UNHA TARDE NO MUÍÑO
Programa nº 13. Luns 26 marzo 2018.
Nova emisión dende as instalación do Centro Cívico de Canido. Emisión que comeza cun chamamento de Fran, en representación de Radio Filispím, a participar no Conspirando 2018.
Roberto Taboada en Noticias
do Barrio Alto, informa da entrevista mantida co Alcalde , preparatoria dos
Maios. Tamén informa da próxima visita do Concellal de Barrio a Canido .
Na sección Outra
Información é Posible colabora , nesta ocasión, Rafa Rodríguez. Reflexión
sobre a necesidade de buscar información máis aló do comercial. Percorrido pola
actualidade comentando temas variados: Sanidade, Xustiza, Cataluña…
Vivo, Penso e
Declaro contou
coa intervención de Sabela Rodríguez .
O Tema do Día tivo como cerne de exposición O
Dereito a Pensións Dignas. Participaron
neste debate Chitola Rey, Marichi Cuadrado, Rafa Rodríguez e María José, asistente dende o público. Unanimidade
entre os participantes en presentar as Pensións como un dereito. Dereito de
toda a cidadanía a vivir con dignidade.
Exposicións biográficas de anos de traballo e loita e,
duras críticas a mensaxes e intentos de xustificar as privatizacións de
servizos públicos, nomeadamente as Pensións.
Despedida con Cesaria Evora e Eleftheria Arvanitaki,
camiñando a S. Tomé.
Nenhum comentário:
Postar um comentário