Pesquisar neste blog

Mostrando postagens com marcador Informativos Rádio FilispiM. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Informativos Rádio FilispiM. Mostrar todas as postagens

15 dezembro, 2025

Informativo semanal da FilispiM, 15/12/2025

 

Informativo semanal Rádio FilispiM, 15/12/2025

Sumario:

  • Crónica da manifestación deste pasado domingo 14 de decembro, en Compostela, contra o macro proxecto de ALTRI. Lupe Ces.

  • Vítimas da transiciom. Un relatorio dos assassinatos…” Sección de opinión, por Edu Comochoconto.

  • En “Noticias Dialogadas”: Lupe e Inacio abordan o problema da soidade nom desexada, a pobreza e a falta de vivenda; a partires dun caso de incendio que lhe costou a vida a um ancián de 83 anos sumido na pobreza e dependente.

  • Convocatoria de manifestación Comarcal, domingo 21 de decembro, baixo o lema: "Ferrolterra contra o Xenocidio. Cos ollos postos en Gaza”. 

  • A figura propia do Natal galego, O Apalpador, vetado no programación natalicia do “popular” Concello de Ferrol.

  • As Trasnas e Trasnos elegantes do Exército Rimbombante do Apalpador anuncian, unha vez máis, a chegada do Vello Carboeiro a Trasancos!

  • Da man de Silvia Bogo, coñecemos as vindeiras actividades que terán lugar no local social da Fundaçom Artabria.

  • Peche musical: SÉS “Sigo escollendo a Utopía”

Condución/edición: Ana Lucecú / Redación filispiniana.-

Participa! informativosfilispim@gmail.com (mensaxes de voz, convocatorias...) Comparte!



08 dezembro, 2025

Informativo semanal, 8/12/2025

 Sumario:

  • Cobertura da cazolada por Palestina do pasado dia 1 de decembro no Cantón. Por Inácio.
  • Quinto Recoñecemento á defensa dos dereitos humanos ACAMPA. 
  • A Inmaculada Constitución. Analise retrospectivo e actual. Por Edu Comochoconto.
  • Noticias Dialogadas. Lupe e Inácio dialogan sobre o Nadal, a misoxínia, a soedade non dexesada, o consumismo, a festa familiar, a luz, a amizade, o solsticio de inverno... 
  • TEIMA Ferrol convidannos o 10 de decembro, Día dos Dereitos Humanos, á presentación do libro "Uno más, nada menos" do sadense  Antón Fontao. Informacion elaborada por: Carmen Brage, Merce Alonso e André pequenomostro.
  • Convocatoria da plataforma Ulloa Viva para a manifestación ALTRI NON deste 14 de decembro. Por Edu Comochoconto.
  • No Centro Social Artabria o 12 de decembro Cristian F Caruncho presenta a súa última banda deseñada. O sabado 13, lectura dramatizada a cargo do grupo de teatro de Artábria e inicio do obradoiro de escritura creativa a cargo do colectivo FIADA.
  • Noite de Riffs e distorsión na Sala Urania o sábado 13 con as bandas GraveRoad ST, Far Away Place e Orango Tango.
  • Concerto o día 13 das francesas Pythies na sala Room.
  • Canción de peche "Lagún" (BÖJ)

01 dezembro, 2025

Informativo semanal da FilispiM, 1/12/2025


SUMARIO, 1/12/2025

  • Milleiros de persoas das Comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal marcharon unidas "Polo Dereito ao Tren" o pasado domingo 30 de novembro. Informa pequenomonstro.
  • Cadrando co Día Internacional en Solidariedade con Palestina, do pasado 29 de novembro, o Colectivo Sanidade Galega con Palestina vén de asinar un manifesto. Informa Edu Comochoconto.
  • Noticias Dialogadas. Lupe e Inacio contan como determinados programas de radio normalizan nas súas tertulias o militarismo, o armamentismo, as políticas de guerra, mesmo a volta do servizo militar obrigatorio no Estado español. 
  • Minarias que assasinan. Unha realidade do noso tempo. Edu Comochoconto.
  • Na máquina do tempo filispiniana ao Día Mundial da SIDA de hai 17 anos, cando nas ondas da FilispiM conversábamos con Carlos Varela, activista a prol dos dereitos das persoas con VIH e, na altura, compañeiro da FilispiM co seu espazo DIAGNOSTICO POSITIVO. Carlos deixounos en outubro de 2017 aos 44 anos de idade. Hoxe lembraremos del. Documenta: André pequenomonstro.

AXENDA.

"As Invisibles", obra de teatro protagonizada por 10 mulleres e producida na Casa da Muller de Ferrol, preséntase o 21 de decembro no Centro Cívico de Caranza. Nolo conta Anita Kpasa.

Falaremos do Ciclo de Cinema "Non Deixemos de Mirar a Palestina", no Ateneo Ferrolán.

Tamén das 36 Xornadas de Teatro Afeccionado, organizadas pola Sociedade Amigas da Paisaxe de O Seixo en Mugardos.

Despediremos cunha peza. Familia Caamagno presenta "De paseo en Portugal", primeiro single do Lp que abrirá o ano 2026 da banda que fai 15 anos sobre os cenarios.

Condución /edición: André pequenomonstro.-

Equipa redación filispiniana.


24 novembro, 2025

Informativo semanal da FilispiM, 24/11/2025

Informativo semanal Rádio FilispiM, 24 /11/2025 

Sumario: 

  • “O negocio das innecesarias mascarillas”. Edu Comochoconto, opinión. 
  • Novas da A.C. Memoria Histórica Democrática. Informa Fer Ocampo. 
  • O Foro Cidadán Polo Ferrocarril. Ferroterra, Eume e Ortegal, convócanos a todas á manifestación do 30 de novembro, ás 12:00 h, na Estación de Tren de Ferrol. 
  •  Noticias Dialogadas. Vai de Libros! “A Guerra a Leste. Oito meses no Donbass” (Bruno Amaral de Carvalho). Por Lupe e Inacio. 
  •  O programa producido en Rádio FilispiM "Universo Nosso" do Colectivo Brincarmos, acada o primeiro premio ao "Mellor Podcast" na 1ª Edición do Festival de Podcast de EMUGA. Informa Pequenomonstro. 
  • 25 de Novembro: Día Internacional Contra a Violencia Machista. Concentración na praza da Gándara de Narón, ás 19:00 h. Convoca a Marcha Mundial de Mulleres. Informa Chelo Carballal. 
  • Estrea de "As invisibles", obra de teatro protagonizada dez mulleres e unha colaboración especial, producida na Casa da Muller de Ferrol. Informa Anita Kpasa. 
  •  O cine Dúplex de Ferrol, en colaboración co colectivo “Ferrol con Palestina”, organiza un pase especial da película “A Voz de Hind Rajab”. Domingo 30 de novembro, ás 19.30 h. Haberá presentación e coloquio co médico palestino Amir Ismail. Informa Ana Lucecú. 
  • Apresentaçom da “Brevísima historia do conflito entre Israel e Palestina", de Ilan Pappé. Conversa con Carlos Aymerich. O 28 de novembro, ás 20:00 h, no CS Artábria. Informa Silvia Bogo 
  •  Chamada á participación na manifestación: “Por un trem para a nossa comarca do século XXI”. 30 nov. ás 12:00 h na estaçom de trem de Ferrol. Por Silvia Bogo. 
  • Peza musical de CHEKAN. Banda de Latin Rock 70s que actuará o vindeiro 28 de novembro, ás 23.30h, na sala Urania de Ferrol. Entrada. 10€ 

Condución/edición: Ana Lucecú / Redación filispina de informativos.- Participa! 

informativosfilispim@gmail.com (mensaxes de voz, convocatorias...) Comparte!

18 novembro, 2025

Informativo Filispim, 18/11/2025


  • Rádio FilispiM celebrou a Festa do seu 20 Aniversario o pasado sábado 15 de novembro no CC de Canido. Escoitaremos unha reportaxe tirada do programa especial, que pronto emitiremos na súa integridade. Por pequenomonstro
  • En noticias dialogadas: O proxecto de ENCE para As Pontes, non desiste e avanza coa intención de instalarse. Por Lupe e Inacio.
  • 20 anos despois, volta a Gripe Aviar. Por Edu Comochoconto.
  • Actividades no CS Artábria: na sexta 21 de novembro obradoiro de micro machismos ministrado por Raquel Veiga. Domingo 23 de novembro Magosto no centro cívico de Canido con a banda Encrucillada, castañas, chourizos, liscos e foliada. Por Silvia Bogo.
  • Concertos da banda naronesa Pulpa e os ourensans Gargantúa o Venres 21 as 23:00 na Sala Urania, Greasy Belly na mesma Urania o 22 de nov as 22:30 e Merekumbé as 23:00 o sábado na Sala Room.
  • Canción de peche: "Ahora que ya consigues hablar", Pulpa.
Condución e edición: AO aka Chiti.
Redacción filispiniana.-

Participa! informativosfilispim@gmail.com (mensaxes de voz, convocatorias...) Comparte!

10 novembro, 2025

Infos semanais da FilispiM, 10/11/2025


Informativo semanal Rádio FilispiM, 10
/11/2025

Sumario:

  •  Noticias dialogadas. Lupe e Inacio, falan do paradoxo ferrolá: milleiros de vivendas baleiras, centos delas públicas, mais o acceso a umha vivenda digna e asequível continúa a ser un problema.
  •  III Foro Alvixe. "A Violencia de xenero dixital: A violencia invisible". 13 de Novembro, dende as 16h ata as 20h no salón de actos do Vicerectorado do Campus de Ferrol. Informa Chelo Carballal.
  •  Manifestación pola defensa do tren de Ferrolterra, Eume e Ortegal: Domingo 30 novembro, ás 12h, dende a Estación de Tren de Ferrol. Informa Ana Lucecú.
  •  Actos e actividades da A.C. Memoria Histórica Democrática para as vindeiras semanas. Informa Fer Ocampo.
  • Non esquecemos ao pobo palestino. Intervención na Cazolada contra a Fame e o Xenocidio que inflixe o estado sionista de Israel ao pobo palestino en Gaza, organizada polo colectivo Ferrol con Palestina o pasado 3 de novembro de 2025. Toma de son: Inacio Edición: pequenomonstro
  • Mortes laborais ou assassinatos da patronal. Edu Comochocnto, sobre um texto de Javier Ballesteros.
  • Estrea da promo da Festa do XX Aniversario FilispiM. Non a perdas! O sábado 15 de novembro no CC de Canido entre ás 17:00 e 21:00 h. Ana Lucecú / Oscar
  • Os catro integrates da banda de indie BATALHA (Oscar Quant, Melo, Manel e Dimitri) que estarán xunto a ECO na Festa do XX Aniversario da FilispiM, deixaron unhas verbas convidándovos a participar da festa da radio libre da nosa comarca. Pepe Cunha, condutor de Ábrete de Orellas, quen animará a festa como Dj, fai o propio. Informa pequeno monstro
  • Finalizaremos cunha Axenda de actos que pode ser do teu interés. pequenomonstro
Condución/edición: pequenomonstro.
Redación filispiniana.

Participa! informativosfilispim@gmail.com (mensaxes de voz, convocatorias...) Comparte!


03 novembro, 2025

Informativos Rádio FilispiM, 3/11/2025

 

Informativo semanal Rádio FilispiM, 03/11/2025

Sumario:

  • Presentación da Coordinadora da Mocidade Socialista, sábado 8 de novembro no Centro Cívico de Canido (Ferrol).

  • A asociación “O Castelo de Narahío” (San Sadurniño) ultima a “Volta das Ánimas”, unha das citas máis destacadas do Samaín da nosa Comarca. Sábado 8 de novembro. Reportaxe, pequenomonstro.

  • De elecións e o silencio das abstencións”. Opinión, Edu Comochoconto.

  • “Noticias Dialogadas”. Opinión, con Lupe e Inácio: “Un mundo en chamas...o imperio ameaza a Venezuela”.

  • Actividades organizadas polo Centro Social Artábria para os videiros días: presentación da exposición “Corpus” de Raquel Miragaia e roteiro “Conhecendo os petróglifos de Chamorro”.

  • Peza musical e despedida: “El disco que te regalé”, BATALHA.

Condución/edición: Ana Lucecú.

Participa! informativosfilispim@gmail.com (mensaxes de voz, convocatorias...) Comparte!

27 outubro, 2025

Informativo semanal da FilispiM, 27/10/2025


        Informativo semanal da FilispiM, 27/10/2025

        Sumario:
  • Reportaxe sobre ECO, unhas das bandas que, xunto a BATALHA, protagonizarán a Festa do XX Aniversario da FilispiM, o 15 de novembro en sesión "tardeo" no CC de Canido. Por André pequenomostro.
  • Noticias Dialogadas. Catherine Connolly sae elixida como presidenta de Irlanda. Por Lupe e Inácio.
  • Actividades A.C. Artábria. Día de Mortos e Samaín no CC de Canido o 31 a partir das 18:00h. O sábado 1, o xornalista Bruno Carvalho ofrecerá a palestra “O mundo en coflito, o novo mundo multipolar”. Por Silvia Bogo.
  • Canción de peche. "Movemento" (Bule).

21 outubro, 2025

Informativos semanais da Filispim, 21/10/2015

 
Informativo semanal da Rádio FilispiM, 21/10/2025

Sumario:

  • Abrimos con “Noticias Dialogadas”, Lupe e Inacio, na súa volta tralas vacacións, seguen a voltas co tren.

  • Continuamos cunha ración dobre de "Noticias Dialogadas". Lupe e Inacio seguen a dar voltas, desta con Emafesa.

  • Rádio FilispiM segue a celebrar os seus 20 anos RESISTINDO nas ondas libres de Transacos.  Preparan unha Festa para o sábado 15 de novembro no CC de Canido (Ferrol), haberá actuacións musicais, Djs imposíbeis e moita radio! Oscar Quant, integrante de BATALHA, comenta a xogada...

  • Sabela, de A Piruchela de Neda, da conta da axenda de actividades deste novo colectivo trasanqués.

  • O Colectivo Fiada (Asociación de Mediación Cultural Itinerante de Ferrol), fálanos das súas vindeiras actividades.

  • Edu Comochoconto trae un manifesto anfifascista.

  • Findamos con algunhas citas de AXENDA que poden ser do teu interés.

  • Marchamos nun tren pantasma!

Condución/edición: pequenomonstro

Participa! informativosfilispim@gmail.com (mensaxes de voz, convocatorias...) Comparte!


13 outubro, 2025

Informativos da FilispiM, 13/10/2025

 

Informativo semanal da Rádio FilispiM, 13/10/2025

Sumario:

  • Presentación do libro “O Encontro” de David Blanco e Catalina Rodríguez (Ed. Libros del Océano). Venres 17 de outubro, no Museo da Sociedade Galega de Historia Natural, Ferrol.

  • Participación do alumnado do Campus Industrial de Ferrol (UDC) no “Barcelona Game Fest”. Por Joaquín, dende Campus Ferrol.

  • A Piruchela, novo local social en Neda. Informa Ana fabaloba

  • Novas actividades da A. C. Memoria Histórica Democrática. Por Fernando Ocampo.

  • Preguntas ao goberno máis progre…”. Edu Comochoconto.

  • Anita Kpasa e Lobish8, desde Finca Dopico, presentan “Don Dinero”. Reportaxe de Ana fabaloba  e pequenomonstro.

  • Helga Méndez do colectivo “Ferrol Con Palestina” fálanos das accións que teñen preparadas para esta semana. Info elaborada por pequenomonstro.

Condución/edición: Ana Lucecú.

Participa! informativosfilispim@gmail.com (mensaxes de voz, convocatorias...) Comparte!


07 outubro, 2025

Infomativos semanais da FilispiM (6/10/2025)

 

Informativos semanais da FilispiM, 6 de outubro de 2025.

  • A radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos, Radio FilispiM, vese obrigada a marchar do punto de dial no que viña emitindo desde hai 19 anos. Conta o que está a pasar Ana fabaloba.
  • Perante a nova ordenanza de ruídos do Concello de Ferrol a música galega berra ben forte: a cultura non é ruído (Antonio).
  • Actividades da Asociación de Memoria Histórica Democrática (Fer).
  • Proxeccion do documental “O segredo da Frouxeira” (Fer).
  • Rádio FilispiM cubriu a manifestación nacional por Palestina en Compostela (Lupe).
  • Radio Raposeira no Burla Verde. Entrevista a Paloma, compa envolvida na loita contra a mina de lítio en Covas do Barroso-Pt (Edu).
  • Na “Máquina do tempo Filispiniana” afondamos na histórica luita de Ferrolterra contra a Pranta de Gas de Reganosa, co gallo da apertura en maio de 2025 dunha nova causa administrativa contra o entramado (André).

19 junho, 2025

Informativo semanal da FilispiM, 19/05/2025

 Informativo semanal Rádio FilispiM, 19/06/2025.-

Sumario:

- Segunda metade da crónica da Marcha a Gaza da columna galego/portuguesa. Os compañeiros da redación destes informativos, Xan Lopez e Inacio Martínez, partían o pasado mércores 11 de xuño de 2025 até O Cairo, coa intención de chegar, xunto tres milleiros de activistas pola paz, até Gaza polo cruce de Rafah. Lupe Ces continúa a narrar as vicisitudes acontecidas aos nosos compañeiros. Atoparás a primeira metade desta crónica neste enlace.

Narración e crónica: Lupe Ces / Documentación: redación filispiniana  / Edición e montaxe: André pequenomonstro. Música: Amal Murkus (Bajo los escombros).

- O Colectivo LGTB+ de Ferrolterrra, Avante, programa para os vindeiros días e semanas actos polo Día do Orgullo. Serán en Naraío (San Sadurniño) e Canido (Ferrol).

- A corrupción política, inherente ao sistema capitalista. Edu Comochoconto desde Rádio Raposeira, itinerante.

- O cantautor ferrolán Marcos Mella presenta o seu último videoclip, "Esas palabras", peza incluida no seu último álbum "300 Meses de Luxe".

Condución: André pequenomonstro.-

12 junho, 2025

Informativo semanal da Filispim, 13/06/2025 (última hora Marcha a Gaza)


Informativo semanal Rádio FilispiM, 12/06/2025.-

Sumario:

    Abrimos coa ÚLTIMA HORA da Marcha Glogal a Gaza. A nosa compañeira Lupe Ces fai unha crónica do acontecido aos nosos compañeiros Xan Lopes e Inacio Martinez desde que partiron o mércores 11 de xuño do aeroporto de Compostela (Galiza) cara O Cairo (Exipto). Edición/montaxe: André pequenomonstro. 
    * Escoita a segunda metade da crónica neste enlace.
    Ademáis:
  • FUCO BUXÁN achéganos un comunicado ante a aprobación da posible instalación dun skatepark sobre o Parque Antón Varela, en Canido.

  • “Conciliación familiar e educación no capitalismo”. Edu COMOCHOCONTO, dende Radio Raposeira.

  • Convocatoria de SOS SANIDADE PÚBLICA á movilización do vindeiro 12 de xuño, baixo o lema: “Listas de Agarda. Máis Transparencia. Máis Recursos Público”. En Ferrol, concentrarémonos fronte o centro de saúde Fontenla Maristany, ás 20h.

  • Silvia Bogo infórmanos das actividades que se levarán a cabo nos videiros días no Centro Social Artábria, en Ferrol.

  • Peche musical co tema “ Todo me va bien” de Albert Pla e Kase O, aproveitando o concerto que o músico catalán ofrecerá este sabado 14 de xuño, ás 20.30h, no Auditorio de Ferrol.

Condución/edición: Ana Lucecú.

Participa! informativosfilispim@gmail.com (mensaxes de voz, convocatorias...) Comparte!

05 junho, 2025

Informativo semanal da Rádio FilispiM, 05/06/2025

 Sumario:

  • Nace EXTRARADIOS, novo colectivo cultural en Ferrolterra.

  • Diálogo de novas. Tras cinco setenzas condeatorias, aberta unha sexta causa penal a Reganosa. Por Lupe e Inácio.

  • Manifesto da pasada concentración Galiza por Palestina en Ferrol. Gravación: Inácio. Edición: Antonio.

  • Marcha global a Gaza #marchtogaza. Inf: André pequenomostro

  • BDS organiza un acto de apoio a Palestina no Espazo Fiada de Catabois. Inf pequenomostro.
  • Dous integrantes da redación dos informativos da FilispiM, Xan Lopes e Inacio Martinez, faran parte da Marcha Global a Gaza este mes de xuño. Escoitamos as súas declaracions en exclusiva antes de partir (Inf. pequenomonstro).

  • Chamado urxente boikot a Israel. Edu Comochoconto (Rádio Raposeira).

  • A obra “VIDAS ASOMADAS” no CS Artábria (inf. Jorge Mirancos).
  • Rober Cagiao presenta, o xoves 5 de xuño ás 7 da tarde na Libraría Day en A Gándara-Narón, o seu novo libro "LA DAMA DE AMBOTO".
  • O sábado 7 de xuño ás 8 da tarde a praia de Areamorta, en Redes, será cenario de excepción do espectáculo de danza REDes.
  • O Festival Río Castro de Naraío, celebra a XXX edición. Desvelamos o seu cartaz.
  • A ferrolá Lida India vén de presentar o seu novo single e videoclip, “Galiña Vella”.
  • O Ateneo Ferrolán acolle o venres 6 de xuño ás 7 da tarde a inauguración da exposición fotográfica “OLLADAS” de Marta Gil.

  • Na Máquina do tempo filispiniana: A Cultura Preokupa. CSO As Atochas. Decembro 2008. Documenta: andré pequenomonstro.
Condución/edición: Antonio.
Comparte!   Espalla a túa radio libre!

29 maio, 2025

Informativo da Rádio Filispim, 28/05/2025


Informativo semanal, 28/05/2025.


- "A voltas co tren", no Diálogo de novas. Por Lupe e Inácio.


- Despexo do CSO Escárnio e Maldizer (Compos) adiado ata novo aviso. Por Edu Comochoconto (Radio Raposeira).


- Israel en boca de Indesexables. Edu Comochoconto (Radio Raposeira).


- Noite de PUNK ROCK con Satenta e Kase7e no CS Artábria. Por Bruno Lopes (Associaçom Cultural Artábria).


- O Concello de Cedeira organiza a palestra "Coidarte tamén é maternar" impartida por Pili Carballeira, psicóloga perinatal e asesora de lactación da asociación BBTTA. Por pequenomostro.


- Presentacion da XXX edición Festival Río Castro de Naraío (San Sadurniño), no bar O Campo (en Cesárea). Por Ana Fabaloba.


- Concentracións por Palestina na Galiza o próximo 2 de xuño. Por Bruno Lopes (Coordenadora galega de solidariedade pola Palestina).


- Na Máquina do tempo filispiniana: novembro de 2013, o programa de Rádio FilispiM "Ponte en Galego", feito por profes e alumnado do IES de Breamo, cubre o conflicto das praceiras co alcalde de Pontedeume, o "popular" Torrente. Por pequenomostro.


Canción de peche: "Ghaivota", por Kase7e.


Locución e edición: Antonio.


21 maio, 2025

Informativos da Rádio FilispiM 22/05/2025

Sumario:

- AVANTE LGBT convídanos é proxeçom do documentario “Infiltrats” no CS Artabria o sábado 24 de maio.

- André pequenomonstro divulga da proxeçom de “Las armas no borrarán tu sonrisa” no Ateneu Ferrolán o día 22 de maio. En “Cascarilla” será ao día seguinte no local da CGT.

Ana Faba Loba convida ao filme “Ante Nós”, un retrato íntimo de Castelao. A proxeçom será nos cinemas Duplex o domingo 25 de maio.

- Silvia Bogo presentanos as actividades dos próximos días no Centro Social Artábria.

- Edu Comochoconto da Radio Raposeira comenta o desaloxo do CSOA “Escarno e maldizer” de Compostela.

- Noticias dialogadas: Lupe e Inácio comentan o proxecto do saneamento da zona rural de Ferrolterra.

- Na "Máquina do tempo filispiniana" viaxamos até abril de 2013. Inácio Caranza falaba da participación cidadá e iniciativas xurdidas do Foro Social de Ferrolterra en setembro de 2011, uns meses despois do 15M. Documenta: André pequenomonstro.

- Findamos con “O mar, o amor, o elo”, unha peza de Luizga e Susana Travassos.

  • Condución/Edición: Jorge Mirancos.

Participa! informativosfilispim@gmail.com (mensaxes de voz, convocatorias...) Comparte!

15 maio, 2025

Informativo Rádio FilispiM, 15/05/2025

Informativo semanal da Rádio FilispiM, 15 de maio de 2025.

SUMARIO:

  • Novas dialogadas. Lupe e Inacio seguen a voltas cos RESIDUOS. Na actualidade máis de 1.000 toneladas de voluminosos recolhem-se em Ferrol cada ano. Hai umha falta de empatia e civismo por parte de certa vizinhança. Abordam este assunto, assim como os vertedoiros incontrolados.

  • Jorge Mirancos achéganos as actividades do Centro Social ARTABRIA de Ferrol para esta semana.

  • Ana Lucecú, lémbranos unha nova concentración en Solidariedade con PALESTINA. Xoves 15 maio, ás 19.30h, na Praza Vella. Ferrol. Convoca: Ferrol con Palestina.

  • Luce Ces, profunda sobre as últimas novas sobre o xenocidio que está a acontecer en GAZA, aos ollos do mundo.

  • O Colectivo BDS (Boikot, Desinformación e Sancións a Israel), inicia unha campaña de concienciación dirixida aos FESTIVALEIROS e festivaleiras. Atentas ao seu comunicado...

AXENDA:
  • III ENCONTRO GALEGO DE MIGRACIÓN, sábado 24 de maio en Canido, organizado polo colectivo ferrolán Mobilidade Humana.

  • LETRAS GALEGAS 2025. Son moitos os actos e convocatorias para este importante Día. A principal: En Compostela, o sábado 17 de maio ás 12:00 h. Desde a Alameda, manifestación baixo o lema "Lingua vital Xa!. Culminará no Obradoiro cunha foliada pola lingua que promete ser espectacular. Debes ir ben armada de ferralla e gañas de sacar a lingua! 

                   *Entre cita e cita, ouvimos música de Color Humano e cantareiras de Leilía.

  • Rematamos cunha nova viaxe a través da MÁQUINA DO TEMPO FILISPINANA. Co pretesto do 20 Aniversario da FilispiM, recuperamos audios que marcaron a nosa andaina. Desta, viaxamos ao Maio de 2011, cando o chamado Movimento 15M contaxiou á mocidade de Ferrol e Trasancos (toma de son, edición: pequenomonstro).

Redación filispiniana.
Conduce: André pequenomonstro.-

08 maio, 2025

Informativo semanal Rádio FilispiM, 8/5/2025


Informativo semanal Rádio FilispiM, 08/05/2025

Sumario:
  • “Filispím Foi aos MAIOS”, reportaxe realizada polo noso compañeiro Antonio durante esta festividade no barrio de Canido de Ferrol.
  • “NOTICIAS DIALOGADAS”. A mantenta da apagom eléctrico do passado 28 de Abril e do debate na sessom de controlo do Governo polo Congreso de Deputad@s em Madrid. Galiza tem que deixar de ser um "território de sacrifício", para ser soberana nas decissons e poder gestionar o seu modelo eléctrico. Con Lupe e Inácio.
  • “Reflexom sobre os protestos do 1° maio”. Edu COMOCHOCONTO, dende Radio Raposeira.
  • A MÁQUINA DO TEMPO FILISPINIANA: “Lume no Ateneo!”. Cara a 1:25 h. da tarde do 17 de xaneiro de 2008 un lume e unha intensa fumareda alertan á secretaria do Ateneo quen, de inmediato, avisa aos bombeiros. Trátase dunha acción violenta aínda sen resolver, que a propia policía cualifica como intencionada. Rádio FilispiM levaba emitindo tres anos desde o famoso estudo metro cadrado... Nolo lembra André Pequeno Monstro.
  • Convite de QUEREMOS GALEGO para participar na grande foliada e manifestaçom nacional do 17 de Maio em Compostela. Por Lupe Ces.
  • Concentración 80 aniversario da VICTORIA SOVIÉTICA SOBRE O NAZISMO. Contra o fascismo e a guerra imperialista. Pola paz entre os pobos. O 9 de maio, ás 19.30h, no Cantón de Ferrol.
  • O colectivo FERROL CON PALESTINA organiza diferentes actos encadrados no aniversario da NAKBA. O Luns 12, en Fiada (Estrada de Catabois, 230), ás 18h: Obradoiro “Arroupando Palestina” Intervención de prendas con poemas e bandeiras. Seguido, ás 20h dunha proxección de audiovisuais e un faladoiro. O mércores 14, ás 20.30h, nun espacio aínda por determinar: Recital Poético “Voces con Palestina”. Poesía e musica. E o xoves 15, ás 19.30h, Concentración na Praza Vella de Ferrol cunha acción poética. Contra o xenocidio e en solidariedade co povo palestino.
  • CICLO VERMÚ CON LETRAS. Presentación do libro “Diário Comboio” de Raquel Miragaia, quen estará acompañada de Luz Castro, autora das fotografías do libro. Sábado 10 de maio, ás 13h, no Centro Cívico de Canido.
  • Presentación do LIBRO “Huellas bajo el agua” de Eva Loureiro Vilarelhe, quen estará acompañada por Ada Romero. Xoves 15 de maio, ás 19h, na Central Librera (rúa Dolores, 5) Ferrol.
  • Proxeción do documentario A LOITA FINAL. O martes 13 de maio no Ateneo Ferrolán (rúa Madalena, 202), ás 7 do serán. O pase da cita contará coa presenza do seu director, Enrique Banet e da ferrolá Mabel Rivera, produtora do mesmo. Por Ana Faba Loba.
  • Actividades para os vindeiro días no CENTRO SOCIAL ARTÁBRIA. Por Jorge Mirancos.
  • Marchamos coa PEZA MUSICAL “Muiñeira da Croa de Fontá” e unha breve explicación sobre o grupo de folk creativo ARROÁS, que o día 9 de maio, ás 20.30h, estará dando un concerto no Salón de Actos da AAVV do Cruceiro de Valón, en Ferrol, presentando o seu disco “Trasancos (Ferrolterra I)" https://arroas1.wordpress.com / https://arroas.bandcamp.com
Condución/edición: Ana Lucecú. 
Participa! informativosfilispim@gmail.com (mensaxes de voz, convocatorias...) Comparte!

01 maio, 2025

Informativo semanal FilispiM, 1/05/2025

 
SUMARIO do informativo semanal da Rádio FilispiM, 1 de maio de 2025.

  • O grande Apagón. A nosa compañeira  Ana Faba Loba, falou coa veciñanza de Trasancos e realizou unha pequena reportaxe sobre este novo feito que marcará a nosa memoria...

  • Novas dialogadas, diálogo de novas. Lupe e Inacio reflexionan verbo da faciana humana que se agocha tras destes acontecementos que nos soprepasan, como o do xa famoso Apagón... mais tamén sobre as consecuencias do "parón" en instalacións críticas, nomeadamente as depuradoras de augas residuais que funcionan na cidade de Ferrol.

  • Edu Comochoconto, reflexiona sobre o Día do infindo Apagón que levan sofrendo milleiros de familias na Cañada Real, mesmo o pobo palestino desde 1947.

  • A pasada fin de semana aconteceu unha nova edición da Feira da plantación en San Sadurniño. Os informativos de Rádio Filispim estivemos alí e realizamos unha reportaxe. Falamos con resposábeis de Agronuquel e Vacatola, presentes na Feira.

  • Presentación do Centro de Estudios Anarcosindicais da Galiza, o pasado sábado 26 de abril no Centro Ágora de Coruña. Economía, Ecoloxía e Traballo, foron os eixos vertebradores deste novo evento libertario. Nolo conta o noso compañeiro Antonio.

  • Lupe Ces fálanos do 25 de abril, en Portugal e na Italia. Do antifascismo. Mais, non esquece Palestina. "Seguimos a denunciar o xenocidio", manifesta.

  • AXENDA. 1º Feira Multisectorial Agrícola en As Somozas. 3 e 4 de maio na praza do Concello

  • AXENDA. A Asociación Recreativa de Camouco en Ares anuncia a expo do Clube de Prensa de Ferrol, "Galicia en Foco". Poderá visitarse a partir do 18 de maio.

  • AXENDA. A veciñanza de Canido en Ferrol celebra Os Maios, entre o 30 de abril e 4 de maio. Unha chea de actividades animarán esta tradición festeira (avcanido.org)- Entre as actividades, o domingo 4 de maio ás 13:00 h-, sesíon vermú. Entre os grupos, un clásico "canidiense", Sr. X, co seu reggae ska findamos.

Conduce: pequenomonstro.
Equipa Informativos Rádio FilispiM

24 abril, 2025

Informativos semanais Rádio FilispiM, 24/04/2025


SUMARIO: 

  • Montse Fraga, veciña de Narón, denuncia a paulatina privatización da Unidade de Atención Temperá dependente do Servizo Galego de Saúde. Informa André pequenomostro.
  • Diálogo de Novas. Galiza perceptora de residuos industriais. Por Lupe e Inácio
  • Ataques aos cárceres franceses. Por EduComochoconto.
  • Actividades na Associaçóm Cultural Artabria, XVII edición da Poesía Salvaxe, Clube de lectura e celebración do LI aniversario da Revoluçon dos Cravos. Por Jorge Mirancos.
  • XXVIII Feira da Plantación en San Sadurniño, este domingo. Por André pequenomostro.
  • Pechamos cunha peza: Anti KKK (XeRoots y La142).


Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]