Este sábado 23 de Outubro, en Radio Filispim (93.9 fm),de 11 a 13 horas, comezo da nova tempada de O Recuncho, o programa da Asociación Cultural Fuco Buxán.
Programa nº 31
Contidos do programa:
-Coma de cotiá, José Torregrosa coa súa sección , “O Despertar da razón”, Falaranos da figura de XOSÉ LOUREIRO LUGRÍS.
- Falaremos telefónicamente con Juan Torres , catedrático de economía aplicada na universidade de Sevilla e membro de ATACC, o cal tivemos na nosa cidade, esta semana, convidado por Fuco Buxán.
- Na sección poética falaremos e escoitaremos poemas de Nicolás Guillen, esta vez, e espero que nos seguintes programas, en directo. O recitado por parte de Fernando Ocampo e de Lorena Calaza ,compañeira do grupo Bartoleta Teatro
- No estudo de Radio Filispim, acompañarannos César Fraga, secretario comarca de UXT, Xesus Anxo López Pintos, secretario comarcal da Ciga e Rafael Pillado, vicepresidente de Fuco Buxán os cales analizarán a folga xeral.
Sen máis, un saúdo dende O Recuncho.
Nenhum comentário:
Postar um comentário