Sumario, semana do 6 de marzo de 2025.
8 de Marzo, Día da Muller e da Loita Feminista, nun 2025 no que a organización Marcha Mundial das Mulleres cumpre 25 anos, na Galiza e no mundo. Recuperamos do arquivo sonoro de Rádio FilispiM unha conversa con Noelia (MMM Ferrolterra) en outubro de 2008, co gallo do primeiro encontro na Europa, que se levou a cabo en Vigo.
Entroido en Ferrolterra. Revolta en Trasancos! A nosa compañeira Lupe Ces estivo no festival de comparsas do pasado luns en Ferrol realizando unha sonora reportaxe.
C.S. Artábria, actividades para esta fin de semana:
- Sexta feira 7 de marzo. Exposición fotográfica “A Musica Galega ten nome de Muller” (Mario Martinho).
- Sábado 8 de Marzo, Día da Muller. Manifestación ás 20:00 pm, Praza Amada García. Convoca: Marcha Mundial das Mulleres. Ás 22:00 pm, concerto.
- Domigo 9 de marzo. Sesión Vermú co grupo folc Mediarea. Despois, foliada.
Memoria Histórica Democrática e Fuco Buxán. Actos polo 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega:
- Luns 10 de marzo, 19:00 pm, no Ateneo Ferrolán, recital poético “Poemas como disparos de luz contra o esquecemento”.
- Xoves 13 de marzo, no CC Torrente Ballester. Mesa redonda: “Ferrol e os seus lugares de Memoria. O Monumento ao 10 de Marzo”.
Atrasar a idade de xubilación, crime de Estado. Reflexión amplificada por Comochoconto (Rádio Raposeira).
Concentración anti-OTAN. Domingo 16 de Marzo ás 13:00 pm, diante da porta do Arsenal (Ferrol).
Fermín Muguruza celebra o 15 de marzo ás 21:00 pm, un akelarre antifeixista en Compostela (Multiusos do Sar). Escoitaremos unha mensaxe de Muguruza para as ouvintes da FilispiM.
Despedimos co ambientazo do Entroido ferrolán e a comparsa “Revolta de Trasancos”.
Redación Infomativos de Rádio FilispiM.-
Conduce: p.m.
Nenhum comentário:
Postar um comentário