Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

22 outubro, 2010

Atenta! Programa nº 1 [12-10-2010]


Neste programa trataronse os seguintes temas:

12 de outubro dia dá resistencia indixena
Latinoamérica conmemora Día da Resistencia Indíxena
Os pobos latinoamericanos conmemoran, con distintos nomes, a data na que comezou a opresión colonialista xenocida que se prolongou por máis de tres séculos...
III Acción Internacional da Marcha Mudial das Mulleres
Falouse cunha muller da MMM de Vigo onde o vindeiro 17 de outubro vaise realizar a Acción Nacional Galega, con diversas actividades, exposicións e obradoiros, que terán como eixe central a constitución dun Tribunal de Acusación, a través do cal visibilizarase e denunciarase a situación que están vivindo as mulleres na RD do Congo.
Magosto en memoria de Anita.
Convocatoria para asistir o vindeiro 24 de novembro às 5 da tarde no Galicia de Caranza para celebrar o magosto que organizan as amigas, amigos e familia de Ana Paz Rodríguez, para lembrar o seu primer cabodano.
Manifesto das asociacións ecoloxistas a raiz do recen saido Decreto do Carbón.
As principais organizacións de defensa ambiental, entre elas Verdegaia, presentaron o manifesto “Dez razóns para pechar as térmicas de carbón”, no que se opoñen ao decreto estatal que favorece a queima de carbón espanhol nas centrais térmicas, mais non porque prejudique as centrais galegas de Meirama e As Pontes -que usan só carbón importado desde 2008- senón porque o carbón é o combustible fósil máis contaminante.
Na sección suspenso e aprobado
Dimoslles un suspenso aos contrainformátivos espontaneos do 6 de setembro da Radio Kalimera pola critica totalmente destructiva e sen argumentos que fan dos sindicatos e da foga xeral do 29 de setembro.Extendimos o suspenso a Rádio Filispim por emitir uns contrainformátivos carentes de cualquier tipo de argumentación.
E lle dimos un aprobado a unha xuiza de Ferrol que fallou a favor dun emigrante que vendia no top manta.


Na seccion de cociña
Fixemos unha Crema de Leituga, a recita colgaremola no apartado de Cociña no noso blog atentarfm.blogspot.com

Na sección de sexo
Falamos do libro "Peter Pan puede crecer" de Antoni Bolinches
Peter Pan é un personaxe que nunca existiu, pero o seu perfil de mozo inmaduro que non quere crecer cada día está máis presente na nosa sociedade. Cales son as causas que provocaron a proliferación de tantos homes con medo ao compromiso que se negan a evolucionar e a comportarse como adultos? Que pode facer o propio home Peter Pan para deixar de selo?
MÚSICA QUE NOS ACOMPANHOU:
"Shingonbelene" do cantautor galego Narf
"Somos viento" de Amaparanoia
"Ninguem" de Quempallou e DKTC
"Igrega Catodica" de Galegoz
"Sintonia do programa ATENTAAAAAAA"

Descargar o audio

Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails