Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Mostrando postagens com marcador corrupción. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador corrupción. Mostrar todas as postagens

12 fevereiro, 2014

Reganosa, os gaseiros, a Ría, os temporais e a vida.


O sabado día 8 de febreiro de 2014, coa pleamar de pola mañá, estaba prevista a entrada na Ría do gaseiro de bandeira de comenencia "LNG Bonny" para descargar GNL (gas natural licuado) na planta de Reganosa. As condicións metereolóxicas e a singularidade da canle de acceso á Ría imposibilitaron a entrada. 

Unha vez máis, amósase que a relocalización da planta de gas no interior da Ría non obedeceu a razóns técnicas, senón que a verdadeira razón de fondo foi a operación especulativa da parcela onde se levantan os tanques, que lle reportou ao grupo empresarial Tojeiro 30 millóns de euros.

Esta Planta de Gas constitue un caso paradoxal de corrupción, no que os grupos maioritarios poñen as administracións públicas ao servizo dos intereses de Reganosa, como se pudo comprobar recentemente no informe da Comisión de Peticións do Parlamento Europeo.

A planta de Reganosa non só é unha instalación ilegal, perigosa e nociva para o ecosistema da nosa Ría, senon que forma parte do atraco o que nos vemos sometidos a cidadanía, a través das constantes subidas das tarifas da electricidade e gas que van a engrosar a conta de resultados das empresas enerxeticas.

Como en cada ocasión que se anuncia a entrada dun buque gaseiro na nosa Ría, unha representación do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, concentrouse na Praza Amada García, demandando o peche da Planta, en defensa da Ría e da vida.

Dende Rádio FilispiM unímonos ao berro de PLANTA DE GAS: PECHE XÁ!!


Informou Miguel Castro para os Informativos de Rádio FilispiM.
(Redacción Informativos RFM).

+ info: http://cociudem.wordpress.com/




Related Posts with Thumbnails