Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Mostrando postagens com marcador Áulas de formación de Rádio FilispiM.. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Áulas de formación de Rádio FilispiM.. Mostrar todas as postagens

24 fevereiro, 2016

Curso de Técnicas de radiodifusión básicas + Podcasting. Aberta inscripción até o venres 26 de feb.

Instantánea dunha das áulas da Filispim

CURSO DE TÉCNICAS DE RADIODIFUSIÓN BÁSICAS E PODCASTING.

Dirixido a persoas soci@s do Colectivo Opaii!-Rádio FilispiM e persoas alleas ao Colectivo que gosten da radio libre e comunitaria e desexen iniciarse nestas técnicas.

Organiza: Colectivo Opaiiíí! - Rádio FilispiM. 

Datas: Domingo 28 de febreiro + domingo 6 de marzo. Horario: de 18:00 a 20 horas.

Lugar: Estudio de Rádio FilispiM, na traseira do Mercado de Caranza.

MATRÍCULA ABERTA até o venres 26 de febreiro!!!  Prazas limitadas!!!

Para + info escribe antes do sábado a: filispina@gmail.com

12 junho, 2012

Espazo informativo XII Sesión Vermú, Rádio FilispiM - audio 1 [práctica Curso Técnicas Radio-difusión Básicas].

Espazo informativo XII Sesión Vermú, Colectivo Opaíí - Rádio FilispiM. 


Práctica gravada durante a última áula do 1º Curso técnicas radio-difusión básicas de Rádio FilispiM.


Argumento ficticio: no transcurso dun mini-espazo promo da XII Sesión Vermú de Rádio Filispim, se produce unha chamada... do Cuarteliño da Policía Local.


Participaron: Fran, Sabela, Javier M, Miguel R., Xaime, Patricia, Candela e Pequeno Monstro.

Ir a descargar

Espazo informativo XII Sesión Vermú, Rádio FilispiM - audio 2 [práctica Curso Técnicas Radio-difusión Básicas].

Espazo informativo XII Sesión Vermú, Colectivo Opaíí - Rádio FilispiM. 


Práctica gravada durante a última áula do 1º Curso técnicas radio-difusión básicas de Rádio FilispiM.


Argumento ficticio: no transcurso dun mini-espazo promo da XII Sesión Vermú de Rádio Filispim, se produce unha chamada... da Estación Interplanetaria Enterprise.


Participaron: Fran, Sabela, Javier M, Miguel R., Xaime, Patricia, Candela e Pequeno Monstro.


Ir a descargar

22 maio, 2012

Colectivo Opaíí! – Rádio FilispiM. A nosa história facémola nós [Cap. 1]

O COLECTIVO OPAÍÍ! – Rádio FilispiM.  A nosa história facémola nós. Capítulo 1º


"O proxecto de creación dunha radio libre e comunitaria en Ferrol e bisbarra, remóntase ao mes de novembro do ano 2003, cando por iniciativa dalgúns afeccioados á comunicación e á radio en particular, algúns procedentes da desparecida radio universitaria de Serantes [Radio Kaos], se organizan as primeiras Asembleas donde se analisa a viabilidade e características dun proxecto deste tipo na nosa comarca.

Así, se compila información de experiencias similares noutros lugares de Galiza, Estado e resto do mundo e se chama á participación, de persoas involucradas en diversas iniciativas e colectivos da comarca [ou mesmo a título persoal], a unha primeira Asemblea que se celebrou o 20 de novembro de 2003, no Manchita..

Unha cea vegana, algunha sesión de música, unha “resucitadora” festa de defuntos, farían do “Manchita” o escenario para comezar a divulgar a proposta e recadar os primeiros fondos para a adquisición das equipas técnicas. Sen esquecer a primeira edición do “Conspirando por unha radio libre”, o 8 de abril de 2004, xoves “santo”, que supuso o espaldarazo definitivo á iniciativa  e da que vos falaremos noutros capítulos.

Outros locais de colectivos que acolleron as primeiras Asembleas do incipinte Colectivo Opaii!-Rádio FilispiM, foron: a Fundaçom Artábria [daquela na rúa Madalena] ou, mesmo, o Clube de Montaña de Ferrol en Canido.

Co fin de consolidar a iniciativa, apresentouse públicamente a proposta o 28 de novembro de 2003, nunha Asemblea aberta no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán. A importancia desta convocatoria é determinante na historia do colectivo Opaíí!-Rádio FilispiM. Moitas das persoas que acudiron a ela se integraron no proxecto, o que fixo do Colectivo un grupo aínda máis heteroxéneo, que validara a pretensión de crear unha radio libre e comunitaria na nosa bisbarra.

Daquela, se comezou a traballar en Comisións coordinadas, co fin de abordar as diferentes frontes: organización, divulgación, técnica ou financiamento. O Ateneo pasou a ser  base de operacións daquela Conspiranción nas ondas trasanquesas, acolléndonos con con agarimo e complicidade e convertíndose primeiro, na sede social do Colectivo, e despois no lugar donde se ubicaría o primeiro estudio de Rádio FilispiM, o lembrado “metro cadrado”, polas súas axustadas dimensións.

As emisións en probas de Rádio FilispiM, comezaron no mes de agosto de 2005, pero iso é outra historia que vos contaremos outro día..."

O COLECTIVO OPAÍÍ! – Rádio FilispiM.  A nosa história facémola nós. Fin do Capítulo 1


Unha produzón das persoas participantes no Curso de Técnicas de Radio-difusión básicas de Rádio FilispiM [11/06/2012]. 

Crónica: Pequeno Monstro.
Locución: Miguel R., Sabela, Patricia, Fran, Javier M., Xaime e Pequeno Monstro.



Imaxes: antiguo estudio de Rádio FilispiM [o "Metro Cadrado"], no vello Ateneo Ferrolán [Rúa Madalena, 202] + cartaz dun dos primeiros actos do Colectivo Opaíí!, unha Festa Resucitadora de Defuntos.

14 maio, 2012

Áulas de formación sobre técnicas de radio-difusión básicas, en Rádio FilispiM.


Áulas de formación sobre técnicas de radio-difusión básicas, en Rádio FilispiM. 

Unha das demandas da Asemblea do Colectivo Opaii!-Rádio FilispiM é a de formarnos en técnicas de radio-difusión básicas que nos permitan mellorar, canto a realización das nosas propostas radiofónicas. Por outra banda, está o feito, non menos importante, de contarmos cun Manual de estilo e forma propio.
  
Esta formación non pretende a “profesionalización” de Rádio FilispiM,  se trata de unificar criterios e correxir aquelas éivas que arrastramos programación tras programación, ademáis de rachar cos prexuizos que das emisoras libres e comunitarias poidan derivarse.
  
Esta formación será sempre aberta a posibilidade de revisión ou ampliación, sen renunciar a súa natureza: o fomento da radiodifusión libre e comunitaria, a reivindicación da liberdade de expresión e o dereito a comunicación, coma un dereito humano fundamental. 

Participa das actividades formativas do Colectivo Opaii!. Fai parte das áulas de formación sobre técnicas de radio-difusión básicas, en Rádio FilispiM. Infórmate en: filispina@gmail.com

Cunha promo: elaborada polas persoas asistentes ao Curso de Técnicas de radio-difusión básicas de Rádio FilispiM.

Related Posts with Thumbnails