Intervención no Pleno de Ferrol do pasado xoves 28 de febreiro de 2013, do colectivo Stop-Desafiuzamentos ante a proposta de adhesión do Concello de Ferrol ao Convenio para a constitución do Fondo Social de Vivendas (FSV) destinadas ao aluguer. No nome de Stop-desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, interveu Chus Lois Navaza quen entre outras cuestións, manifestou que dita proposta non responde as pretensións do colectivo que representan.
Finalmente a proposta de adhesión do Concello de Ferrol ao convenio para a creación dun fondo de acción social de vivenda foi aprobada cos votos suficientes do PP e o apoio do PSOE. Pola súa banda, EU e BNG votaron en contra.
Esta iniciativa plantexa a utilización de vivendas que agora son propiedade de 12 entidades de Ferrol, para re-utilizar en casos de desafiuzamento, previo pagamento de alugueres que oscilarían entre os 150 e 400 €. A indignación foi a resposta da plataforma Stop Desafiuzamentos, varios de cuxos integrantes lanzaron consignas contra os grupos que votaron a favor da iniciativa, o PP e o PSOE.
Por outra banda, durante a intervención da portavoz de Stop Desafiuzamentos, algúns dos integrantes do grupo de goberno, o dereitista PP, mantiveron unha actitude (especialmente Diego Calvo) que os cualifica por si mesmos (ver video).
Audio nova Rádio FilispiM:
Ir a descargar
STOP DESAFIUZAMENTOS FERROLTERRA no pleno do 28-02-2013 from Susete70 on Vimeo.
Máis info do Colectivo Stop Desafiuzamentos Ferrol en: http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/
Redacción informativos RFM
Nenhum comentário:
Postar um comentário