Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Mostrando postagens com marcador A Fabrica da lus. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador A Fabrica da lus. Mostrar todas as postagens

15 outubro, 2014

A Fábrica de lus vol. 32: Parking Express


Falamos con César Manso e con Nes das políticas de mobilidade de Ferrol, da ordenación do estacionamento e do uso da bici. Contamos ademáis coas opinións de vecinos e comerciantes do centro histórico da cidade, preocupados pola decadencia física e da actividade comercial, que relacionan coa falta de estacionamento.

10 outubro, 2014

A Fábrica de Lus vol 32: Parking Express

A Fabrica de lus, este sábado 11 de outubro, entre as 11 e as 13 horas, no seu programa número 32, aborda o conflicto da mobilidade no centro histórico, con representantes de colectivos veciñais e ecoloxistas da cidade. Coma sempre o debate irá acompañado dun pouco de música e das estrevistas a comerciantes e veciños do barrio da Madalena.

27 julho, 2014

A Fabrica da Lus vol. 31: un plan para os veciños


Presentamos neste volume 31 da Fabrica de Lus o programa de participación veciñal que se está a desenvolver durante a elaboración do planeamento municipal de As Pontes, cuxos responsables entrevistamos o pasado 1 de xullo. Contamos tamén coa presenza no estudio de Olga Fra, arquitecta municipal, que nos da a súa opinión sobre os modos de participación veciñal no urbanismo, non só na elaboración dos PXOMs, senon tamén na súa relación no día a día coas administracións públicas.

12 dezembro, 2013

A Fábrica de Lus vol. 21: cooperación internacional: colonialismo ou solidaridade

Falamos da cooperación no terceiro mundo, do enfoque que teñen os voluntarios e profesionais, da dependencia que xera, e dos intereses políticos e económicos que hai detrás. Contamos no estudo coa presenza de Efrén e Antía, que teñen traballado recentemente en São Tomé e Timor Leste, vía telefónica de Chusa, voluntaria nun proxecto do Fondo Galego de Cooperación en Cabo Verde, e coa opinión de Xan López.

22 novembro, 2013

A Fábrica de Lus vol.22: In-dependencia


Adicamos este programa, emitido en directo o pasado 16 de novembro, aos recortes na aplicación da lei de dependencia. Contamos no programa con un representante do Servizo Público de Dependencia da Xunta de Galicia, coa presidenta da asociación Teima Ferrol, unha traballadora desta asociación, e un afectado polos recortes na aplicación da Lei. Ademáis, colleitamos as opinións dos cidadáns sobre os recortes nestas políticas.

07 outubro, 2013

A Fabrica de Lus vol.19: comedores escolares: esmola ou dereito


Tratamos a problemática causada polo decreto 132/2013 da Xunta que regula o funcionamento e financiamento dos comedores escolares dos centros de ensino. Contamos no estudo con Isabel, monitora de comedores escolares, Tomás, presidente da ANPA do colexio Recimil , Estrela, representante da ANPA do CEIP da Capela, Xavier presidente da Federación de ANPAs de Ferrolterra e Celso, mestre. Coma sempre colleitamos as opinións dos cidadáns a pé de rúa.

20 julho, 2013

Afabricadelus vol.17: o tanque dos tormentos


Falamos con Chema, Alexandre e Miguel, membros da plataforma que se opón á instalación do tanque de torment as no Parque Pablo Iglesias, sobre a situación da súa loita e, en xeral, as consecuencias da privatización do subministro de auga e saneamento. Coma sempre colleitamos a opinión dos veciños, neste caso dos propios usuarios do parque.                       

16 maio, 2013

A fábrica de lus vol.16: Día das letras


Falamos da situación do teatro amador e profesional en Galiza e da figura de Ricardo Carvalho Calero con Henrique, Helga, Marian, Luis, Sabela e Lorena, todos/as eles/as relacionados/as co mundo das letras e o teatro.

05 maio, 2013

A fábrica de lus vol.15: Ferrol Vello, vida nova


Falamos do barrio Ferrol Vello e as razóns da súa actual situación. Contamos no estudo con Bea García e Al berto Saavedra, veciños do barrio. Coma sempre colleitamos un feixe de entrevistas de veciños e comerciantes.

14 abril, 2013

A fabrica de lus vol. 14: Custodiar o territorio


Contamos no programa con César Martínez, representante da asociación Betula de custodia do Bosque Atlántico, recentemente constituída en Ferrolterra e charlamos vía telefónica con Oscar Rivas, representante da Rede Galega de Custodia a nivel estatal. O fío do programa o marcan as opinións dos cidadáns colleitadas a pé de rúa.

02 março, 2013

A fábrica de lus vol.12: arquiteutos

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia está en pleno proceso electoral. Os retos a abordar nesta nova etapa son solucionar a desafección da sociedade coa arquitectura, a crise do sector da construcción e a nova lei de servizos profesionais, que vai supor un ataque as competencias profesionais dos arquitectos e outras profesións. No estudio, tres arquitectos: Ramón Montero e Santiago Gónzález, presidente e secretario da Delegación do COAG en Ferrol, e Xosé Allegue, candidato á Secretaría do COAG. Coma sempre, contamos coa opinión dos cidadáns colleitada a pé de rúa.

04 fevereiro, 2013

A fabrica de lus vol.10: casas sen xente, xente sen casa


Falamos con Estefanía e Ana do dereito á vivenda e de como enfrontarse aos bancos nun proceso de desafiuzamento. Contamos, ademáis, coa opinión dos veciños da cidade sobre o problema de acceso a vivenda e as súas posibles solucións.

11 janeiro, 2013

A Fábrica da lus. Vol.09. O Futuro da lingua.

A Fábrica da lus. Vol. 09 - O Futuro da lingua.

Abordamos o ensino do galego na escola, o seu futuro e a súa relación co portugués. Contamos con Mauricio Castro, mestre de portugués na EOI de Ferrol, Xosé Manuel Sardiña, filólogo, e Carlos Outeiro, da Mesa pola Normalización Lingüística e, coma sempre, coa opinión anónima da xente colleitada nas rúas da cidade esta última semana. Emítese mañán sábado de 11 a 13 horas.

16 novembro, 2012

A Fábrica de lus vol.6. Souto de Leixa. Balance dunha privatización

Hai agora dous anos a Xunta de Galicia privatizaba a xestión do centro asistencial de Souto de Leixa, en Ferrol. Dous anos despois achegámonos ao centro, falamos cos seus traballadores, nais e pais de internos, responsables... e facemos balance. ¿Conseguiu a xunta o seu obxectivo de mellorar o servizo aforrandolle cartos ao erario público ou convertiuse un negocio máis no que as persoas non contan se non aumentan a marxe de beneficio?
Mañán sábado, entre as 11 e as 13 horas, tentaremos respostar a esta cuestión.


Related Posts with Thumbnails