Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Mostrando postagens com marcador Marchas da Dignidade. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Marchas da Dignidade. Mostrar todas as postagens

03 maio, 2015

As Marchas da Dignidade de Ferrolterra e a CNT repensaron o 1º de Maio en Ferrol.


Coa perspectiva do vindeiro 22 de outubro, data na que as Marchas de Dignidade convocan unha Folga Xeral en todo o Estado español, o pasado 1º de maio de 2015 tivo lugar en Ferrol unha manifestación convocada polas propias Marchas da Dignidade de Ferroterra e o Sindicato de Oficios varios da CNT na cidade, ao igual que aconteceu en outros puntos do Estado donde as Marchas uniron forzas con este e outros sindicatos alternativos, para por o contraponto a esta data e tentar recuperar a súa esencia, repensando o 1º de Maio.
No caso de Ferrol a manifestación partiu ás 6 da tarde do Cantón e rematou, logo dun longo percorrido por diversos bairros da cidade, na Praza 10 de Marzal, ao pé da estatua en homenaxe aos obreiros abatidos por disparos da policia, de Amador e Daniel, un 10 de marzo de 1972.
Os informativos da Rádio FilispiM seguimos o descorrer da manifestación dende o Cantón até o Praza 10 de Marzo, e realizamos unha pequeña reportaxe sonora coas voces das pesoas participantes, dos colectivos organizadores e finalmente, ao pé ao monumento a Amador e Daniel, recollimos o son do comunicado final confeccionado e lido en conxunto por integrantes das Marchas de Dignidade e dos sindicatos alternativos convocantes a nível de Galiza.
Posteriormente houbo un espazo de micros abertos para quen quixer participar donde ouvíronse diversas voces, coma a dun traballador das contratas de Telefónica que denunciou a ocultación por parte dos medios de comunicación de masas, da folga indefinida que están a levar adiante, pola readmisión dos despedidos e demandando un emprego con dereitos e non esclavo.  Para finalizar outras persoas dos colectivos convocantes en Ferrol, Marchas da Dignidade e CNT, tomaron a palabra e fixeron pequeñas alocucións.        
O Pequeno Monstro para os informativos da libre e comunitaria de Ferrol.

30 abril, 2015

As Marchas da Dignidade e o Sindicato de Oficios Varios da CNT, convocan un 1º de Maio alternativo en Ferrol.


1º de maio alternativo en Ferrol, este venres ás 18:00 no Cantón (Ferrol).

As Marchas da Dignidade e o Sindicato de Oficios varios da CNT, convocan en conxunto unha manifestación en Ferrol o vindeiro 1º de Maio de 2015 as 6 da tarde con saída do Cantón en Ferrol.
Ao igual que noutros puntos do Estado español, as Marchas da Dignidade suman forzas  ao sindicalismo alternativo co obxecto de crear as condicións para unha mobilización de carácter estatal e xeral,  unha folga laboral, social e de consumo para o vindeiro 22 de outubro de 2015.  Con esta mobilización tentarán denunciar un cambio de modelo social, que actualmente condea a maioría da poboazón a vivir na precariedade e na falta total de expectativas.

 En diversas cidades do Estado español son 10 as organizacións que convocan esta mobilización xunto a todos os colectivos sociais e organizacións que conforman as Marchas da Dignidade, baixo o lema “Polo reparto dos traballos e a riqueza: camiñando cara a Folga Xeral”. Sen esquecer a principal consigna da loita das Marchas dende o 22 de marzo de 2014: " Pan, traballo, teito e dignidade".
Segundo os colectivos e sindicatos organizadores “para que toda a poboazón síntase convocada e partícipe da Folga Xeral do vindeiro 22 de outubro de 2015, esta debe plantexarse da forma máis imaxinativa posíbel, tratando de recoller a realidade social que está a mudar”, por iso queren involucrar a toda a sociedade dende xa.

A cita para participar no primeiro de maio alternativo en Ferrol, é o venres 1 de maio as 6 da tarde, con saída do Cantón. Na nosa cidade organizan: as Marchas da Dignidade de Ferrolterra e o Sindicato de Oficios Varios da CNT.

O Pequeno Monstro para os informativos locais da libre e comunitaria de Ferrol.
Montaxe sonora, mobilización Marchas da Dignidade: galizacontrainfo

24 março, 2015

Divertimento - Especial Marchas Dignidade 21M_2015

Alunhas das persoas participantes no especial Marchas Dignidade 21M - 2015

Edición do venres 20 de marzo de 2015 de DIVERTIMENTO para pequenos monstros,

Especial MARCHAS DA DIGNIDADE, 21-M. Horas antes de que as columnas de Ferrolterra partisen para sumarse ao resto de columnas galegas na mobilización do sábado 21 de marzo de 2015 en Madrid, conversaremos na Rádio Filispim, 93.9 FM, con algunha das persoas que integran as Marchas na nosa comarca. 

Coma integrantes das Marchas da Dignidade de Ferrolterra, estiveron no estudo: Rubén Dopico, André Martínez, Maximino Pardo, Alberto Espiñeira, Inacio Martínez e Elvira Marta.
Apresentaron e conduciron: Ana Lucecú e Pequeno Monstro.

Produzón deste especial: André Martínez i equipa de Divertimento.

16 março, 2015

As Marchas da Dignidade de Ferrolterra estarán en Madrid o sábado 21 de marzo baixo o lema "A pan traballo e teito, o pobo ten dereito."


Tempo de información local na Rádio FilispiM.

As Marchas da Dignidade volven o  sábado 21 de marzo a MADRID e reclaman unha FOLGA XERAL, baixo o lema “A pan traballo e teito o pobo ten dereito!”

Hai un ano, o 22 de marzo do 2014, un millón de persoas manifestabanse en Madrid convocadas por centos de organizacións sociais, sindicais e cidadáns para protestar pola situación de explotación, miseria, recortes e ataques aos dereitos máis básicos que estamos a atravesar. Alí estivo a Columna Galega das Marchas da Dignidade apoiando a necesidade de combater tanta agresión. Agora, de novo, miles de persoas dos diferentes territorios e nacións do estado, e centos de loitas e causas xustas berrarán “a pan traballo e teito o pobo ten dereito!”. En Madrid a Columna Galega partirá andando da estación de tren de Chamartín ás 3 da tarde até Colón (uns 6 km) onde rematará a marcha con un gran acto final.

Para todas aquelas persoas interesadas en acudir o sábado 21 de marzo a Madrid dende Ferrol, e participar nesta nova Marcha da Dignidade, este son os datos:

  • Prezo do AUTOBÚS A MADRID (Ida/Volta): 28 €. |
  • Saída: o sábado 21 de marzo ás 6 da mañá do sábado 21 de marzo, desde a Praza 10 de Marzo (a altura do IES Ferrolterra). O bus pasará por Caranza, Fene e Cabanas. Xa en Madrid, a volta a Ferrol será entre as 11 e 12 da noite.
  • Prazas: hai límite e o prazo para anotarse a viaxe remata o xoves 19 de marzo. Para anotarse a viaxe e + información: 603.21.38.63
Cando a totalidade das columnas galegas cheguen a Madrid concentrarase, na estación de Chamartín dende onde partirán camiñando até Colón, uns 6 Km, onde se finalizará a marcha xunto ao resto das colunmnas do Estado.

As Marchas da Dignidade en Ferrolterra volven o  21 de marzo a MADRID co lema “a pan traballo e teito o pobo ten dereito!”. Algún programa de Rádio FilispiM fará unha cobertura especial horas antes da partida das columnas ferrolás, na programación da serán do vernres. Para incorporarse a viaxe a Madrid, contactade co teléfono: 603.21.38.63

Informou o Pequeno Monstro para a libre e comunitária de Ferrol.
Fondo sonoro: http://galizacontrainfo.org/

18 fevereiro, 2015

O Acordo Transaltlántico de libre comercio (TTIP) á descoberta...



O pasado 10 de outubro de 2014, organizada pola Marchas de Dignidade de Ferrolterra,  tivo lugar no Ateneo Ferrolán unha palestra sobre a negociación do Acordo Transatlántico de libre comercio, máis coñecido coma TTIP, que están a negociar en secreto EEUU, Canadá e a UE.

Un Tratado que de asinarse por parte do Estado Español, seguindo as directrices das corporacións que dirixen dende a sombra a negociación, suporía unha catástrofe no noso país en materias fundamentais coma a saúde, a alimentación, o mediambiente e a economía, cuxos beneficios serían para as multinacionais ao criar o maior área libre de aranceis do mundo, a volta de torca definitiva do sistema neoliberal ao estado social a soberanía dos estados en materia de seguridade no traballo, cambios na lexislación laboral, ou mesmo a posibilidade de que as multinacionais podan demandar aos estados asinantes con cifras millonarias. O que fai temer o peor, é o acceso limitado á documentación das negociacións de dito tratado, que moitas forzas políticas e organización sociais definen coma “escuro”, “clandestino”, “beneficioso” para as multinacionaise prexudicial para a soberanía dos estados da UE.

No transcurso da charla-debate interviron a secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalva, e o médico e portavoz da Plataforma SOS Sanidade Pública, Manuel Martín. Escoitamos un estracto daquela charla que pronto poderemos ouvir íntegra no tempo de programas especiais da Rádio FilispiM.
Informou o Pequeno Monstro para  a libre e comunitaria que emite dende Ferrol.

16 novembro, 2014

Marchas de Dignidade, 29-N "Toma o Obradoiro". Cap.1. Quen son?

O pasado venres 14 de novembro de 2014, o programa de Rádio FilispiM, Divertimento para pequenos monstros,  realizou un especial adicado a convocatoria do 29-N, Marchas da Dignidade, "Toma o Obradoiro". Dende a redacción de Informativos comezamos hoxe tres capítulos adicados a saber máis sobre o este moviemento cívico estatal.

Nesta primeira entrega escoitamos a Daniel Melcón, da Columa do bairro de Caranza en Ferrol (integrada na Asemblea das Marchas da Dignidade de Ferrolterra) e a Santiago Lamelo, da Fronte Cívica de A Coruña. Fálannos das orixes deste movimento cívico cidadá, de quen o conforma e das pasadas  mobilizacións (22-M e 21-X).


Pequeno Monstro
Redacción Informativos Rádio FilispiM, 93.9 FM.

14 novembro, 2014

DIVERTIMENTO - Especial Marchas da Dignidade, 29-N. Toma o Obradoiro.

O venres 14 de novembro de 2014, DIVERTIMENTO para pequenos monstros, realizou un especial "MARCHAS DA DIGNIDADE, 29-N. Toma o Obradoiro", en Rádio Filispim Colectivo Opaii, 93.9 FM.

Durante noventa minutos, falamos do por que deste movimento cívico cidadá en todo o Estado, particularmente no país galego, na nosa comarca e, claro, da convocatoria do vindeiro sábado 29-N en Compostela. 

No estudio da FilispiM, estiveron:
  • Daniel Melcón (coluna caranceria).
  • Santiago Lamelo (Fronte Cívico, Coruña).
  • Alberto Espiñeira (Marchas Dignidade Ferrolterra).
  • Marta González (coluna caranceira).
  • André Martínez (coluna caranceira).
  • Carme Cela (coluna caranceira).
Conduce e apresenta: o Pequeno Monstro.
Difunden: Radio Filispim 93.9FM (Ferrol) e Rádio Kalimera, 107.9FM (Compostela).

27 março, 2014

O Recuncho nº 178


Mércores 26 de marzo de 2014, de 19,00 a 20,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12 hs e Xoves de 2 a 3 madrugada.
“O Recuncho” nº 178, programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos:
Invitado: Manuel Rodríguez Carballeira, presidente de Fuco Buxán: 22M-Marcha da Dignidade.
O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: ” No es país para vivos”
Na “Sección Poética” de Lorena Calaza: Lino Braxe
Os libros recomendados, espazo de Víctor G. Novás. Novas e comunicados, por Lucía Vizoso. Música.
Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com
e-mail: fucobuxan@gmail.com – telefº directo: 981371040

20 março, 2014

O recuncho nº 177


Mércores, 19 de marzo de 2014, de 19,00 a 20,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12 hs e Xoves de 2 a 3 madrugada.
“O Recuncho” nº 177, programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos:
Invitado: André Martínez Cés, da Marcha pola Dignidade – Ferrolterra: “22 M, tod@s a Madrid”
O “Espertar da Razón” de José Torregrosa.
Na “Sección Poética” de Lorena Calaza: Leopoldo María Panero
Os libros recomendados, espazo de Víctor G. Novás
Novas e comunicados, por Lucía Vizoso.
Música:
Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com
e-mail: fucobuxan@gmail.com – telefº directo: 981371040

04 março, 2014

Manifestación e Asembleas em Ferrol em apoio as Marchas da Dignidade


O mércores 26 de febreiro celebrouse a manifestación em apoio às Marchas da Dignidade em ferrolterra, umha manifestación simultánea nas sete cidades principais de Galiza. Ao remate da mesma, fíxose un chamamento a participar na mobilización convocada, para ao día seguinte, pola Alianza Social Galega. Também se convocou para o luns 3 de Marzo às 18:00 h. no Centro cívico de Caranza a unha Asemblea aberta das Marchas en Ferrolterra para continuar coa organización da participación de Ferrolterra nas Marchas da Dignidade o vindeiro 22 de Marzo en Madrid.

De seguido, ouvimos o manifesto lido o pasado 26 de febreiro de 2014 ao finalizar a manifestación de Ferrol em apoio as Marchas da Dignidade.

14 fevereiro, 2014

DIVERTIMENTO - Marchas da Dignidade - XII Xornadas Libertarias, Ferrol - Sala Yago, reokupada.

Edición do venres 14 de febreiro de 2014 de DIVERTIMENTO para pequenos monstros.
Contiudos:
  • MARCHAS DA DIGNIDADE. No estudio persoas veciñas de Caranza que convocan unha Asemblea aberta o vindeiro luns co obxecto de crear unha "columna" que acuda as Marchas da Dignidade do 22 de marzo en Madrid. 
  • XII XORNADAS LIBERTARIAS da Unión Libertaria de Ferrol. No estudio integrantes de U.L. que falarán destas xornadas que se celebran dende o martes 18 até o sábado 22 de febreiro no Espazo Libertario, na Avda. de Esteiro, 10 - baixo. 
  • A SALA YAGO DE COMPOSTELA RE-OKUPADA. Falamos cun integrante da Asemblea deste espazo que foi este xoves recuperado para o uso e disfrute cidadanía compostelá e que xa ten axenda de actividades para os vindeiros días.
  • Axenda Divertimento.
  
    Apresentan: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.
    Sintoniza o teu dial!!
    Related Posts with Thumbnails