Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

09 abril, 2013

NOVAS LOCAIS. Novo desafiuzamento dunha familia en Ferrol.


Un novo desafiuzamento en Ferrol.

Ana María e os dous menores ao seu cargo, de 14 e 17 anos, foron desaloxados do seu piso en Ferrol polo impago de tres meses de aluguer. Fai moito tempo que Ana non traballa e a pequena herdanza familiar rematou. Sen paro nen prestacións de ningún tipo, deixou de pagar o aluguer en xaneiro. Vivía cos seu dous fillos adolescentes nun piso no centro de Ferrol. 900 euros de débeda, foron suficientes para que se lles expulsara da casa. Se un martes recicibiu a notificación, o mércores, ás 11:15 h. executouse a orden xudicial. Ana, na rúa, con dous fillos falou con Stop desafiuzamentos Ferrolterra e a plataforma comezou a actuar, mediando con Servicios Sociais de Ferrol para buscarlle un lugar onde durmir.

Malia as súas peticións e a de colectivos contra os desafiuzamentos, Asuntos Sociais do Concello de Ferrol limitouse a facilitarlles un cuarto nun hostal de 60 euros, ademais da posibilidade de que a muller puidese ir comer á Cociña Económica, pero en ningún caso cos dous menores.

Porén, a plataforma denuncia que a administración local non fixo trámite ningún para facilitarlle un aloxamento á familia mentres non se resolva a súa situación. Logo da presión cidadán, a administración local accedeu a pagarlle a pensión completa nun hotel até o vindeiro 22 de abril, pero a denuncia ante a Fiscalía de Menores polo trato recibido segue adiante.

Antes, a plataforma de Stop Desafiuzamentos da comarca acompañou a muller e os pequenos ao Rexistro Municipal para solicitar de urxencia unha das máis de cen vivendas baleiras de titularidade municipal que existen no barrio do Recimil. Ante o que denominan "un claro caso de desamparo e marxinalidade social á que está sometida a familia", o colectivo contra os desaloxos anunciou que denunciaría a situación ante a Fiscalía de Menores.

“Hai vivendas baleiras e xente sen casa”, resume Chuso Lois, portavos da plataforma ferrolana de Stop desafiuzamentos, que engade “hai un cupo de pisos públicos para casos coma este, de feito o concello dispón de varios pisos en Recimil para situacións de emerxencia social."

Ir a descargar

Redacción Informativos RFM

Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails