Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

20 maio, 2013

NOVAS LOCAIS. A asociación LAZOS de Ferrol lanza un S.O.S. social.


O Comité LAZOS pro-solidariedade, lanza un S.O.S. ante o incremento de usuarios do servizo de almorzo diario.
A Asociación Lazos Pro-solidariedade é unha entidade sen ánimo de lucro de afectados/as polo VIH, as drogas e de profesionais do ámbito sociosanitario fundada en novembro de 1995. Ademais de enfocar a súa actividade na prevención, información-formación-sensibilización e grupos de auto-axuda, en referencia ao VIH, desenvolve unha actividade asistencial moi importante, como apoio psicosocial, formación e axuda para o desenvolvemento persoal, asesoramento diante das administracións e os xulgados, axuda á inclusión social e laboral, punto de encontro e axuda ao benestar para persoas moi vulnerábeis, ...
O sábado 11 de maio de 2013, en Ferrol, Lazos Pro Solidariedade lanzaba un SOS, porque se lle remataban as existencias de alimentos coa que realiza a súa laboura social. Solicitaban axuda urxente, pois no seu local social almorzan entre 35 e 50 persoas todos os días, un pouco de leite, galletas, café, azucre. Ademais tamén axudan a unhas 70 familias, sen recursos, que atenden no seu Programa e para levar a casa.
Os pontos de contacto con ista iniciativa, enmarcada dentro da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, son:
PARA A ENTREGA DE ALIMENTOS:
Local de Lazos
Avda. Dr Fleming 8-10 Baixo
15401 Ferrol
Teléfonos: 981350777-698147975
Correo electrónico: comiteantisidaferrol@gmail.com

Horario de atención:
  • de 09.30 a 13.30 Luns a Venres (días laborais)
  • de 16.00 a 20.00 Martes e Xoves (días laborais)

Redacción Infomativos RFM

Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails