Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

16 abril, 2013

NOVAS LOCAIS. Acción Rede de Apoio Mútuo de Ferrolterra, pro adxudicación vivendas Recimil.


O que xurdiu como unha proposta da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, e acordada na pasada Asemblea de persoas que figuran na listaxe definitiva para acceder a unha vivenda protexida de propiedade municipal do barrio de Recimil, concretouse hoxe en Ferrol.

Esta Acción consistiu nunha concentración diante do Pazo Municipal, para dirixir-se posteriormente ao rexistro, onde un grupo de persoas afectadas fixeron entrega da reclamación para que se lles adxudique e entreguen xa, algunha das vivendas municipais liberadas.

No mesmo rexistro entregou-se un escrito, onde se solicitou unha reunión de urxencia co Sr. Alcalde, José Manuel Rey Varela e co concelleiro e concelleira, responsábeis de patrimonio e benestar social. O obxectivo da reunión, sería para trasladar-lles as queixas e demandas da Rede. Á xuntanza asistiría unha Comisión de persoas afectadas, xurdida da Asemblea do pasado 10 de Abril de 2013, composta por Laura Luz, Rosa, Ada Luz e Estefanía que estarían acompañadas por membros da Rede de Apoio Mutuo, Elena e Francisco que foron elixidos hoxe, en Esteiro, na asemblea semanal ordinaria de Stop-Desafiuzamentos.

Para finalizar tivo lugar unha Asemblea onde veciñas afectadas falaron da súa situación persoal e familiar, reclamando unha vivenda digna. Os medios de comunicación local están recollendo con interese esta loita social. O drama persoal que están sufrindo moitas destas familias, converten esta loita no centro de preocupación e entrega dentro da Rede, o que require de moito compromiso e paciencia, por tod@s @s activistas e afectad@s.

Fonte: Colectivo Ártabra21

Ir a descargar

Redaccción Informativos RFM

Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails