lugar elixido é a mesma sá na Estación de Ferrocarril. Mais o imprevisíbel aconteceu...A sá erroneamente tiña convocada unha "festa universitaria" para ese mesmo día e hora, deixándonos esta falta de seriedade da sá fóra de xogo. Téntase negociar cos universitario que organizan a "festa", sen resultado positivo. De novo atopámonos co "muro" universitário.

Xullo-agosto 2004. Edición do primeiro número do "Fanzine FilispiM", con numerosas colaboracions "articulistas" de dentro e fóra do Colectivo.

Setembro/outobro/novembro/decembro 2004. Segundo ciclo de cinema e música do Colectivo Opaii!!, no Ateneo Ferrolán. Coa proxección dos filmes: "Buena Vista Social Club" (Win Wenders), "Year of the horse", "Camarón en París", "Concerto de Bob Marley", "A Migty Wind" (unha parodia sobre o rock duro) e mesmo a Triloxía Qatsi  (Koyaanisqatsi, Powaqqatsi e Nagoyqatsi).

31 de outubro de 2004. Festa de "defuntos" do Colectivo Opaii!, no Manchita Cosa, R/Magdalena (Ferrol). Donde as persoas fililspinianas de boa fé "rogaron unha oración polo eterno descanso da alma de Ferrolterra e realizaron todo tipo de conxuro para resucitala". Todo un acontecemento...

Nestas datas de finais de 2004. Ten lugar unha asemblea no Ateneo Ferrolán, de constitución dos principios da rede galega de radios libres e comunitarias, ReGARLIC, cuxo organizador foi o Colectivo Opaii!. Eses principios básicos tomaronse de constitución tomáronse nesa Asemblea, coa presenza de integrantes de Rádio Kalimera de Compostela, Rádio Piratona de Vigo, Cuac FM de A Coruña e Radio Roncudo de Corme.

Xaneiro de 2005. Continua o Colectivo Opaii! a proxectar filmes no Ateneo, "Baraka, o último paraiso".


27 de agosto de 2005, comezo emisións en probas da Rádio FilispiM ao través do 93.0 FM, o sábado 27 de agosto de 2005, dende o estudio "metro cadrado" do Ateneo Ferrolán, R/ Magdalena, 202. A primeira peza que soou foi "A nossa história facémola nós" da Matraca Perversa.

27 de maio 2006, primeira Sesión Vermú do Colectivo Opaii!-Rádio FilispiM no Ateneo Ferrolán. Actuaron: Faltriqueira, o Marqués das Viñas, Maite da Costa e Balandraka.

15 de decembro de 2006. Cambio de dial por concesión "legal", do 93.0 a unha radio privada, pasando Rádio FilispiM a emitir no 93.9 da FM, tras procurar ocos no dial.

Xaneiro, febreiro de 2007? (data por determinar exactamente). Pouco tempo despois deste cambio de dial, o Ateneo Ferrolán recibe unha visita de Telecomunicacións preguntando polos responsábeis da emisora. Tiñan detectado a nosa presenza no dial e requiren que nos identifiquemos, mais ficou en iso.

17 de xaneiro de 2008 cara as 11:30 h. O acceso ao Ateneo Ferrolán, en cuxas instalacións está Rádio Filispim, sofre un incendio provocado.  De non ter actuado os bombeiros tan eficazmente o material de construcción, madeira, teria consumido rapidamente o edificio e posto en perigo as vidas das persoas que ali estaban. A secretaria do Ateneo foi quen deu a voz de alarma. Nunca se esclareceu quen foi nen os motivos.

29 de xuño de 2010 as 16:35 hrs. Cese temporario de emisións polo inicio das obras de rehabilitación do Ateneo Ferroán.

Venres 17 de setembro de 2010. Reanudación das emisións (en probas) dende o novo estudo na traseira do Mercado de Caranza.

(...) en construción.

E así, nese contexto, xurdiu o Colectivo Opaii!-Rádio FilispiM.

Crónica: Pequeno Monstro (actualizado a 16/02/2016).



13 março, 2013

O Colectivo Opaíi!-Rádio FilispiM no Pecha Kucha Night.


Na noite do pasado venres 30 de novembro de 2102, celebrouse no Teatro Jofre a sétima edición do Pecha Kucha Night Ferrol.

O Pecha Kucha Night é un formato de presentación multidisciplinar xurdido en Tokio no ano 2003. Caracterízase polo seu formato 20 x 20, no que cada ponente dispón tan só de 20 imágenes e 20 segundos para comentar cada una de delas, o que se traduce nun total de 6 minutos e 40 segundos de creatividade comprimida.

O Colectivo Opaíí!-Rádio FilispiM acordou participar neste evento logo de ser convidado pola organización do Pecha Kucha Ferrol. O que vos oferecemos de seguido é o audio tirado do video, producido pola propia organización, xusto no momento en que dous integrantes do Colectivo Opaíí!-Rádio FilispiM expoñen o porque da activación dunha radio libre e comunitaria na Comarca de Ferrolterrra. 


Ir a descargar

Redacción informativos RFM

22 maio, 2012

Colectivo Opaíí! – Rádio FilispiM. A nosa história facémola nós [Cap. 1]

O COLECTIVO OPAÍÍ! – Rádio FilispiM.  A nosa história facémola nós. Capítulo 1º


"O proxecto de creación dunha radio libre e comunitaria en Ferrol e bisbarra, remóntase ao mes de novembro do ano 2003, cando por iniciativa dalgúns afeccioados á comunicación e á radio en particular, algúns procedentes da desparecida radio universitaria de Serantes [Radio Kaos], se organizan as primeiras Asembleas donde se analisa a viabilidade e características dun proxecto deste tipo na nosa comarca.

Así, se compila información de experiencias similares noutros lugares de Galiza, Estado e resto do mundo e se chama á participación, de persoas involucradas en diversas iniciativas e colectivos da comarca [ou mesmo a título persoal], a unha primeira Asemblea que se celebrou o 20 de novembro de 2003, no Manchita..

Unha cea vegana, algunha sesión de música, unha “resucitadora” festa de defuntos, farían do “Manchita” o escenario para comezar a divulgar a proposta e recadar os primeiros fondos para a adquisición das equipas técnicas. Sen esquecer a primeira edición do “Conspirando por unha radio libre”, o 8 de abril de 2004, xoves “santo”, que supuso o espaldarazo definitivo á iniciativa  e da que vos falaremos noutros capítulos.

Outros locais de colectivos que acolleron as primeiras Asembleas do incipinte Colectivo Opaii!-Rádio FilispiM, foron: a Fundaçom Artábria [daquela na rúa Madalena] ou, mesmo, o Clube de Montaña de Ferrol en Canido.

Co fin de consolidar a iniciativa, apresentouse públicamente a proposta o 28 de novembro de 2003, nunha Asemblea aberta no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán. A importancia desta convocatoria é determinante na historia do colectivo Opaíí!-Rádio FilispiM. Moitas das persoas que acudiron a ela se integraron no proxecto, o que fixo do Colectivo un grupo aínda máis heteroxéneo, que validara a pretensión de crear unha radio libre e comunitaria na nosa bisbarra.

Daquela, se comezou a traballar en Comisións coordinadas, co fin de abordar as diferentes frontes: organización, divulgación, técnica ou financiamento. O Ateneo pasou a ser  base de operacións daquela Conspiranción nas ondas trasanquesas, acolléndonos con con agarimo e complicidade e convertíndose primeiro, na sede social do Colectivo, e despois no lugar donde se ubicaría o primeiro estudio de Rádio FilispiM, o lembrado “metro cadrado”, polas súas axustadas dimensións.

As emisións en probas de Rádio FilispiM, comezaron no mes de agosto de 2005, pero iso é outra historia que vos contaremos outro día..."

O COLECTIVO OPAÍÍ! – Rádio FilispiM.  A nosa história facémola nós. Fin do Capítulo 1


Unha produzón das persoas participantes no Curso de Técnicas de Radio-difusión básicas de Rádio FilispiM [11/06/2012]. 

Crónica: Pequeno Monstro.
Locución: Miguel R., Sabela, Patricia, Fran, Javier M., Xaime e Pequeno Monstro.



Imaxes: antiguo estudio de Rádio FilispiM [o "Metro Cadrado"], no vello Ateneo Ferrolán [Rúa Madalena, 202] + cartaz dun dos primeiros actos do Colectivo Opaíí!, unha Festa Resucitadora de Defuntos.

21 setembro, 2010

Probas son Rádio FilispiM e axuste equipas técnicas, nova ubicación do estudio en Caranza [Ferrol] 17/09/2010


Documento sonoro histórico que ten que ver co acontecido durante as probas de emisión e son de Rádio FilispiM, logo do traslado ao novo local en Caranza [Ferrol].

O audio ten capítulos emocionantes, outros alucinantes, surreais e incluso delirantes. Sempre con bon humor e comezando por rirnos de nos mesm@s, como ten que ser.

Lembra que podes comentarnos neste blogue como se escoita a nosa sintonía dende o cambio que fixemos do noso "centro emisor" [Caranza]. Inda que todo indica que a nosa sintonía agora chega moito mellor aos diversos bairros trasanqueses, queremos completar ese mapa filispiniano.

Rádio FilispiM, 93.9 FM. Sen dúbida, non há cosa igual no dial.


Descargar o audio

18 setembro, 2010

Rádio FilispiM reanuda as súas emisións no 93.9 FM, logo do cambio de ubicación do estudio por obras no Ateneo.

Como consecuencia das agardadas obras de rehabilitación do Ateneo Ferrolán, o Colectivo Opaíí!-Rádio FilispiM, véuse obrigado a abandonar o mítico estudio "metro cadrado"o pasado 29 de xuño de 2010 e a procurar un novo espazo. Como consecuencia desto,  tivemos un apagon de pouco máis de dous meses e medio nas nosas emisións, que no pasado mes de agosto de 2010 farían cinco anos.

Logo da complicada tarefa da procura dun novo local donde volver a instalar as súas equipas técnicas e antena, na tarde de ontes (sexta feira, 17 de setembro) conseguiron volver as ondas as emisións da radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos, que agora emite dende a traseira do Mercado de Caranza (Ferrol).

As emisións polo de agora son en probas, mais agardamos recibir novas d@s ouvintes ao respeito de como se escoita a nosa sintonía (93.9 FM) nos diferentes bairros. Fazede chegar as vosas impresións coas vosas mensaxes a este blog e vía  e.mail a filispina@gmail.com

Ao pé desta entrada ofeceremos as imaxes da instalación das equipas no novo estudio do bairro de Caranza (a historia paso a paso). O audio estámolo a editar.

En breve daremos información sobre como participar na vindeira grella da Rádio FilispiM (2010/2011), que estreará a nova ubicación. Así que ide pensando nas vosas propostas radiofónicas!!!.

Finalizamos este comunicado agradecendo a solidaridade de todas aquelas persoas que amosaron a súa disposición a colaborar na procura dun novo espazo para a radio libre e comuntaria de Trasancos, durante estes dous meses e medio que durou esta nova batalla "filispiniana". Grazas sobre todo por colaborar con xeneroxidade e sen protagonismos, de acordo aos principios fundacionais do Colectivo Opaii! -Rádio FilispiM. Obrigad@s a tod@s!! Avante coa rádio libre e comuntária!!


Foto superior: re-instalación do dipolo [antena] de Rádio FilispiM en Caranza.
Carrusel de imaxes: instalación do novo estudo da FilispiM no local da traseira do Mercado de Caranza.

01 setembro, 2010

Que demos está a pasar en Rádio FilispiM? (suspensión das emisións por obras de rehabilitación do Ateneo Ferrolán)

Instante das "desmostaxe" do lexendario estudio "metro cadrado"
no Ateneo Ferrolán.
Son moitas xa as preguntas sen resposta, moitas xa as semanas "suspendidas no dial". Moit@s @s filispin@s vagando sen rumbo polos bairros do lugar, como zombies.
Todo aconteceu no mes de xunho do 2010, ou mellor sería dicir todo mudou...
Mais é hora xa de que o Colectivo Opaii!-Rádio FilispiM, vaia soltando prenda e nos dea pistas do que realmente está a acontecer, do porque deste parón nas súas emisións, logo de cinco anos de transmisións finispinislándicas ininterrompidas [agosto de 2005].
En breve teredes a solución a este sudoku do caralho, mais de momento a seguir especulando.
Polo de agora deixámovos con estas fotos tiradas no momento e lugar dos feitos [xunho de 2010, estudio de Rádio FilispiM, no Ateneo Ferrolán].
Mais, ti que pensas de todo isto?. Están de conha en Rádio FilispiM?. Tentan despistarnos unha vez máis?. Éche un experimento máis con obscuras intencións?. Unha outra Conspiranción?. Porque andan a desmontar as equipas técnicas?. Levan alta tensión eses cables que coroan a testa d@lgúns d@s filispin@s?

Algunha imaxes do proceso de desmontaxe do mítico estudio "metro cadrado", da Rádio FilispiM, no Ateneo Ferrolán. Continuará...

03 julho, 2010

Suspensión temporal das emisións filispinas, por obras de rehabilitación do edificio do Ateneo Ferrolán.


Estimad@s filispin@s, tod@s:

O pasado 29 de xunho de 2010 ás 16:35 h, Rádio FilispiM, a emisora libre e comunitaria da Terra de Trasancos que emite dende Ferrol, deixou de emitir temporalmente. Neste lugar debería ir unha explicación máis ou menos lóxica e convincente para que todxs coñecésemos as razóns de tal “apagón”. logo de case que cinco anos de emisións ininterrompidas dende o xa famoso estudio "metro cadrado" do Ateneo Ferrolán [cinco anos de emisións que cumpriremos en agosto deste 2010].

En lugar de darvos esa razón “aplastante” que vos deixaría a todas e todos contentas [ou non?] oferecémosvos unha serie de razóns para que vos elixades [ao voso entender] a máis lóxica e convicente.

Este extrano procedimento ten que ver cun experimento que estamos a levar a cabo no departamento Filispiniano de Humanística, de cuxos resultados informaremos en futuras entradas neste mesmo blogue. Permanecede a espera.

Se o desexades podedes elixir e votar pola opción [ou opcións] que pensades son as que teñen motivado a SUSPENSIÓN das emisións de Rádio FilispiM. Para ilo habilitamos un panel de votacións que atoparás na marxe dereita deste blogue. Ademáis, nun derroche de espirito democrático sen igual, podededes deixar o voso comentario ao pé desta entrada.

Estas son as razóns polas que PODEDES VOTAR. Animádevos!!!:

OPCIÓN 1º. Non hai suspensión, de feito non houbo nen sequer emisións en todo este tempo. Éche todo unha trangallada do Colectivo Opaii!, unha farsa que durou case que cinco anos. Que todo o mundo se entere!.

OPCIÓN 2º. Trátase dunha suspensión das emisións para o mantemento dos equipos e do persoal. Aos equipos háilles que cambiar as lámpadas e ao persoal algún tornillo. En breves volverán ao ár, estou segura.

OPCIÓN 3º. Non apagaron os equipos de emisión, llos apagaron!!! Ou fou Fenosa, por impago, ou a Xunta, por alegais. Escoiteino ontes na pescadería!

OPCIÓN 4º. Foi un apagón de emisións temporal. Van cambiar de ubicación o estudio da radio. Onde estaban eles van montar unha perruquería, eles van para un lugar máis seguro [logo das últimas ameazas… da Policía].

OPCIÓN 5º. Realmente todo é un experimento sociolóxico para estudiar a reacción do pobo de
Ferrol e Trasancos tras a desaparación dunha droga á que foi enganchada previamente.

OPCIÓN 6º. La culpa de todo la tiene Zapatero. Sin más, lo dijeron en Intereconomia TV.

OPCIÓN 7º. A suspensión das emisión é tan só unha interrupción. Van cambiar os equipos á unha nova ubicación dentro do Ateneo Ferrolán. Rádio FilispiM pasa a ocupar todo o Ateneo e o Ateneo pasa a ocupar o metro cadrado que lle deron a Filispim hai cinco anos.

OPCIÓN 8º. Ganando como está “La Roja”, no sé a que vienen estos temas. Arriba España!!, coño!!

OPCIÓN 9º. Non deixaron de emitir, é unha emisión especial de Aquiloquevibra, están emitindo un maxi dun grupete destes raritos dos oitenta, música experimental, ruidista… Só tes que clicar no reprodutor de abaixo.

OPCIÓN 10º. Non. Trátase dunha suspensión de emisións, durante o tempo que dure a instalación da nova torreta: en Montefaro, con 18 dipolos apilados e o novo emisor de 5.000 w.

OPCIÓN 11º. Ten que ver coa comentada fusión de RADIO MARÍA con RADIO FILISPIM, nunha nova cadena que se chamará RADIO MARÍA A TODO FILISPIM STAR. Canto teñan postos os crucifixos, cadeiras eléctricas e demáis aparataxe preparao reanudarán as emisións.

Agora XA PODEDES VOTAR no panel que habilitamos na marxe superior dereita deste blogue.

En breves colgaremos, en exclusiva, unhas extranas e desasosegantes imaxes tiradas o día do apagón temporario filispiniano. Atentas, atentos. Seguiremos informando...

Escoita a Radio FilispiM suspendida no Dial

14 dezembro, 2006

Rádio FilispiM vese obrigada a cambiar de dial, do 93.0 ao 93.9 FM.

O colectivo O.P.A.I.I.!!! celebra o vindeiro venres 15 de decembro unha festa de presentación do que será o novo punto do dial para as emisións da emisora libre e comunitaria Rádio FilispiM. A cita será no local da Fundaçom Artábria de Ferrol, barrio de Esteiro, Rúa Batallóns(ao lado da Casa do Patín) a partir das 22:00 horas. Na festa, os integrantes do colectivo cultural e radial agasallarán aos asistentes con diverso material impreso co novo punto de dial, sendo esta actividade amenizada pol@s pinchadiscos da Rádio FilispiM.
A emisora Rádio FilispiM comezou as súas emisións no 93.0 da FM o 27 de agosto de 2005, dende o estudo "metro cadrado", no Ateneo Ferrolán. Dende entón colaboran con ela diversos colectivos sociais e culturais da comarca, realizando os seus propios espazos radiofónicos, así como persoas que a título individual enchen agrella da radio libre e comunitaria da comarca con propostas ben diversas.
A recente publicación do novo Plano Técnico de F.M, fixo que a asemblea do Colectivo OPAII!! - Rádio FilispiM, acordara o cambio do punto das súas emisións no dial, pois o citado Plano Técnico anuncia que na zona de Ferrol a licencia para emisións no 93.0 da FM (no que actualmente emite Rádio FilispiM) sairá a concurso en breve para unha radio privada máis.
Dende o colectivo se lembra que existe unha campaña a nível estatal pra intentar que as administracións recoñezan e reserven licenzas de emisión para os medios de comunicación que non son nin de titularidade pública nen privada, como é o caso de Rádio FilispiM, que se enmarca dentro do terceiro sector da comunicación: o da cidadanía.
Actualmente, a lexislación estatal española en materia de telecomunicacións, non recoñece aos medios comunitarios, polo que estos non poden optar a títulos habilitantes (licenzas), xa que os concursos para optar aos mesmos van dirixidos en todo caso ás radios de titularidade pública ou privada. Por esta razón proxectos do terceiro sector (radios libres e comunitarias) coma Rádio FilispiM, non pode optar a concesión de licenzas, con todo o que esto implica (que non é pouco). Por mor de todo o explicado, Rádio FilispiM vese obrigada a abandonar as súas emisións no 93.0, pasando, dende o día 15 decembro, a emitir dende o 93.9 da FM.
Finalmente dende o colectivo OPAII!!, se lembra a todas e todos osi nteresados en participaren na grella de Radio FilsipiM, que poden enviar unha proposta de programa radiofónico ao correo da radio:filispina@gmail.com, e obter máis información sobre dela e o colectivo no blog www.opaii.blogspot.com
Grazas pola redifusión deste comunicado. Colectivo OPAII!!.
Ferrol, 13 de decembro de 2006.

Quen somos? (Colectivo Opaíí!!-Rádio FilispiM)


Quen Somos?
O Colectivo OPAII (Ondas Para Activación Información Independente), é unha Asociación Cultural da comarca de Ferrol que pretende activar, dinamizar e comunicar as luitas sociais e culturais da comarca, servíndose para isto de diferentes instrumentos, como son a realización de actividades, exposicións, publicacións, proxeccións, o intercambio de información, cunha actividade principal que actúe de elemento de aglutinante: a radio libre e comunitaria da comarca, Radio Filispim.

Este instrumento de comunicación, pretende ser útil as persoas, colectivos, redes sociais e culturais da comarca, sen espazo nos medios de comunicación convencionais, ou que están sendo silenciados polos mesmos. Dende o Colectivo OPAII, asumimos o compromiso de por os nosos medios a súa disposición. Radio Filispim (RFM), sendo unha actividade do Colectivo OPAII, asume como seus os principios do colectivo, que son os seguintes:
OPAII - RFM, organízase de forma asemblearia con todo o que isto implica, tentando crear unha actitude e posicionamento como colectivo e fuxindo da posibilidade de persoalismo ou egocentrismos, ficando específicadas claramente as opinións persoais discrepantes e as ausencias de posicionamento, para no derivar en falsos consensos.
OPAII - RFM, apoia un modelo económico no que o importante sexan as persoas e o su desenvolvemento persoal, fronte a un modelo que fomenta a competición e o indiviualismo, onde o importante son os beneficios económicos. Un modelo que non permita a existencia de relacións de sumisión ou dependencia que limiten a liberdade do proxecto. O modelo de xestión económica que adopta OPAII-RFM pretende fomentar a axuda mutua dirixida por uns principios éticos. Así, entendemos que a autoxestión, é o modelo económico que posibilita que OPAII-RFM, responsabilice ás persoas participantes no proxecto da súa financiación, e procure a independencia e autonomía, tanto do Colectivo como do proxecto en si mesmo.
O colectivo OPAII-RFM, empregará sempre a lingua galega, xa que estamos nunha realidade (máis concretamente á ferrolá), que queremos transformar e nese camiño optamos por potenciar a lingua propia e loitamos contra a marxinación da mesma a nível comunicacional, social e cultural. OPAII-RFM debe ser un medio de normalización e espallamento da cultura galega, por todo isto este colectivo porá os medios necesarios para que exista unha normalización lingüística, tanto nas ondas como ao través de calquera outro tipo de medio. Pensamos que a cuestión da lingua non se soluciona obrigando a ninguén a súa fala. Entendemo-la coma un problema de convencimiento propio, polo que na radio e no colectivo convivirán persoas e programas feitos en galego, castelán e outras linguas. En OPAII-RFM, todas e cada unha das variantes gramaticais do universo lingüístico galego-portugués convivirán en igualdade de oportunidade, no seio do colectivo.
Canto a linguaxe, OPAII-RFM, a considera un elemento fundamental no noso medio. Enviamos mensaxes continuamente ao través da radio, tanto musicais como faladas, por iso tentaremos despoxar á lingua e á musica de expresións racistas, sexistas, homófobas… comprometéndonos a utilizar unha linguaxe non violenta nen discriminatoria. OPAII-RFM entende que mulleres e homes debemos ser tratados con dignidade, polo que se compromete co emprego dunha linguaxe non sexista nin discrimintaria. Por todo isto, tanto nas actividades, programas ou asembleas organizadas por OPAII-RFM, non se admitirán actitudes discriminatorias.
No que se refire a defensa do medio, OPAII.RFM, defende un desenvolvemento da humanidade respetuoso coa natureza, e implicarase de xeito activo na defensa do medio ambiente, actuando en distintos puntos: denunciando os atentados contra o medio ambiente, promovendo alternativas que posibiliten un aproveitamento racional e ético dos recursos, colaborando cos grupos ecoloxistas e outros colectivos sociais, na difusión das campañas de sensibilización. No día a día do colectivo, aplicarase a regra dos tres erres: reutilizar, reciclar e reducir.
OPAII-RFM pretende ser un colectivo de carácter local, e dicir, debe incidir no que ocorre no seu entorno máis inmediato. Isto non quere dicir que se peche ao que sucede noutros lugares da Galiza ou do planeta, necesario esto para unha comprensión da realidade global, por isto, fai seu o lema "pensa globalmente e actua localmente". Para conseguir este carácter local, OPAII-RFM, ofrécese aos diferentes colectivos e persoas da comarca, para que estes utilizen OPAII-RFM como medio de expresión. OPAII-RFM, respaldará as iniciativas que saian neste senso, e tentará no posíbel que a difusión das novas se leve a cabo polos propios protagonistas.
OPAII-RFM debe garantir a participación de persoas ou colectivos doutras culturas, e denunciará calquera actitude racista e a quen a promova. Colaborará con colectivos que favorezan a integración de inmigrantes e colectivos marxinados, ao través do coñecemento das súas culturas e realidades.
OPAII-RFM posiciónase fronte o militarismo e calquera forma de autoritarismo, por consideralos medios para oprimir aos povos e persoas. Rexeita os valores fascistas e a discriminación que estos promoven ao non respetar e negar o pensamento individual. Posiciónase fronte á violencia en todas as súas manifestacións, por ser unha forma de perpetuación das desigualdades. Defende xeitos de resolución dos conflictos en convivencia cos direitos e liberdades fundamentais dos individuos en comunidade.
OPAII-RFM non casa con partido político algún. As persoas que participan no colectivo o fan en nome propio, non como vozeiros de organizacións políticas, aínda que poidan militar nelas a título individual. Polo mesmo, OPAII-RFM non admitirá propostas de programas radiofónicos a título de vozeiros de partidos, organizacións ou siglas políticas concretas, que si poderán selo de ideas.
10º OPAII-RFM utilizará nos equipos e 
ordenadores das súas instalacións, software libre, ao consideralo coincidente coa súa filosofía de compartir o coñecemento de forma libre, e porque utilizar software privativo, implicaría unha contradición con o principio de liberdade e un apoio ao sistema capitalista, monopolizador e alineante que o mesmo representa. OPAII-RFM, comprométese dentro das súas posibilidades, ao fomento de artistas, grupos e programas informáticos que comparten as súas creacións e coñecementos baixo licenzas libres.

Quem somos? (versión galego reintegrado)
O Colectivo OPAII [Ondas Para Activaçom Informaçom Independente], é umha Associaçom Cultural da comarca de Trasancos que pretende activar, dinamizar e comunicar as luitas Sociais e Culturais da Comarca, servindo-se para isto de diferentes instrumentos, como é a realizaçom de actividades, exposiçons, publicaçons, projecçons, o intercámbio e compartilhamento de informaçom, etc com umha actividade principal que actue de elemento de ligaçom e/ou aglutinante: umha rádio livre e comunitária, Rádio FilispiM.

Rádio FilispiM, pretende ser a rádio daquelas pessoas, colectivos e redes sociais, culturais, etc. da comarca, sem espaço nos meios de comunicaçom convencionais ou que estám sendo silenciados polos mesmos. Polo que assumimos o compromisso de pôr os nossos medios à sua disposiçom. Rádio FilispiM, sendo umha actividade do Colectivo OPAII, assume coma seus os principios do colectivo, que som os seguintes:
1º- OPAII-RFM, organíza-se de forma assamblearia com todo o que isto implica, intentando criar umha actitude e posicionamento como colectivo e fugindo da possibilidade de pessoalismos ou egocentrismos, ficando especificadas claramente as opinions pessoais discrepantes ou as ausências de posicionamento, para nom derivar num falso consenso.
2º- OPAII-RFM, apoia un modelo económico no que o importante sexan as pessoas e o seu desenvolvemento pessoal, frente a um modelo que fomenta a competiçom e o individualismo, onde o importante som os benefícios económicos. Um modelo que nom permita a existência de relaçons de sumissom ou dependência que limitem a liverdade do projecto. O módelo de gestiom económica que adopta OPAII-RFM pretende fomentar a ajuda mutua e o cooperativismo no funcionamento interno e que a financiaçom estea dirixida por uns principios éticos.Assim, entendemos que a auto-gestom, é o modelo económico que possibilita que OPAII-RFM, responsabilice às pessoas participantes do projecto da sua financiaçom, e procure a independência e autonomia, tanto do Colectivo coma do projecto em si mesmo.
3º- O Colectivo OPAII-RFM empregará sempre a língua galega já que estamos numha realidade (a galega, e mais concretamente a ferrolana) que queremos transformar e nesse caminho optamos por potenciar a língua própria e luitamos contra a marginaçom da mesma a nível comunicacional, social e cultural. OPAII-RFM debe ser um meio de normalizaçom e espalhamento da cultura galega, por todo isto este colectivo porá os medios necessários para que exista umha normalizaçom lingüística, tanto nas ondas como a través de qualquer outro tipo de médio. Pensamos que a questom da língua nom é um problema de obrigar a ninguem a fala-la, entendemo-lo coma um problema de convencimento próprio, polo que na rádio e no colectivo conviviram pessoas e programas feitos em galego, castelam e outras línguas. Em OPAII-RFM, todas e cada umha das variantes gramaticais do universo lingüistico galego-português convivirám, em igualdade de oportunidade, no seio do colectivo.
4º- Em quanto à linguagem, OPAII-RFM, consideraa um elemento fundamental no nosso médio, enviamos mensagens continuamente a través da rádio, tanto musicais coma faladas, por isso intentaremos despoxar à lingua e à música de expressons racistas, sexistas, homófobas... comprometendonos a utiliçar umha linguagem nom violenta nem discriminatória. OPAII-RFM entende que mulheres e homens debemos ser tratados com dignidade, e comprométe-se co emprego dunha linguagem nom sexista nem discriminatória. Por todo isto tanto nas actividades, programas ou assembleias organizadas por OPAII-RFM non se admitiram atitudes discriminatórias.
5º- No que se refire à defesa do meio, OPAII-RFM, defende um desenvolvemento da humanidade, respetuoso coa natureza, e implicara-se de geito activo na defesa do meio ambiente actuando em distintos pontos: denunciando os atentados contra o medio ambiente, promovendo alternativas que posibilitem um aproveitamento racional e ético dos recursos, colaborando cos grupos ecoloxistas e outros colectivos sociais, na difussom das campanhas de sensibilizaçom. Aplicara-se a regra das tres erres no dia a dia do colectivo [Reutilizar, Reciclar e Reducir].
6º- OPAII-RFM pretende ser um colectivo de carácter local, é dizer, debe incidir no que ocorre no seu entorno máis inmediato, isto nom quere dizer que se peche ao que sucede noutros lugares da Galiza ou do planeta, necesário para umha comprenssom da realidade global, por isto, fai seu o lema "pensa globalmente e actua localmente". Para conseguir este carácter local, OPAII-RFM, oferece-se aos diferentes colectivos e pessoas da comarca, para que estos utilicem OPAII-RFM como medio de expressom. OPAII-RFM respaldará as iniciativas que saiam neste senso, e intentará no posivel que a difussom das novas se leve a cabo polos proprios protagonistas.
7º- OPAII-RFM debe garantir a participaçom de pessoas ou colectivos doutras culturas, e denunciará qualquer atitude racista e a quem provoque dita actitude. Colaborará com colectivos que favorezam a integraçom de inmigrantes e colectivos marxinados, a través do conhecemento das suas culturas e realidades.
8º- OPAII-RFM posicióna-se contra o militarismo e qualquer forma de autoritarismo, por consideralos meios para oprimir aos povos e às pessoas. Rexeitamos os valores fascistas e a discriminación que estos promovem ao nom respeitar e negar o pensamento individual. Posicionamonos fronte á violência em todas as súas manifestaçons, por ser umha forma de perpetuaçom das desigualdades, defendemos xeitos de resoluçom dos conflictos em connivência cos direitos e liberdades fundamentais dos individuos em comunidade.
9º- OPAII-RFM, non casa com partido político algum. As pesoas queparticipan no colectivo o fan en mome propio, nom como vozeiros de organizaçoms políticas, ainda que poidan militar nelas. Polo mesmo, em OPAII-RFM nom poderám existir programas que representem ou sexam voceiros de partidos, organizaçons ou siglas políticas concretas, mas sim poderam selo de ideias.
10º- OPAII-RFM utilizará nas súas instalaçons Software Livre, porque podemos e pola coincidencia com súa filosofia de compartilhar o conhecimento de forma livre, e porque utilizar Software Privativo implicaria umha contradicçom com o principio de liverdade e um apoio ao sistema capitalista, monopolizador e alineante que o Software Privativo representa. OPAII-RFM, comprométese dentro das sua posibilidades, a apoiar a difussom de artistas, grupos e programas informáticos que compartem as suas creaçons e conhecementos baixo licencias livres.
Related Posts with Thumbnails