Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

17 outubro, 2010

80 vinilos/h [1º programa]

No ano 1983 tiven o meu primeiro contacto coa radio ao través das ondas da desaparecida Radio Popular de Ferrol, que daquela emitía no 88.5 FM no seu pequeno e santo estudo no bairro de Canido en Ferrol.

A historia é un tanto longa e hoxe non toca contala, cecais outro día. En todo caso o programa duraba uns 30 minutos e se chamaba "Adictos al Imperdible", donde puñamos a rodar os vinilos de Kaka de Luxe, OX Pow, mais tambén das músicas pop do momento: Paraiso, La Mode, Los Pistones...

Non quero rematar esta introdución sen lembrarme de dous amigos da adolescencia que me acompañaron naquel programa: Ángel Ávalos e Pedro Martín, do nacente bairro ferrolá de Ultramar. Desaparecidos ambos moi novos, quero adicar a memoria de ambos, todas e cada unha das edicións deste novo programa que hoxe comeza: a 80 vinilos/h.

En Radio Fene, nos anos 2000, tambén houbo ocasión para realizar unha serie de programas con estas músicas. Moitos deles están xa dixitalizados e subidos ao noso blogue www.pequenosmonstros.blogspot.com [etiqueta "Serie: Oitenta Vinilos"].

Hoxe [na era filispiniana] comeza "a 80 vinilos/h.", agardamos que a velocidade de cruceiro desta viaxe sexa do voso agrado e lembrade que, básicamente, 80 Vinilos non é unha laranxada.

Set list - 80 vinilos/h. [1º programa]:
- SINTONÍA DO PROGRAMA - ANA CURRA - Lágrimas, versión instrumental [Maxi Una Noche sin ti, 1986, Hispavox]
- LA MODE - El Observatorio [Lp. La Evolución de las Costumbres, 1986, Nuevos Medios]
- LA MODE - En Cualquier Fiesta [Inédita. Programa "La Tarde" - TVE. Directo, cantada por Daniel Ballester].
- LA MODE - La Evolución de las Costumbres [Inédita. Video TVE. Directo]
- LA MODE - La Evolución de las Costumbres [Lp. homónimo, 1986]
- LA MODE - Sueño Oriental [Inédita, 1986]
- LOS PISTONES - Las Siete Menos Cuarto [Maxi homónimo 1983, MR]
- LOS PISTONES - No Estás de Suerte [Maxi Las Siente Menos Cuarto, 1983, MR]
- EPISODIO - Volverte a Conocer [Maxi Luces de Ciudad, 1982, MR]
- EPISODIO - Sobre el Mar [Maxi Luces de Ciudad, 1982, MR]
- METRO - El quiere ser tu zombi [Lp. Metro, 1982, Citola]

Participa en 80 vinilos/hora, aportando información ou solicitando escoitar un un disco para o vindeiro programa. Podes comentar esta entrada ou en: oitentavinilos [arroba] gmail.com

Descargar o audio

Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails