Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Mostrando postagens com marcador Informativos Radio Filispim. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Informativos Radio Filispim. Mostrar todas as postagens

22 janeiro, 2025

Informativos da Rádio FilispiM 23/01/2025

 


Informativos da Rádio FilispiM 23/01/2025

Sumario:

- A A.C. Memoria Histórica Democrática anuncia os atos a celebrar en Narón o día 27 de xaneiro (Día Mundial das víctimas do Holocausto).

- A A.C. Memoria Histórica Democrática organiza un ato de lembranza e oferta floral a Amada Garcia, os seus sete compañeiros e a todas as víctimas da ditaduta tamém no día 27 de xaneiro no Castelo de San Felipe

- André PequenoMonstro convídanos a participar no Obradoiro de Educación Sexual para Familias. Este obradoiro será impartido por Susana Iglesias (Matrona) no Polideportivo Municipal de Cedeira o sábado 25 de xaneiro.

- “Maus tempos para a información libre”, con Edu Comochoconto da Radio Raposeira.

- Ana Lucecú convídanos a participar na charla/coloquio co xeólogo e investigador Oscar Pazos no Ateneu Ferrolán o día 31 de xaneiro baixo o título “O colapso – 50 anos dos límites do crecemento”. Organiza a Rede Decrecemento Eo-Navia/Galiza/O Berzo.

-A Asociación para a Custodia do Bosque Atlantico Bétula organiza un roteiro nas Fragas do Eume o sábado 25 de xaneiro.

-Inácio Caranza envíanos o audio co comunicado lido na concentración en solidariedade co povo palestino no pasado luns 20 de xaneiro.

-Inácio Caranza envíanos unha curta reportaxe gravada na concentración do pasado día 22 de xaneiro contra a convalidación do Decreto que regula a Xubilación Parcial.Un novo recorte no Sistema Público de Pensións.

-Axenda: Na Fundaçom Artábria o día 23 de xaneiro temos unha nova sesión do clube de leitura co libro “Galaicofobia” de Alexandre Peres Vigo e o día 24 temos unha nova sesión do Obradoiro de construción de Xigantes e Cabezudos.

-Axenda: Concerto da fadista portuguesa Lina no Auditorio Cine Alovi n' As Pontes o día 31 de xaneiro.

-Axenda: A Agrupación Instrutiva de Caamouco (en Ares) organiza a festa de San Vicente, o patrón daquela parróquia, con rock, callos e propostas infantís. O sábado 25 celébrase o Callos&Rock coa banda Craneo e o domingo 26 terá lugar o baile infantil, con xogos e distintas actividades.

Condución/edición: Jorge Mirancos

Participa! informativosfilispim@gmail.com (mensaxes de voz, convocatorias...) Comparte!

Related Posts with Thumbnails