Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Mostrando postagens com marcador violencia machista. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador violencia machista. Mostrar todas as postagens

09 dezembro, 2017

UNHA TARDE NO MUÍÑO

Programa Nº 5. Luns 20 de novembro de 2017

Programa monográfico co título Violencia de xénero nunca máis .
Asisten ao programa Chus Prieto, traballadora social e docente de teatro, Ana Cobo, Psicóloga experta en igualdade, Inés Bouza, Presidenta de Alvixe (Asociación para a loita contra a violencia de xénero), Noelia Darriba, educadora social e terapeuta, socia fundadora de Atalaia, Verónica Cinza, socia e usuaria de Alvixe.

Tamén tivemos en directo a Maite Dacosta, cantante, actriz docente de teatro. Maite comezou o programa coa interpretación da canción Certo pan de cada día.

Debate sobre a denominación correcta concluíndo todas as presentes en que a denominación máis correcta é Violencia machista.

Xustificación da data, actos a celebrar na comarca, implicación das administracións, fiabilidade de campañas e números, proceso  da violencia…e unha hora de debate que quedou curta.

Debate dende a razón e dende o corazón. Maite pechou a emisión deste emotivo programa coa canción Minoría Mulher.

01 fevereiro, 2014

O Recuncho nº 170

Mércores, 29 de xaneiro de 2014, de 19,00 a 20,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12 hs e Xoves de 2 a 3 madrugada.
“O Recuncho” nº 170 , programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos:

Invitado: Enrique Barrera, Profesor e Historiador: Últimos eventos da Memoria Histórica e novos proxectos.
Conexión telefónica con Eduardo Hermida, artista plástico, sobre “As Meninas de Canido”
O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: “A pegada dos avós”
A “Sección Poética” de Lorena Calaza:José Emilio Pacheco
Os libros recomendados, espazo de Víctor G. Novás.
Novas e comunicados, por Lucía Vizoso.
Música : Pete Seger e outros-
Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com
e-mail: fucobuxan@gmail.com – telefº directo: 981371040

05 outubro, 2013

Novas Locais. Chamado de urxencia ante posíbel desafiuzamento este luns en Cabanas.


No decurso do programa de Rádio FilispiM, Divertimento para pequenos monstros, recibiuse unha chamada de Stop Desafiuzamentos (Rede de Apoio Mútuo de Ferrolterra) comunicando unha nova urxente: o vindeiro luns poderia producirse un desafiuzamento no veciño concello de Cabanas.

Oferecémosvos a gravación do momento de dita comunicación, cando o programa estaba xa a findar. Ao tempo, reproducimos o comunicado que vén de chegarnos a nosa redacción: 
"Concentración en Cabanas ante a emerxencia dun inminente lanzamento de vivenda, como consecuencia dunha situación sostida de violencia machista EMERXENCIA: LANZAMENTO DUNHA VIVENDA EN CABANAS.
Concentración e apoio a Sandra, o Luns, 7 de Outubro, ás 10 da mañá fronte ao Areal da Praia de Cabanas, urbanización Los Llanos, nº3. 
Compañeiras e Compañeiros: 
Onte pasaron-nos unha notificación de que se ía producir un lanzamento de vivenda en Cabanas, Urbanización Los Llanos nº3 (Na zona fronte ao piñeiral da Praia da Madalena). 
Nós xa coñeciamos algo sobre este asunto, no que tivera que intervir o Valedor do Pobo, para que a esta muller a quixeran empadroar no Concello de Cabanas, pois o Secretario negaba-se. Mais o asunto non volveu saltar á luz até onte, onde a exposición da situación durou sobre seis horas, coa presencia da nosa avogada, un concelleiro de Cabanas e nós. 
O asunto non é só o lanzamento da vivenda. Este desafiuzamento é consecuencia dunha situación de VIOLENCIA MACHISTA, a cal confirmamos a través da asociación Ve-la Luz. 
Sandra, que é así como se chama a persoa que van desafiuzar da súa casa, ten unha sentenza de divorcio logo de máis dun ano de espera, onde ten a custodia do seu fillo de tres anos de idade. Ten interposto unha demanda por venda fraudulenta da vivenda familiar, contra o seu ex-marido (o arquitecto Jorge Salgado Cortizas ) que vendeu a vivenda familiar a un amigo, o farmacéutico ferrolán Antonio Torres Fernánez que é a persoa que demandou a Sandra e solicita o desafiuzamento da vivenda. 
O ex-marido, esta procesado por violencia de xénero, a espera de xuízo. 
Sandra vive co seu fillo na casa, mais tamén coa súa nai e a súa irmá que son as que a protexen dun contorno de acoso constante. 
Sandra necesita a axuda, a protección e o apoio que a maquinaria xudicial non lle facilita, frente ao seu agresor, e para parar un lanzamento inxusto. 
Convocan Stop-Desafiuzamentos (Adherida ás PAHs) - Comisión Dereito a unha Vivenda Digna, da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra e a Asociación Ve-la Luz (Asociación Galega para a defensa de mulleres e neñ@s vítimas da Violencia de Xénero e/ou abusos). 
Inácio (Comunicación) 645118113 
Correo-e: forosocialdeferrolterra@gmail.com 
ESPALLA E DIFUNDE A CONVOCATORIA"
Redacción Informativos Rádio FilispiM.

02 outubro, 2013

Novas Locais. Mª Carmen Isasi Varela, especialista en violencia de xénero, na Rádio FilispiM


Mª Carmen Isasi Varela, funcionaria da Admón de Xustiza e especialista en violencia de xénero, estivo estes días en Rádio FilispiM, no programa O Recuncho. Isasi, falou da evolución das políticas en materia de xénero nas últimas décadas. Según as súas propias verbas, foi na etapa Fraga cando maior avance houbo nesta materia na nosa Comunidade Autónoma, coa creación, por exemplo, do Servizo Galego de Igualdade, mais sempre cunha visión patriarcal donde se protexia a unha muller integrada nunha familia tradicional, en troques da persoa afectada, ao individuo. Según Isasi, pouco avance houbo cando o bipartito (PSdeG-BNG) na súa curta etapa de goberno, mais é na etapa actual, a "era Feijoo", cando se produciu un verdadeiro desmantelamento dos servizos con respeito a muller. "Feijoo, se ten cargado o Servizo Galego de Igualdade...", afirma Isasi.



Redacción de Informativos de Rádio FilispiM, 93.9 FM
Related Posts with Thumbnails