Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Mostrando postagens com marcador marcha mundial mulleres. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador marcha mundial mulleres. Mostrar todas as postagens

02 janeiro, 2017

Concentración de denuncia polos últimos feminicidios, 20 Dez 2016

O pasado Martes 20 de Decembro de 2016, ás oito da tarde, persoas, partidos e diferentes asociacións da comarca, concentráronse diante da Casa do Concello de Ferrol, como no resto das cidades de Galiza, para denunciar os últimos feminicidios, convocados pola Marcha Mundial das Mulleres. #oMachismoMata



19 novembro, 2014

O Recuncho nº 207


Mércores, 19 de novembro de 2014, de 19,00 a 20,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12 hs e Xoves de 2 a 3 madrugada.
O Recuncho” nº 207 , programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos:
Invitadas: Loreto Primo, Cintia Regueiro e Patricia Horjales, da Marcha Mundial das Mulleres Ferrolterra para falar do 25N – Dia Mundial contra a Violencia Machista.
O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: “El Dr. Menguele vuelve al ataque”
Na “Sección Poética” con Lorena Calaza e Fer Ocampo : Amelia del Castillo
Os libros comentados, espazo de Víctor G. Novás : Prestige: a catástrofe que espertou a Galicia.
Novas e comunicados, por Lucía Vizoso.
Música: Las Migas e Sílvia Pérez Cruz.
Na equipa técnica: Miguel Castro.
Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com
e-mail: fucobuxan@gmail.com – telefº directo: 981371040


20 novembro, 2013

O Recuncho nº 164


Mércores, 20 de novembro de 2013, de 19,00 a 20,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12 hs e Xoves de 2 a 3 madrugada.
“O Recuncho” nº 164 , programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos:
Invitada: Conexión telefónica con Tareixa Pereiro da Marcha Mundial das Mulleres, para falar do 25-N, Día Internacional contra a violecia de xénero.
O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: ” Ateneo invadido”
Na “Sección Poética” de Lorena Calaza: Poemas do Prestige.
Os libros recomendados, espazo de Víctor G. Novás
Novas e comunicados, por Fernando Ocampo.
Música: Galicia, sen máis...

01 outubro, 2013

DIVERTIMENTO - Xornada dos CUO en Ferrol - Especial feminismo, Marcha Mundial das Mulleres.


Divertimento para pequenos monstros do venres 27 de setembro de 2013. Dúas horas de monstrosos contiúdos...
  • Contacto telefónico cos CUO Ferrol (Comités pola Unidade Obreira) para nos falar da charla que celebrarán o venres 27 de setembro na Galería Sargadelos de Ferrol, baixo o título "A experiencia dos CUO na loita do carbón asturiano. A unidade obreira, unha necesidade".
  • Especial feminismo, coa presenza de integrantes da Marcha Mundial das Mulleres de Ferrolterra, falando da súa orixe, da súa tensa relación co Grupo de Goberno do dereitista PP en Ferrol, das Xornadas "Feminismo en Obras" do 5 de outubro en Narón (A Coruña) e da manifestación polo dereito ao aborto este sábado 28 de setembro de 2013 en Compostela. 
Conduciu o especial feminismo: Paula Meizoso.
Apresentaron e conduciron Divertimento: Ana Lucecú e André "Pequeño Monstro".
Emisión: Rádio FilispiM (Ferrol), Rádio Kalimera (Compostela) e Cuac FM de Corunha. 

Nota: enlace audio substituido polo correcto.

30 setembro, 2013

Novas Locais. "Feminismo en Obras", xornadas da Marcha Mundial das Mulleres en Narón, 5 de outubro.


O vindeiro sábado 5 de outubro de 2013 terán lugar no Centro de Día "Manuela Pérez Sequeiros", Narón (fronte ao Pazo de Cultura) as Xornadas Feministas organizadas pola Marcha Mundial das Mulleres na Galiza (MMM). Baixo o título de "Feminismo en Obras", acollerán charlas, debates, reflexión e convivio. Todo o programa atoparalo no enlace: http://feminismo.info


* Inclúe audio cunha-radio difusión das xornadas.


Redacción informativos Rádio FilispiM.

23 fevereiro, 2013

NOVAS LOCAIS - Marcha Mundial das Mulleres. O Concello prohibe debuxar siluetas de mulleres asasinadas.


Marcha Mundial das Mulleres. O Concello de Ferrol prohíbelles debuxar siluetas no chan, cando é asasinada unha muller por violencia machista.

Surreal e cruel.

A Coordenadora Comarcal da Marcha Mundial das Mulleres da nosa comarca vén realizando dende hai máis de 5 anos concentracións de repulsa ao pé do Concello de Ferrol, cada vez que asasinan a unha muller vítima da violencia machista na Galiza, "nesas concentracións sempre debuxamos a silueta da muller asasinada", din elas.

Nas dúas últimas concentracións non puideron pintar as siluetas porque a Policía Local de Ferrol se achega e lles advirte que non poden proceder ao acto simbólico de debuxar a silueta da vítima,  xa que existen ordes da actual responsábel de Igualdade do Concello de Ferrol, Verónica Casal Míguez, de prohibirllas debuxar.

Dado que era unha orde da Concellaría de Igualdade, deciden solicitar unha reunión coa súa responsábel, Verónica Casal Míguez, mais ista se mantén na súa postura de prohibilles pintar a silueta  a muller asasinada, baseando a súa prohibición na Ordenanza municipal de ”Limpeza e recollida de residuos”, que prohibe fazer pintadas. 

Dende a organización de mulleres, pensan que "nin á Marcha MM nin ao conxunto da cidadanía da nosa Comarca lle ten que valer que o Grupo de Goberno do PP asimile unha acción de puramente simbólica de concienciación cívica, cun acto de puro vandalismo, máxime cando no transcurso de actividades deportivas (voltas ciclistas, etc) se fan pintadas no chan e non hai ningún tipo de problema".

Dada a situación, veñen de manter unha unha reunión cos grupos da oposición (EU, BNG e PSOE) os cuais decidiron que no vindeiro Pleno do día 28 de febreiro van presentar unha moción, donde ademáis unha representante da Marcha intervirá no Pleno.

Dende a Marcha MM nos piden que acudamos a este Pleno para amosar o noso apoio a esta moción, e para que a Marcha Mundial das Mulleres poda seguer debuxando no chan ao pé do Concello as siluetas das vítimas cada vez que é asasinada unha muller víctima da violencia machista.

"Imos acudir a este Pleno vestidas todas de negro como medida de protesta, todas as persoas que poidades, por favor, facede o mesmo", din elas.

Agárdanos a todas as persoas este xoves 28 de febreiro ás 19.00h no salón de plenos do Concello de Ferrol.


Ir a descargar

Redacción informativos RFM
Related Posts with Thumbnails