Colabora na autogestom!
Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023
Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]
Mostrando postagens com marcador ponte en galego. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador ponte en galego. Mostrar todas as postagens
25 dezembro, 2015
Ponte en Galego nº 45: Faltriqueira, Teatro e moito máis
En PEG pechamos o ano con Ana Leira, exalumna do instituto e compoñente do grupo folk eumés Faltriqueira; con Cris e Brais, tamén exalumnos e entusiastas teatreiros; cos viaxe á India que nos propoñen Sara e Marta, e con moitas outras cousas. Normalizando onde máis falta fai. Este é o resultado do noso traballo nas clases de Investigación e Tratamento da Información, nos recreos, nas horas libres… Que vos guste!
29 outubro, 2015
Novo curso para Ponte en Galego!
O programa de radio do IES Breamo de Pontedeume. Normalizando alí onde máis falta fai... e xa van 44 programas!
21 novembro, 2014
COMEZA A NOVA TEMPORADA NO PONTE EN GALEGO!
Unha entevista a Loaira, encargada de presentarnos o obradoiro OPS! – O português simples, un monólogo de Beatriz Domínguez, e unha serie de entrevistas cos organizadores do festival TREME A TERRA e coas alumnas e alumnos participantes nos proxectos de Bretaña e Finlandia, xunto coa sección XOGOS POPULARES de Alba Meizoso e Aarón Tenreiro, compoñen o primeiro programa do PEG este curso. Que vos guste!
18 novembro, 2013
Novas Locais. Os praceiros e praceiras de Pontedeume armados de dignidade fronte ao desaloxo.
Os praceiros e praceiras de Pontedeume foron desaloxados pola forza na mañanciña deste luns 18 de novembro de 2013 por efectivos da Garda Civil, logo de dúas semanas de feche no Mercado, esixindo claridade ao Alcalde da vila, canto a situación de provisionalidade na que ficarán tras o feche da nave para a substitución da súa cuberta. Incógnitas que non foron desveladas e si agrandadas coa intervención das "forzas de orde".
Aos poucos minutos do desaloxo, foron centos as mensaxes de indignación, raiva e impotencia que encheron as redes sociais. Delas, eliximos tres, que semallan coincidir na "oscuridade" da acción:
"Están desalojando de la manera más cobarde, como son ellos COBARDES, a las 6:20 de la mañana y como si fuesen los GEOS corriendo en sigilo alrededor de la plaza para rodearla...".
"Que pena ver como entran con cascos y chalecos antibalas, traían el ARIETE para romper la puerta; por consejo de los municipales, que dijeron llamar a la puerta que es gente pacífica y os abren sin destrozar nada, así fue pero la supuesta orden que traían nos la pasaron por delante sin dejar leer. En la linea del Sr. Alcalde. Si esto es legal yo quiero que alguien me lo explique...".
"Este es el diálogo del Sr. Alcalde. Nocturnidad y alevosía. No llegaron ni a leer ni a dejar leer la supuesta orden...".
Durante toda esta semana diferentes espazos de Rádio FilispiM, 93.9 FM, a radio libre de Ferrolterra (Divertimento, Ponte en Galego...) cubriron o que estaba a acontecer, dando voz directa aos praceiros e praceiras. Nesta audio rescatamos un anaco da última emisión do programa "Ponte en Galego", realizado pola Equipa de Normalización Ligüística do I.E.S. Breamo de Pontedeume, reportaxe editada horas antes de acontecer iste triste episodio protagonizado por Torrente, o Alcalde de Pontedeume integrante do dereitista Partido Popular.
Última hora!!!: Concentración iste luns 18 de novembro a partir das 21:30 h. na Praza do Concello de Pontedeume en apoio aos praceiros e praceiras.
Informou o Pequeno Monstro, para Rádio FilispiM
17 novembro, 2013
Divertimento - Esperanza Vázquez Dopico, fotógrafa - O Mercado Municipal de Pontedeume en loita - MIguel Alonso, o día despois da noite dos cans.
Miguel Alonso, cantautor |
- No estudio Esperanza Vázquez Dopico, capturadora de imaxes (http://
esperanzavazquezdopicofotografi a.blogspot.com.es/).
- Carmen, voceira dxs praceirxos de Pontedeume, falanos do conflicto co Concello gobernado polo dereitista Partido Popular (https://www.youtube.com/
watch?v=fEREkJpJ7BM)
- Miguel Alonso cantautor ferrolterráqueo en Compostela, "O día despois da Noite dos Cans..." (https://www.facebook.com/
events/213429122158976/?fref=ts)
Difunden: Rádio FilispiM para Ferrolterra, Cuac FM para A Corunha e Rádio Kalimera para Compostela.
Etiquetas:
colectivos sociais,
Divertimento,
entrevistas,
Fotografia,
Miguel Alonso,
Pequeno Monstro,
ponte en galego,
Pop
28 setembro, 2013
Assinar:
Postagens (Atom)