UNHA TARDE NO MUÍÑO.
Programa nº 14. Luns 9 abril 2018.
Sintonía e,
despois de presentar aos convidados, comeza Roberto Taboada a súa sección: Noticias do Barrio Alto. Información
sobre a visita ao Concello, sobre a Intrabarrial e sobre a incidencia do Plan
de barrios que se está a levar en Canido.
En segundo lugar
tivemos a intervención de Ana Álvarez, Presidenta da Asociación de Hostaleira, Comercio
e Profesionais do Barrio de Canido. Informa Ana da recente constitución desta Asociación.
Tamén de obxectivos, socios e proxectos a realizar.
Rafa
Aguirrebengoa en Outra información é posible, presenta e desenvolve
información sobre o Movemento en defensa das Pensión Públicas. Tamén sobre “O
Delito “ de salvar vidas e tamén sobre a presentación en Ferrol da Plataforma
Vía Galega.
Guilberto Seoane
participou na sección Vivo, penso e
declaro.
O tema do día: A revolta das pedradas. Xan López foi o
relator neste Obradoiro de Historia. Partindo da denominación, cronoloxía e do ámbito
xeográfico, o historiador expuxo as chaves económicas, os foros, o réxime
fiscal abusivo para o campesiñado, o agrarismo en Ferrolterra…O sistema da
Restauración, clasista e alonxado das necesidades populares. O estado de
desesperación, o sufrimento e as
circunstancias que fan que nestes momentos, marzo de 1918 estoupe a Revolta das pedradas.
E
camiñar,camiñar.
Nenhum comentário:
Postar um comentário