Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Mostrando postagens com marcador palestina. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador palestina. Mostrar todas as postagens

16 janeiro, 2025

Informativos, 12/01/2025

 

Informativos de Rádio FilispiM, 16/01/2025

Sumario:

- André pequenomonstro adianta a publicación dun novo poemario do ferrolán Paco Peste García "Introspecciones y viajes a mi oniria. El hombre de la pipa de cáñamo". Ademáis, Paco Peste recítanos un dos novos poemas-bomba, acompañado da harmónica de Sony Boy Williamson.

- Falemos de Lumes, con Edu Comochoconto.

- Noticias Dialogadas, con Lupe e Inacio: Outra volta coa vivenda. A vivenda nom é um negócio, é um direito humano que cumpre umha funçom social.

- Lupe Ces, dende Caranza, convídanos a participar no Plenario de Queremos Galego, baixo o título: “Mudemos de Rumbo. O galego ten futuro.” O 23 de xaneiro, ás 20h, no Antigo Hospicio de Ferrol.

- A Fundaçom Artábria organiza a presentación do libro “A Culpa foi de Zënzar. 35 anos de rock en galego.” O sábado 18 de xaneiro, ás 20h, no CS Artábria.

- Nova concentración en solidariedade co povo palestino: Luns 20 de xaneiro, ás 20h, diante do concello de Ferrol. Informa Lupe Ces.

- Charla do médico palestino Mohamed Safa baixo o título “Ano e medio de Xenocidio na Palestina. 76 anos de colonización israelí”. Será o 23 de xaneiro ás 19h, no Ateneo Ferrolán. Organiza: Asociación cultural Fuco Buxán. Informa Pablo Melaski.

- Despedimos coa peza musical “La Rossa Palestina” de Umberto Fiori.

Condución/edición: Ana Lucecú.

Participa! informativosfilispim@gmail.com (mensaxes de voz, convocatorias...) Comparte!

03 abril, 2024

A ocupación da Palestina no contexto rexional

 Palestra "A ocupación da Palestina no contexto rexional" a cargo de Fayez Badawi, membro da FPLP, no Centro Social Artábria no dia 02 de abril de 2024.




10 março, 2024

Embaixador da Palestina no Campus Industrial de Ferrol

 Palestra do Embaixador da Palestina, Husni Abdel Wahed, no Campus Industrial de Ferrol o día 05/03/2024.

Audio cedido á Radio Filispim polo Campus de Ferrol


13 outubro, 2014

Mohamed Safa ofereceu unha conferencia na Galería Sargadelos.


O pasado 21 de setembro as 20.00 h, Mohamed Safa, ex delegado da OLP (Organización para a Liberación de Palestina), ofereceu unha conferencia na Galería Sargadelos de Ferrol, baixo o título “Palestina, despois da ocupación". Este é un extracto da palestra...

Toma de son: Rádio FilispiM.
Redacción Informativos Rádio FilispiM.

08 novembro, 2013

Pallasos en Rebeldía dende Palestina (Crónicas de Iván Prado adaptadas para a radio).

Imaxe tirada de: https://www.facebook.com/Pallasosenrebedia

Entre o 21 de abril e o 5 de maio de 2009 recibimos en Radio FilispiM unhas emocionantes crónicas que ían relatando, pinga a pinga, a viaxe do colectivo Pallasos en Rebeldía pola Palestina.

Pallasos en Rebeldía é un espazo do teatro galego vencellado ao Festiclown, que traballa na cooperación internacional a través do riso e que daquela viñan de levar por segunda vez o espírito da risa e do clown a Palestina.


Iván Prado e Isaac Rodríguez Miranda foron quen de fazer realidade esta nova viaxe de fraternidade humana a través do riso tamén cun outro obxectivo igualmente importante: dar apoio ao pobo palestino e denunciar, máis unha vez, a continua e reiterada opresión que sofre por parte de Israel.


Pallasos en Rebeldía, creouse en Chiapas no ano 2004 durante unha visita ás fervenzas do río  Bascán no contexto da II Caravana de Pallasos aos Municipios Autónomos de Chiapas Tes máis  info en: www.pallasosenrebeldia.org.


Volvendo as emocionantes crónicas do colectivo Pallasos en Rebeldía dende Palestina e aquel ano 2009, os Pequenos Monstros sentimos a necesidade de fazer algo, e non soupemos máis que lle pór voz e adaptalas para a radio, compiladas en dous programas especiais gravados especialmente para Rádio FilispiM, a radio libre de Ferrol (GZ). Ademáis, editámolas en nove audios, correspondentes ás nove crónicas, para a súa escoita ou emisión por capítulos. Hoxe, volas ofrecemos nun só audio de algo máis 1h. 35 min., para que as escoitedes dun tirón...


O material que ides escoitar non ten ningún ánimo de lucro e está ao dispór de todas as radios asociativas, comunitarias, libres que o desexen difundir. Non é un material oficial do Colectivo Pallasos en Rebeldía, senón unha iniciativa persoal de André "Pequeno Monstro", integrante de Rádio Filispim, libre e comunitaria de Trasancos que emite dende Ferrol.


Ficades xa coas ADAPTACIÓNS RADIÓFONICA DAS CRÓNICAS PALLASOS EN REBELDÍA DENDE PALESTINA, CUXO AUTOR É IVÁN PRADO, non sen antes lembrar, que o colectivo galego Pallasos en Rebeldía segue a organizar actividades en apoio ao pobo palestiniano, quen continúa a ser machacado sen tregua, coa complicidade dos países máis poderosos do mundo e coa nosa... se ficamos en silencio.



+ info: http://pequenosmonstros.blogspot.com
Related Posts with Thumbnails