Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Mostrando postagens com marcador acción directa. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador acción directa. Mostrar todas as postagens

30 maio, 2013

NOVAS LOCAIS. Carga de dignidade, 2 de xuño 2013. Esteiro-Ferrol.



A crise é a escusa perfecta. A construción naval sábeo ben, foi a primeira asoballada. Pero agora veñen contra tod@s, sector por sector, empresa a empresa, veñen casa por casa. A crise económica é a gran burla negra contra toda a cidadanía. E en Ferrol hai ben tempo que se sabe, que se sufre, que se engule a negra sombra. Abonda!

Artistas e creadores agrupad@s en Radio Buguina chamamos a toda a poboación de Galicia a unha acción artística popular en Ferrol. Chamamos a seguir o exemplo daqueles traballadores e traballadoras do sector naval que nun arrouto de dignidade penduraron os seus buzos de traballo na reixa da factoría de Navantia. Chamamos a continuar este monumento á dignidade, cada quen coa súa peza de roupa, batas da sanidade, batas da limpeza, batas de laboratorio ou batas de casa, xerseis, pantalóns, togas, camisolas, fundas, buzos, saias, vestidos, camisas, blusas, uniformes, chaquetas, cazadoras, traxes, mesmo a roupa das nosas crianzas, todo aquelo ao fín que pola súa forma e colorido é digno de ser pendurado, todo o que tivo un eco, unha voz, un runxido por leve que fose, con tal que chegue a conmovernos.

Chamamos a construír un monumento, pero tamén a vivir un acontecemento, con músicas, palabras e radio ao vivo. Homes e mulleres equipados con escadas e bridas van axudar a cinxir, espetar ou pendurar as vosas pezas de roupa. Será unha obra efémera, pero durante un tempo mostrará a reixa de Navantia cargada coa roupa de toda a xente, cargada de dignidade!

Ver Lugar da acción, "CARGA DE DIGNIDADE" nun mapa máis grande
  • Cartaz: 
  • Cunha radio:

  • Promo, realizada por Rádio FilispiM.

21 fevereiro, 2013

NOVAS LOCAIS. Acción Directa Recuperación Espazos Públicos: 1º Campionato Pesca de Neumaticos na Malata.


1º Campionato Mundial de Pesca de Neumático na Malata (Ría de Ferrol).

Este domingo día 24 de Febreiro ás 9:00 da mañá na enseada da Malata, terá lugar unha acción de limpeza desa zona do litoral da Ría de Ferrol, organizada por "Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos", un colectivo de cidadáns concienciados co valor patrimonial, paisaxístico e ecolóxico da comarca, asi como por cidadáns que se atopan en situación de desemprego (que non parados) que pretenden facer visíbel a grave situación que están a pasar.

Con esta e con todas as Accións que están a levar a cabo, pretenden: 
  • Denunciar ao Concello de Ferrol e as empresas contratadas para o mantemento destes servizos, polo desleixo e mal estado dos espazos públicos.
  • Paralizar a obra por valor de 916.000 € prevista por parte do goberno municipal para a Praza de España, por ser una obra innecesaria e un despilfarro. Demandan que ese diñeiro sexa destinado a contratar xente en situación de desemprego en contratos de media xornada, en función dá carga familiar ou precariedade na que se poidan atopar.
  • Visualizar a grave situación social que está a pasar toda a bisbarra de Ferrolterra, cunha das taxas máis altas en desemprego de todo o Estado.
  • Converterse nun ponto de converxencia social, para todos os cidadáns que se sinten afectados polo desleixo tanto do Goberno Central, Autonómico e Local, para lograr entre todos un entendimento, toma de acordos e decisións para a realización de accións directas.
Carlos Vidal Ojea, membro deste colectivo de cidadáns, "Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos", nos explica como xurdiu a idea, o porqué e fala dalgunha das accións máis representativas que levaron ao cabo até o de hoxe.

Ir a descargar

Redacción Informativos RFM.
Related Posts with Thumbnails