Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Mostrando postagens com marcador Que son os Informativos de Rádio FilispiM?. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Que son os Informativos de Rádio FilispiM?. Mostrar todas as postagens

15 outubro, 2024

Regresan os (contra)Informativos a Rádio FilispiM


Non vindeiros días retomarase a emisión dos Informativos de Rádio FilispiM, logo de sete anos de paréntese. Os espazos de luns a venres, poderán seguirse ás 8 da mañá e 13:00 horas, antes do informativo Cerna (ADEGA) e a información internacional de Democracy Now. Contarán coa participación de persoas integrantes do Colectivo Opaii! e do movimento social de base da Terra de Trasancos, que terán voz directa. Os informativos de Rádio FilispiM, realizaranse de xeito distendido, sen pretender competir coa información dos mass media tradicionais.

Para ocasión activouse un novo e-mail no que recibiremos notas de prensa, comunicados e incluso audios, de persoas e colectivos sociais:

                                            informativosfilispim@gmail.com

Estas son as promos, con decenas de voces da Terra de Trasancos, moitas delas parte activa da nova andaina contrainformativa na FilispinA.

*** AVISO: Rádio FilispiM é allea á publicidade que antecede estas promos. En canto estea de novo disponíbel o noso lugar de referencia, Archive.org, volveremos utilizalo. Obrigadas! ***

16 janeiro, 2014

A información que conta, en Rádio FilispiM.

Espazos informativos que difunde Rádio FilispiM

Todo o que tes que saber da información que conta, en Rádio FilispiM.
Horarios de emisión. Todos os días en Rádio FilispiM, 93.9 FM:
  •  de 24:00 h. á 01:00 h.
  •  de 08:00 h. á 09:00 h.
  •  de 13:00 h. á 14:00 h.
Espazos informativos que se emiten en cada unha das franxas horarias:

03 outubro, 2013

Novas Locais. Os informativos de Rádio FilispiM, fundamentais.


"Opaíí! - Rádio FilispiM, pretende ser un colectivo de carácter local, é dicir, debe incidir no que ocorre no seu entorno máis inmediato...". É unha dos moitos sinais de identidade da Rádio FilispiM, recollidas no seu Quen Somos?,  unha serie de varores que todos as propostas deberan asumir e cumprir para ser aceitadas. Dende a grelha pasada funciona no Colectivo e na radio un grupo de traballo de Informativos Locais, co fin de materializar parte dese ideario nalgo concreto e "tanxible". Trátase dun grupo de traballo aberto, cuns mínimos de consenso de acordo ao Quen Somos?. Calquer persoa integrante do Colectivo pode ser parte del, participando na produzón das novas, na locución das mesmas ou no que quixer... Un traballo fundamental para unha radio que se di libre, comunitaria, de carácter local, cooperativa (no seu traballo interno), trasformadora, de denuncia e independente... 


O tempo de Informativos Locais de Rádio FilispiM, se sumá aos dos boletíns Cerna (ecoloxía), Más Voces (URCM-ReMC) e Democracy Now (Amy Goodman). Pódense escoitar en Rádio FilispiM todos os días en bloques de unha hora, nas seguintes franxas horarias:
  • De 24:00 á 01:00 da madrugada.
  • De 08:00 á 09:00 da mañá.
  • De 13:00 á 14:00 da tarde.
No seguinte audio, tirado da pasada XIV Sesión Vermú, presentación da nova grelha da radio, escoitamos a Susana Alaniz quen conversa con Miguel Castro e André "Pequeno Monstro", ao respeito de todas estás cuestións...

Cunha-promo Informativos en Rádio FilispiM:


Redacción Informativos de Rádio FilispiM.
Related Posts with Thumbnails