Este sábado 23 de Outubro, en Radio Filispim (93.9 fm),de 11 a 13 horas, comezo da nova tempada de O Recuncho, o programa da Asociación Cultural Fuco Buxán.
Programa nº 31
Contidos do programa:
-Coma de cotiá, José Torregrosa coa súa sección , “O Despertar da razón”, Falaranos da figura de XOSÉ LOUREIRO LUGRÍS.
- Falaremos telefónicamente con Juan Torres , catedrático de economía aplicada na universidade de Sevilla e membro de ATACC, o cal tivemos na nosa cidade, esta semana, convidado por Fuco Buxán.
- Na sección poética falaremos e escoitaremos poemas de Nicolás Guillen, esta vez, e espero que nos seguintes programas, en directo. O recitado por parte de Fernando Ocampo e de Lorena Calaza ,compañeira do grupo Bartoleta Teatro
- No estudo de Radio Filispim, acompañarannos César Fraga, secretario comarca de UXT, Xesus Anxo López Pintos, secretario comarcal da Ciga e Rafael Pillado, vicepresidente de Fuco Buxán os cales analizarán a folga xeral.
Por causas alheas ao programa, a entrevista que tinhamos preparada para este programa, nom puido realizar-se, assim que foi um programa no que improvisamos bastante ;)
Aos mandos técnicos estaba estrenándose Pablo de Sin Fronteras, que o mércores iniciaram a súa andaina em Rádio Filispim, também estaba Diego Discontinuidade, que despois de moito tempo voltou, por um dia, a falar polos micros de Rádio FilispiM.
Falamos da Emigraçom, da SGAE, de Ecologia, comentamos umha pequena agenda e pinchamos algo de música, um programa completo!!!
Do concepto de radio libre a raiz dunhas criticas que nos fixeron por que desde Atenta lle dimos un suspenso a Radio Kalimera polos seus informativos.
Fixemos unha cronica do que aconteceu en Vigo este domingo 17 de Outubro no III Encontro Internacional da Marcha Mundial das Mulleres.
Falamos dun artigo sobre un conflicto tan manipulado como é o do asunto do carbón e as centrais térmicas atopado na web Artabra21 Falamos da pelicula "Cinzas no ceo"que trata sobre a contaminación das centrais térmicas. Lembramos o Magosto en memoria de Anita, que terá lugar o 24 de outubro no Galicia de Caranza. Fixemos o Camiño a Teo.
O día 6 de novembro chega o Papa a Compostela. Unha visita que durará exatamente 7 horas e 45 minutos e que custará ao erário público 4 millóns de Euros. Se queres fuxir da cidade e non sabes a onde, Sei o que nos Figestes e komunikando.net convidante a facer “O camiño a Teo”. Fixemos uns ovos de San Xosé. E falamos da primeira pelicula porno en galego e baixo licencia Cretive Commons "O divino ferrete". Escoitamos a:
A Matraca Pervesa con seu tema "Mass Circus Mass Media"
E escoitamos o "Watercumbia" de Lamatumba interpretada pola primeira formación deste grupo
12 de outubro dia dá resistencia indixena
Latinoamérica conmemora Día da Resistencia Indíxena
Os pobos latinoamericanos conmemoran, con distintos nomes, a data na que comezou a opresión colonialista xenocida que se prolongou por máis de tres séculos... III Acción Internacional da Marcha Mudial das Mulleres
Falouse cunha muller da MMM de Vigo onde o vindeiro 17 de outubro vaise realizar a Acción Nacional Galega, con diversas actividades, exposicións e obradoiros, que terán como eixe central a constitución dun Tribunal de Acusación, a través do cal visibilizarase e denunciarase a situación que están vivindo as mulleres na RD do Congo. Magosto en memoria de Anita.
Convocatoria para asistir o vindeiro 24 de novembro às 5 da tarde no Galicia de Caranza para celebrar o magosto que organizan as amigas, amigos e familia de Ana Paz Rodríguez, para lembrar o seu primer cabodano. Manifesto das asociacións ecoloxistas a raiz do recen saido Decreto do Carbón.
As principais organizacións de defensa ambiental, entre elas Verdegaia, presentaron o manifesto “Dez razóns para pechar as térmicas de carbón”, no que se opoñen ao decreto estatal que favorece a queima de carbón espanhol nas centrais térmicas, mais non porque prejudique as centrais galegas de Meirama e As Pontes -que usan só carbón importado desde 2008- senón porque o carbón é o combustible fósil máis contaminante. Na sección suspenso e aprobado
Dimoslles un suspenso aos contrainformátivos espontaneos do 6 de setembro da Radio Kalimera pola critica totalmente destructiva e sen argumentos que fan dos sindicatos e da foga xeral do 29 de setembro.Extendimos o suspenso a Rádio Filispim por emitir uns contrainformátivos carentes de cualquier tipo de argumentación.
E lle dimos un aprobado a unha xuiza de Ferrol que fallou a favor dun emigrante que vendia no top manta. Na seccion de cociña
Fixemos unha Crema de Leituga, a recita colgaremola no apartado de Cociña no noso blog atentarfm.blogspot.com
Na sección de sexo
Falamos do libro "Peter Pan puede crecer" de Antoni Bolinches
Peter Pan é un personaxe que nunca existiu, pero o seu perfil de mozo inmaduro que non quere crecer cada día está máis presente na nosa sociedade. Cales son as causas que provocaron a proliferación de tantos homes con medo ao compromiso que se negan a evolucionar e a comportarse como adultos? Que pode facer o propio home Peter Pan para deixar de selo? MÚSICA QUE NOS ACOMPANHOU:
"Shingonbelene" do cantautor galego Narf
"Somos viento" de Amaparanoia
"Ninguem" de Quempallou e DKTC
"Igrega Catodica" de Galegoz
"Sintonia do programa ATENTAAAAAAA"
No ano 1983 tiven o meu primeiro contacto coa radio ao través das ondas da desaparecida Radio Popular de Ferrol, que daquela emitía no 88.5 FM no seu pequeno e santo estudo no bairro de Canido en Ferrol.
A historia é un tanto longa e hoxe non toca contala, cecais outro día. En todo caso o programa duraba uns 30 minutos e se chamaba "Adictos al Imperdible", donde puñamos a rodar os vinilos de Kaka de Luxe, OX Pow, mais tambén das músicas pop do momento: Paraiso, La Mode, Los Pistones...
Non quero rematar esta introdución sen lembrarme de dous amigos da adolescencia que me acompañaron naquel programa: Ángel Ávalos e Pedro Martín, do nacente bairro ferrolá de Ultramar. Desaparecidos ambos moi novos, quero adicar a memoria de ambos, todas e cada unha das edicións deste novo programa que hoxe comeza: a 80 vinilos/h.
En Radio Fene, nos anos 2000, tambén houbo ocasión para realizar unha serie de programas con estas músicas. Moitos deles están xa dixitalizados e subidos ao noso blogue www.pequenosmonstros.blogspot.com [etiqueta "Serie: Oitenta Vinilos"].
Hoxe [na era filispiniana] comeza "a 80 vinilos/h.", agardamos que a velocidade de cruceiro desta viaxe sexa do voso agrado e lembrade que, básicamente, 80 Vinilos non é unha laranxada.
Set list - 80 vinilos/h. [1º programa]: - SINTONÍA DO PROGRAMA - ANA CURRA - Lágrimas, versión instrumental [Maxi Una Noche sin ti, 1986, Hispavox] - LA MODE - El Observatorio [Lp. La Evolución de las Costumbres, 1986, Nuevos Medios] - LA MODE - En Cualquier Fiesta [Inédita. Programa "La Tarde" - TVE. Directo, cantada por Daniel Ballester]. - LA MODE - La Evolución de las Costumbres [Inédita. Video TVE. Directo] - LA MODE - La Evolución de las Costumbres [Lp. homónimo, 1986] - LA MODE - Sueño Oriental [Inédita, 1986] - LOS PISTONES - Las Siete Menos Cuarto [Maxi homónimo 1983, MR] - LOS PISTONES - No Estás de Suerte [Maxi Las Siente Menos Cuarto, 1983, MR] - EPISODIO - Volverte a Conocer [Maxi Luces de Ciudad, 1982, MR] - EPISODIO - Sobre el Mar [Maxi Luces de Ciudad, 1982, MR] - METRO - El quiere ser tu zombi [Lp. Metro, 1982, Citola]
Participa en 80 vinilos/hora, aportando información ou solicitando escoitar un un disco para o vindeiro programa. Podes comentar esta entrada ou en:oitentavinilos [arroba] gmail.com
Novidades do colectivo e da grelha, falamos do novo programa musical "Leña Dura D.F.", Luis fai interesantes perguntas ao Colectivo, comentamos as novas propostas de programa "Nuevos Ferrolanos" e "Sin Fronteras", fixemos umha divertida entrevista a "La hora a deshora" e umha pequena axenda cultural.
Primeiro programa desta nova etapa, limos a nova grelha de programaçom da rádio, comunicamos umha nova que nos achegou o companheiro Iago e inauguramos o estudo filispiniano com o grupo La Sentina, que tocou ao vivo varios temas novos e nos comentarom de todo um pouco.