Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

22 outubro, 2010

Atenta! Programa nº 2 [19-10-2010]

Neste programa nº 2 falamos das seguintes cousas:
Do concepto de radio libre a raiz dunhas criticas que nos fixeron por que desde Atenta lle dimos un suspenso a Radio Kalimera polos seus informativos.
Fixemos unha cronica do que aconteceu en Vigo este domingo 17 de Outubro no III Encontro Internacional da Marcha Mundial das Mulleres.
Falamos dun artigo sobre un conflicto tan manipulado como é o do asunto do carbón e as centrais térmicas atopado na web Artabra21
Falamos da pelicula "Cinzas no ceo" que trata sobre a contaminación das centrais térmicas.
Lembramos o Magosto en memoria de Anita, que terá lugar o 24 de outubro no Galicia de Caranza.
Fixemos o Camiño a Teo.
O día 6 de novembro chega o Papa a Compostela. Unha visita que durará exatamente 7 horas e 45 minutos e que custará ao erário público 4 millóns de Euros. Se queres fuxir da cidade e non sabes a onde, Sei o que nos Figestes e komunikando.net convidante a facer “O camiño a Teo”.
Fixemos uns ovos de San Xosé.
E falamos da primeira pelicula porno en galego e baixo licencia Cretive Commons "O divino ferrete".
Escoitamos a:
A Matraca Pervesa con seu tema "Mass Circus Mass Media"
E escoitamos o "Watercumbia" de Lamatumba interpretada pola primeira formación deste grupo




Descargar o audio

Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails