A Rede de Apoio Mútuo de Ferrolterra comeza a tomar presenza na nosa comarca, logo de activar diversas frontes, coma son: Banco de Tempo, Cooperativa de consumo responsábel Armeria, Peto Solidario ou mesmo o Colectivo Stop Desafiuzamentos.
Todas estas equipas de traballo son a aplicación á vida real do noso entorno máis inmediato, das conclusións ás que se chegaron, logo da celebración do Foro Social de Ferrolterra en setembro do ano 2011.
No Capítulo Nº1 desta serie de reportaxes que hoxe comeza, no tempo de información local en Rádio Filispim, ouviremos a Inacio Martínez, quen nos conta coma da estratexia global do Foro Social Mundial do ano 2001, se conforma un altermundismo posíbel, que non é dirixido, senón compartido e contextualizado en diferentes lugares do planeta, incluido o país galego, e como isa estratexia global parte de tres afirmacións:
- O capitalismo é socialmente inxusto.
- O capitalismo é pouco ou nada democrático.
- ademáis é ecolóxicamente insostíbel.
Inacio, tamén nos fala da relación deste movimento altermundista co movimento 15M, o movimento okupa ou, mesmo, da asimilación de principios do movimento libertario, coma a autoxestión ou apoio mútuo.
A partir de aquí hai que transformar a situación. Ademáis dos foros sociais mundias, xurden os territoriais, do que fai parte o Foro Social de Ferrolterra. Todos eles son eventos para a reflexión e a análise, mais tamén punto de partida da activación de frontes de accion.
Como vías para conseguir esa transformación social, a Rede Social de apoio mútuo de Ferrolterra traballa específicamente na vía do contrapoder, apoiándose nas novas tecnoloxías, sen abandonar a vía institucional ou a da movilización.
Ouvimos a Inacio Martinez, integrante da Rede de Apoio Mútuo de Ferrolterra, nesta primeira aproximación (dunha serie de catro) a este movimento cidadá de acción social directa. O audio é tirado do programa Divertimento para pequenos monstros de Rádio Filispim.
Ir a descargar
Redacción Informativos RFM
Nenhum comentário:
Postar um comentário