Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Mostrando postagens com marcador sector naval. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador sector naval. Mostrar todas as postagens

09 janeiro, 2015

O fin do veto a construcción civil en Navantia, chegou polo Nadal.


O fin do veto a construcción civil en Navantia, chegou polo Nadal.

O fin do veto á construción civil de Navantia chegou tarde, cuns estaleiros fóra de xogo do duro mercado internacional, coas gruas paradas e cunha boa parte da man de obra formando parte das listas de desemprego.  A pesar da esperanza que xera a posibilidade de que as antiguas Astano e Bazán poidan volver a construcción civil e do "navideño" anuncio do vicepresidente da Comisión Europea (CE) e responsable de Competencia, Joaquín Almunia, a sensación entre o cadro de persoal é que se trata unicamente dunha medida de distracción... 

Mais, que aconteu dende aquel primer veto, hai trinta anos, até hoxe? (...) -escoita o audio-

 

O fin da veto a construcción civil chegou polo Nadal. Dende os Informativos de Rádio FilispiM, animamos aos Xestores mediocres do público a marchar, para que a oportunicade de volver a producir e ser competitivos se poida materializar dende xa.

Informou o Pequeno Monstro para libre e comunitaria de Ferrol, Rádio FilispiM, 93.9 FM

24 outubro, 2014

Xaquín García Sinde, vetado polo CNI en Navantia.

Extracto da entrevista realizada a Xaquín García Sinde, enxeñeiro técnico e integrante de CC.OO. (sector crítico) quen foi vetado polo CNI (Centro Nacional de Inteligencia español) na libre circulación polas instalacións de Navantia, ao serlle denegada a "Habilitación de Personal de Seguridad" (HPS) que tiña solicitada. García Sinde traballa nos asteleiros de Navantia-Ferrol dende hai 34 anos, e nunca foi amonestado nin expedientado, non ten antecedentes penais e nen sequer foi detido. Según a normativa vixente, a acreditación HPS pódese denegar a quen "demostrou, de obra ou palabra, falta de honradez, deslealdade, falta de fiabilidade, non ser de confianza ou indiscreción".


Fonte do audio: programa O Recuncho (mércores, 22/10/2014).

Redacción Informativos de Rádio FilispiM.

31 março, 2014

Manifestación en apoio ao Naval en Ferrol, 30/03/2014.


Milleiros de persoas da comarca déronse cita o domingo 30 de marzo de 2014 en Ferrol, nunha nova manifestación para reclamar carga de traballo para os Asteleiros de Navantia e dicir non ao veto que a Unión Europeia mantén canto a construzón naval civil.  O pasotismo da clase política que actualmente ten as fórmulas para mudar esta situación é abafante (o PP goberna no Concello, na Comunidade Autónoma e en Madrid).

Numerosas organizacións, políticas da esquerda, socialdemócratas, ademais de sindicatos e colectivos (coma o bloco das Marchas da Dignidade na comarca) uniron a súa voz para reclamar, unha vez máis, carga de traballo para os Asteleiros da nosa Comarca.

Ouvimos parte do comunicado final...


Redacción Informativos Locais de Rádio FilispiM

06 março, 2014

II Jornadas do 10 de Marzo, Colectivo Chimarrao (Bertom-Ferrol).




II Jornadas do 10 de Marzo, Colectivo Chimarrao (Bertom-Ferrol).
1972 - 2014: Reencaminhando as luitas obreiras

Este ano as jornadas organizadas polo Coletivo Chimarrao em comemoraçom do 10 Março do 72 constarám de diversas atividades ao longo da se gunda semana de Março.

Empezaremos a terça 11 de Março às 19:00 horas na A.V. de Esteiro (Rua Fernando VI no bloque I), com umha palestra baixo o título "Autoorganizaçom obreira, sujeito, modelo, alcance e repressom", na que intervirám: Xam Lopes, Fernando Ramos Armesto e um membro da CNT.

Seguiremos a quinta 13 de Março às 19:00 horas no Ateneo Ferrolám (Rua Magdalena 202-204), com outra palestra entitulada "Dinamizaçom da luita obreira", em ela falarám-nós Inácio Mártinez e um membro da CNT.

Continuaremos a sexta 14 de Março às 19:00 horas na Galeria Sargadelos (Rua Rubalcaba 30-32) com a última das palestras baixo o nome "Discriminaçom sexual por grémios e sexualizaçom do trabalho", como ponhentes teremos a Lupe Cés e Lola Ferreiro.

Para rematar o Sábado 15 de Março às 21:00 (sede pontuais) teremos no Bar Chimarrao (Rua sartanha 61) o concerto de Machina e Savonarola. A entrada será de balde.
Evento no facebook:
coletivochimarrao@gmail.com
www.facebook.com/coletivo.chimarrao

Fonte: Colectivo Chimarrao - Ferrol
Audios: informativos de Rádio FilispiM.

Nova completa:

Cunha radio:

01 fevereiro, 2014

O Recuncho nº 170

Mércores, 29 de xaneiro de 2014, de 19,00 a 20,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12 hs e Xoves de 2 a 3 madrugada.
“O Recuncho” nº 170 , programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos:

Invitado: Enrique Barrera, Profesor e Historiador: Últimos eventos da Memoria Histórica e novos proxectos.
Conexión telefónica con Eduardo Hermida, artista plástico, sobre “As Meninas de Canido”
O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: “A pegada dos avós”
A “Sección Poética” de Lorena Calaza:José Emilio Pacheco
Os libros recomendados, espazo de Víctor G. Novás.
Novas e comunicados, por Lucía Vizoso.
Música : Pete Seger e outros-
Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com
e-mail: fucobuxan@gmail.com – telefº directo: 981371040

05 dezembro, 2013

O Recuncho nº 166


Mércores, 4 de Decembro de 2013, de 19,00 a 20,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12 hs e Xoves de 2 a 3 madrugada.
“O Recuncho” nº 166, programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos:
Invitados: Manuel Rodríguez Carballeira e Rafael Pillado Lista, Presidente e Vicepresidente de Fuco Buxán, para facer unha análise da situación socio-política actual e da crise do Naval.
O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: ”Ferrol esixe solucións ”
Na “Sección Poética”: Agustín García Calvo
Os libros recomendados, espazo de Víctor G. Novás
Novas e comunicados, por Fernando Ocampo.
Música: Chicho Sánchez Ferlosio, Amancio Prada e outros.
Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com
e-mail: fucobuxan@gmail.com – telefº directo: 981371040

04 dezembro, 2013

Novas Locais. FOTOGRAFIAS SONORAS, Manifestación 01/12/2103, Ferrol.


Manhá do domingo 1 de decembro de 2013. Vai friaxe en Ferrol, mais está despexado. O que non semella tan claro é o futuro que se cerne sobre a Comarca de Ferrolterra, unha negra sombra alimentada polas erráticas e malintencionadas políticas e por aqueles que as consinten... Mais, a poboazón de Ferrol e Comarca non perdeu a dignidade e, unha vez máis, tomou as rúas nunha xornada especialmente reividicativa e dura. Manhá non haberá traballo. A equipa de Informativos de Rádio FilispiM colleu un micro, vontade e realizou ista serie de fotografias sonoras con voces ben diversas, non só as das "grandes siglas", senón as das pequenas organizacións e, sobre todo, as voces da xente, persoas humanas con voz propia. Isto foi o que aconteceu...

Recortes sonoros (1). Manifestación - Ferrol 01/12/2013:
1. Praza Inferninho. Antes de partir, mulher comprometida.
2. Comeza a manifestación, dúas mozas de 18 anos.
3. Estrada Castela, dous xubilados no naval.
4. Perto de Praza España, nai trintañeira con neno pequeno.



Recortes sonoros (2):
1. Perto de Praza Espanha, tres xubilados.
2. Praza Espanha. Bruno, Nos-UP.
3. Praza Espanha. Nai e filla, 38 e 51 anos.



Recortes sonoros (3):
1. Rúa do Sol. Pepe Leira, Sociólogo e profesor universitario do Campus de Ferrol.
2. Os reporteiros da FilispiM avalliando a manifestación, a pé de micro.



Recortes sonoros (4):
1. Rua do Sol. Trabalhadora dun Restaurante ás portas do negocio vendo pasar a marea humana.
2. Rua do Sol a altura da Praza de Armas. Visión da manifestación dos reporteiros de Rádio FilispIM.
3. Praza de Armas, Manolo Cendán - PSOE-Ferrol



Recortes sonoros (5):
1. Praza de Armas, rapaza 32 anos.
2. Senhora que vai en direccion contraria a manifestación.
3. Joam Lopes. CIG Admón-Ferrol.
4. Senhora que vai en dirección contraria a manifestación (reprise).



Recortes sonoros (6):
1. - Praza de Armas. Xuventudes Comunistas, Jacobo e Begoña.
2. - Escadas da Praza de Armas. Plataforma Nunca Máis, Nes.



Recortes sonoros (7):
1. Praza de Armas, rapaz e rapaza 18 anos.
2. Escadas Praza Armas, Victor Ledo, Secretario General Federación de Industria CCOO.



Recortes sonoros (8):
1. Praza de Armas, rapaza 32 anos.
2. Praza de Armas.  Xabi. CNT Ferrol,



Recortes sonoros (9):
1. Praza de Armas, fin manifestación. Ibán Rivas, BNG Ferrol.
2. Praza de Armas. Jorge Suárez. EU-IU Ferrol.



Recortes sonoros (10):
1. Rematada a manifestación, ao pé das escadas da Praza de Armas. Jorge Porto, El Militante.



Recortes sonoros (11):
1. Estrada de Castela, perto da Praza Espanha. Tres xubilados indignados.
2. Muller con presas en dirección contraria a manifestación.
3. Praza de Armas, findou a manifestación. Nai nova co seu fillo de 6 anos.



Audios producidos polo grupo de Traballo de Informativos de Rádio FilispiM, 93.9 FM (libre e comunitaria). Redacción Informativos.

01 dezembro, 2013

Novas Locais. Ferrolterra ESIXE solucións. Audios concentración `Noite Defuntos´.


Na noite do pasado venres 29 de novembro de 2013, milleiros de persoas achegáronse á Praza de Armas de Ferrol, `armados´ de cabazas e fachos, secundado a convocatoria da práctica totalidade dos sindicatos da comarca en defensa do Sector Naval e baixo a mesma bandeira e lema, Ferrolterra Esixe Solucións´. O obxectivo, unir as conciencias dun xeito simbólico, para facer fronte a Longa Noite de Pedra que se aveciña ante a nula carteira de pedidos dos Asteleiros da Comarca, como consecuencia da neglixente xestión dos responsábeis políticos. Daquela, compre mobilizarnos.

Tras desa noite reivindicativa, aínda vivas as sombras dos fachos acendidos e das formas amezantes da cabazas, todo está preparado para que este domingo 1 de decembro de 2013 conflúan, nunha mesma MANIFESTACIÓN, dúas luitas: a da defensa do Naval e a da indignación pola recente sentenza do Prestige. A manifestación, que se prevé multitudinaria, partirá este domingo as 12:30 h. da praza do Inferniño.

Dende os informativos de Rádio FilispiM, animámosvos a sair hoxe domingo á rúa e unirse a convocatoria, donde todas as siglas, colectivos e persoas marcharán cun mesmo obxectivo, como ciudadáns éticamente incombustíbeis non resignados.

Audio: tirado do video producido polo Colectivo Ártabra 21 e editado polo grupo de traballo de Informativos de RFM.



Pequeno Monstro, Redacción Informativos de Rádio FilispiM.

27 novembro, 2013

Novas Locais. O Alcalde de Ferrol "pía" agora, mentres continúan as mobilizacións en defensa do Sector Naval.


Tarde piaches?
Nunha carta dirixida a todas e todos os ferroláns con data de martes 26 de novembro de 2013 o Alcalde de Ferrol, pide agora "...unha contundente resposta cívica fronte á incompetencia na xestión dos estaleiros na nosa ría, sen carga de traballo dende hai seis anos..."; ademáis engade: "é o momento da solidariedade co naval e de asumir a nosa responsabilidade en defensa dos intereses de Ferrol por encima de todo. É o momento de reclarmarlle un cambio de prioridades aos gobernos de Madrid e Bruxelas." A carta finaliza cunha petición: "... pídovos que participedes nos actos de protesta e presión para esixir TODOS XUNTOS TRABALLO PARA O NAVAL. FERROL NON SE RENDE."

Pola súa banda, diversas organizacións e colectivos continúan a denunciar, como sempre,  a calamitosa situación da industria naval na nosa Comarca ao través de diversas CONVOCATORIAS. As máis inmediatas son as seguintes:
  • Venres 29 de novembro, na Galería Sargadelos (R/ Rubalcava, 30-32), a partir das 19:30 h., apresentarase o documentario "Carga de Dignidade", de Xosé Bocixa, realizado a partir da acción colectiva a altura da antigua porta de Bazán.
  • Horas máis tarde, o mesmo venres 29,  baixo o lema "Ferrolterra esixe solucións", concentración comarcal na Praza de Armas a partir das 21:00 h.  á que se pide aos acudir con fachos e cabazas nunha "noite de vixilia".
  • Xa para o domingo 1 de decembro, MANIFESTACIÓN en Ferrol, convocada polos Comités de Navantia Fene e Ferrol, así como polos Comités das compañías auxiliares.
Podes seguir as múltiples Convocatorias en Defensa do Sector Naval, entroutros enlaces, en:  https://www.facebook.com/ferrolterraesixesolucions  ou  http://artabra21.blogspot.com.es/


Informou o Pequeno Monstro para os Informativos de Rádio FilispiM.

30 maio, 2013

NOVAS LOCAIS. Carga de dignidade, 2 de xuño 2013. Esteiro-Ferrol.



A crise é a escusa perfecta. A construción naval sábeo ben, foi a primeira asoballada. Pero agora veñen contra tod@s, sector por sector, empresa a empresa, veñen casa por casa. A crise económica é a gran burla negra contra toda a cidadanía. E en Ferrol hai ben tempo que se sabe, que se sufre, que se engule a negra sombra. Abonda!

Artistas e creadores agrupad@s en Radio Buguina chamamos a toda a poboación de Galicia a unha acción artística popular en Ferrol. Chamamos a seguir o exemplo daqueles traballadores e traballadoras do sector naval que nun arrouto de dignidade penduraron os seus buzos de traballo na reixa da factoría de Navantia. Chamamos a continuar este monumento á dignidade, cada quen coa súa peza de roupa, batas da sanidade, batas da limpeza, batas de laboratorio ou batas de casa, xerseis, pantalóns, togas, camisolas, fundas, buzos, saias, vestidos, camisas, blusas, uniformes, chaquetas, cazadoras, traxes, mesmo a roupa das nosas crianzas, todo aquelo ao fín que pola súa forma e colorido é digno de ser pendurado, todo o que tivo un eco, unha voz, un runxido por leve que fose, con tal que chegue a conmovernos.

Chamamos a construír un monumento, pero tamén a vivir un acontecemento, con músicas, palabras e radio ao vivo. Homes e mulleres equipados con escadas e bridas van axudar a cinxir, espetar ou pendurar as vosas pezas de roupa. Será unha obra efémera, pero durante un tempo mostrará a reixa de Navantia cargada coa roupa de toda a xente, cargada de dignidade!

Ver Lugar da acción, "CARGA DE DIGNIDADE" nun mapa máis grande
  • Cartaz: 
  • Cunha radio:

  • Promo, realizada por Rádio FilispiM.

01 maio, 2013

NOVAS LOCAIS. Audios comunicado manifestación 1º maio da CIG en Ferrol.



Ao longo desta xornada do 1º de maio de 2013 milleiros de traballadores e traballadoras da nosa comarca se mobilizaron en Ferrol, secundando as tres convocatorias das diferentes organizacións e sindicatos con presenza na comarca.

Nesta primeira toma de pulso ao acontecido nesta xornada, oferecemos o audio dos comunicados lidos ao findar a manifestación do sindicato CIG no Cantón de Ferrol.

Comunicado Manifestación CIG 1º Maio Ferrol (1ª parte: Anxo Pintos).
Comunicado Manifestación CIG 1º Maio Ferrol (2ª parte: Manuel Grandal).

Comunicado Maniffestación CIG 1º Maio Ferrol (3º parte: convocatoria en defensa do ensino público).

Redacción Informativos RFM

16 abril, 2013

NOVAS LOCAIS. Ferrol en ruínas, estaleiros que caen derrubados, corvos, lume e coches destruídos.


O Concello de Ferrol en ruínas, estaleiros que caen derrubados, corvos, lume e coches destruídos. Ese é o panorama que poden atopar aqueles que visiten a cidade. Son as fotografías-ficción do enxeñeiro naval, traballador de Navantia e artista Edu Pereira. "Matan ao naval. Desastre comarcal", rezan estas vallas publicitarias que intentan axitar a conciencia da cidadanía ante o drama ao que se asoma o sector da comarca.

As enormes imaxes pretenden chamar a atención sobre a situación na que quedaría a conmarca se o naval desaparece. Tres enormes carteis (de oito por tres metros) que se poden ver fronte ao Alcampo, así como nas estradas de Catabois ou Castela. Un intento por amosar a importancia dun sector "estratéxico" e do que "dependen todos" en Ferrol e que vai camiño do desastre, tal e como denuncia o comité de empresa, que este mércores presentou estas vallas publicitarias que pretenden chamar a atención sobre a situación dunha comarca que alcanza uns niveis de paro récord en Galicia e sobre o que suporía "que os estaleiros desaparecesen".

Edu Pereira, o fotógrafo autor destas imaxes dos carteis, explica a Praza que a idea xurdiu nas mesmas instalacións de Navantia, onde el traballa. "Alguén do comité de empresa viu os traballos que se basean na idea dun Ferrol deserto, da situación fantasmagórica na que quedaría a cidade se os estaleiros continúan nesta progresiva destrución; ocorréuselles utilizalas como parte dunha campaña de impacto visual para chamar a atención sobre a gravidade do que estamos a pasar", conta. "Se cadra unha imaxe vale máis que mil palabras; levamos moito tempo manifestándonos e repetindo lemas".

Daquela, Pereira ampliou as fotografías, modificounas e engadiulles outros elementos representativos da comarca, como o Concello de Narón ou o Castelo de Fene. "Posiblemente unha imaxe valla máis que mil palabras; levamos moito tempo manifestándonos e repetindo lemas...".
Fonte: xornal Praza Pública

Ir a descargar

Redacción Informativos RFM

01 abril, 2013

NOVAS LOCAIS. A procesión da Confraría do Flotel sacou o seu Trono reivindicativo, pese ao mal tempo.


A Semana Santa ferrolá acolleu actos actos reivindicativos dignos de mención. Até fai uns anos o Colectivo OPAÍÍ! organizaba en xoves Santo o  “Conspirando por unha radio libre”, en defensa e promoción de radios como a que estas a escoitar, Radio Filispim. 

Desta vez, por segundo ano consecutivo, fomos testemuñas dunha verdadeira procesión, con bastantes máis motivacións que as relixiosas. A pesar do mal tempo, que dende logo non acompañou, a "procesión" da Cofradía do Flotel saíu o martes 26 de marzo de 2013 polas rúas de Ferrol. Muitas persoas operarias do naval ferrolá enarbolaron buzos de traballo e reclamaron, unha vez máis, carga de traballo para os estaleiros da Ría. O Trono representaba o buque flotel, supostamente encargado a empresa petroleira mexicana Pemex pola Xunta de Galicia.

Lembremos que máis de 2.000 traballadoras e traballadoras foron despedidos das factorías de Ferrol e Fene nos últimos meses. A falta de previsión de carga de traballo, fai aparecer a sombra do desemprego masivo no naval ferrolá. A redución salarial e pode que un expediente de regulación de emprego formen parte das previsións da dirección da SEPI. As traballadoras e traballadores de Navantia seguen en loita, con moita 'Carga de Dignidade', esixindo carga de traballo.
Ir a descargar
Redacción informativos RFM.
Related Posts with Thumbnails