Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Mostrando postagens com marcador O Pinchacarneiro. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador O Pinchacarneiro. Mostrar todas as postagens

23 fevereiro, 2016

PINCHACARNEIRO: especial AXENTES de Saúde no CÁRCERE de Teixeiro




O Pinchacarneiro, nesta ocasión desprázouse ata a Prisión de Teixeiro. Ali ASFEDRO, desenvolveu um programa de formación de Axentes de Saúde con varios/as internos/as.

Para coñecer a efectividade e necesidade deste e doutros programas, entrevistamos a Yadira, unha das psicólogas que desenvolve a súa laboura nesta cárcere.

Seguidamente escoitaremos o traballo efectuado polo compañeiro desta emisora Miguel Castro Serantes, quen a partir das granvacións feitas na prisión cos participantes do programa de Axentes de Saúde, deseñou e montou un audio, no que se recollen as opinións tanto de profesionais como de internos/as sobre a evolución e condicions da vida nesta prisión.

21 janeiro, 2016

PINCHACARNEIRO C.T.: Faro de Candieira/ Isabel Vilalba (SLG)/ Entroido gastronómico


 Comezamos este 3º Programa da tempada cos informativos retranqueiros

- Viaxamos ata Punta Candieira, Onde Fusa, unha das habitantes do faro, relata as tarefas deste oficio.

- Isabel Vilalba, Secretaria xeral do Sindicato Labrego, explícanos dun xeito moi didáctico a situación atual do sector leiteiro galego.

- Entruido: de Xinzo da Limia a Ferrol, e no remate, a receita dun dos platos máis típicos desta festa.

Info:
blogue: pinchacarneiroasfedro.blogspot.com
correio: pinchacarneiro.asfedro@gmail.com
Nota: a través do correio, podes enviarnos propostas sobre entrevistas, debates, etc e trataremolas en vindeiros programas. Colabora e verás que xeito lle damos!!

21 dezembro, 2015

PINCHACARNEIRO C.T 4º T 2ª P: Heavy TERAPEUTICO pra escomezar o Natal


Entrevista a Ivan Mendez, impulsor e princial responsável do Resurretion Fest (Viveiro), no que este ano debutará Iron Maiden, entre outros.
A posteriori debullamos a procedencia do sentimento consumista, que tanto emerxe nestas datas, e os condicionates que iso con leva para as persoas con menos recursos.

Retomamos o espazo do Boureadeiro. analizando a situación do Sector Leiteiro.
Xa pra rematar, abrimos o espazo larpeiro, onde o maestro dos queimadores de hoxe propón un menú composto de dous pratos e unha sobremesa, do máis xeitoso e doado para sorprender nestas datas.
... todo isto ben ataviado co Heavy terapeutico do Confurco.

Difusión - para propoñer tematicas ou opinar, escrever a : pinchacarneiro.asfedro@gmail.com,                               abordaremos as diferentes propostas nos vindeiros programas
                blogue: pinchacarneiroasfedro.blogspot.com

26 novembro, 2015

PINCHACARNEIRO C.T "CONFURCO": Arrincamos tempada




Primeiro Pinchacarneiro da tempada: debullamos a Comunidade Terapeutica do Confurco, coa presenza de 8 dos 16 usuarios que ali moran.
A posteriori Auri, veciña de Portosin, analizanos a situación das e dos mariñeiros/as de baixura.
Miguel, falanos da situación dos/as traballadores/as do Granito Rosa de Porriño, potencilidades e limitacións
Rematamos con gastronomia; Esther e David, propoñen un menu, saboroso, saudavel, economico e do mellor que hai para tornalo frio.

03 outubro, 2014

O PINCHACARNEIRO C.T.

Neste "Pinchcarneiro " (desenhado, e implementado 100% pola xente da Comunidade Terapeutica de O Confurco)
  • XURXO SOUTO, lider dos Diplomáticos de Montealto, escritor, regueifeiro, artista, comentounos a situación actual da música galega, falounos do BRAVÚ e como están a celebrar o 20 aniversario do mesmo
  • Nunha 2ª seción, inaguramos o espazo O recuncho da nosa música: escoitamos a "Iria Flavia", un grupo do Barco de Valdeorras. 
  • Xa para rematar, no Boureadeiro do Confurco abordamos a temática de "Fuga de Cerebros" proposta por unha das ouvintes do programa a través do correio electrónico pinchacarneiro.asfedro@gmail.com 
  • Na despedida do programa un dos artistas do Confurco, Sergio, sorpréndenos cunha interpretación a capela do tema "El Jardín Prohibido".                   Blogue: http://pinchacarneiroasfedro.blogspot.com.es/
Related Posts with Thumbnails